Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

O Sítio de Leningrado
22/01/2007


Lyubov Tsarevskaya
Revolutionay Democracy

"Unin-me voluntáriamente á milícia popular. Antes só realizaba traballo civil. Pero agora estou preparado para coller as armas. Sei que o Nazismo é o equivalente á fin da cultura, á fin da civilización. Históricamente o triunfo do Nazismo é insensato e imposível, mais comprendo que só a loita pola humanidade pode evitar a morte". Dmitri Shostakovich

Leningrado. Aos ollos da história, nengunha cidade personifica mellor a grande fazaña de redención nos anos da segunda Guerra Mundial.

A vida pacífica en Leningrado foi rachada polo ataque alemán sobre a Unión Soviética o 22 de xuño de 1941. Os alemáns non foron quen de tomar a cidade nos primeiros meses da guerra, polo que impuxeron un sítio a Leningrado. "Borrar a cidade de Petersburgo da face da Terra", era a directiva de Hitler. "A derrota da Unión Soviética implica acabar coa existéncia desa cidade tan importante. Finlándia, tamén, non ve razóns para a existéncia desa cidada tan perto da sua nova fronteira... Un duro asédio debe ser imposto á cidade, e o fogo de todos os calibres e os bombardeos incesantes deben reducir a cidade a cinsa..."

Todo o potencial humano e material de Leningrado foi dirixido a traballar no esforzo de defender a cidade. Milícias populares foron criadas para reforzar o exército. Moitas crianzas e mulleres, maquinária de fábrica inservível para o uso militar e obras de arte foron evacuados antes de que se fechara o sítio sobre Leningrado. As fábricas restantes foron destinadas á fabricación e reparación de armamento. Cunha maioria de traballadores sans na fronte, vellos, mulleres e adolescentes ocuparon as fábricas.



Mália os heroicos esforzos por defender Leningrado, as cousas na cidade foron a peor. A magnífica cidade foi asolada por bombas.Os seus fermosos parques ficaron inzados de cráteres de bomba. A cidade quedou sen alimentos, non habia combustível, as centrais eléctricas e a central de abastecimento de auga deixaron de funcionar. O inverno de 1941-1942 foi extraordináriamente frio e os sitiados morrian conxelados nas suas destruidas casas. A ración de pan foi reducido de 350 g. a 125 g. Non habia práticamente nen graxas, nen carne, nen azucre. A auséncia de comida, as temperaturas glaciais e os incensantes bombardeos fixeron medrar o índice de montandade civil. En xaneiro de 1942 a xente comezou a morrer en masa. Era normal ver xente cair na rua para non se erguer máis. Á tarde, os cadáveres eran levados aos cemitérios da cidades en trineos, mais ao ser imposível cavar unha tumba no chan conxelado, os corpos eran deixados encol da neve. Os corpos das persoas cuxos parentes carecian da forza para levá-los ao cemitério ficaban perto das casas.



Coas racións de pan xa reducidas ao mínimo, o Consello Militar optou por subministrar alimento e combustível á cidade através da Lagoa Ladoga. O 12 de setembro de 1941 duas barcas cheas de grao, que partiran do leste da lagoa, botaban ancla no Cabo Osinovets. Esta era a única rota de comunicación durante os 900 dias de sítio, sendo baptizada como o Camiño da Vida. Cando a auga se solidificou comezou a construcción dunha rota de inverno sobre a lagoa, que foi coñecida como a Autoestrada Militar 101.

A construcción progresou nas severas condicións climáticas, xeadas e fortes ventos borraban o camiño. Os conductores de coches traballaban arreo durantes os dias finais desta via. O camiño era bombardeado constantemente, e os coches cheos de comida que o atravesaban, case sempre de noite, tiñan que utilizar lanternas para esquivar os numerosos cráteres. A comunicación via Ládoga fixo posível que en decembro de 1941 aumentase a ración de pan: 350 g. para os traballadores e 200 g. para oficinistas, dependentes e crianzas.

Un famoso personaxe no Camiño da Vida era o conductor Maxim Tverdokhleb. A piques de comezar 1942, guiaba o seu camión co obxectivo diário de ir recoller a cárrega á costa oriental da Lagoa Ladoga, ponto de abastecimento dos alimentos para os sitiados. Decatou-se rápidamente que o camión estaba sendo carregado con caixas nas que se podia ler "Para as Crianzas do Heroico Leningrado", no canto das sacas habituais de fariña. Vendo o aturdimento do conductor, o comandante responsável dos víveres explicou que as caixas contiñan mandarinas chegadas de Xeórgia para que as crianzas de Leningrado receberan o Ano Novo como era o costume. "Asegura-te de entregar a cárrega a tempo", berrou o comandante. Conducindo sobre o xelo, o camión tomou a dura rota cara a Leningrado. O feito de que se fixera de noite con rapidez non conlevaba unha maior seguridade na viaxe, agora os nazis bombardeaban o camiño tamén á noite. E esa noite non foi nengunha excepción.

"Dous avións Messerschmitts atacaron-me a 20 quilómetros da saída", lembraba Maxim Tverdokhleb. "Xiraban sobre min apontando á cabina e á parte traseira do camión. Aceleraba, freaba, viraba á esquerda e á direita, mentres que ao meu redor voaba a neve levantada polos balas. Conducia desesperadamente. A cabina foi crivada de balas. O pára-brisas foi esnaquizado en mil anacos, e ao minuto sentín que algo golpeaba o meu brazo. Erguin-no para evitar a perda de sangue e non perder a conciéncia. Do radiador saían nubes de fume que impedian a visión. Poderia ter saltado á gávia do camiño, mais que pasaria coas mandarinas para as crianzas? Decidín que non, tiña que chegar ao destino!

O intrépido conductor acadou o seu obxectivo e os nenos de Leningrado conseguiron despedir o ano coas mandarinas de Xeórxia. Despois contarian 49 buracos no camión.

O Camiño da Vida entregou víveres a Leningrado durante todo o inverno de 1941-42. O papel que xogou este camiño foi fundamental, salvou moitas vidas e mantivo comunicada a cidade co continente.

Mália os padecimentos provocados por 900 dias de sítio, mália as horríveis privacións e mália as numerosas perdas humanas, o espírito dos habitantes de Leningrado non minguou. A xente continuou loitando, traballando nas fábricas, atendendo aos enfermos e desenvolvendo programas de investigación alimentária. No verán plantaron-se verduras nos parques e xardíns, anunciando que a cidade non se rendiria ao inimigo. O Mariscal Georgi Zhukov anotaria máis tarde que endexamais vira tanto valor e heroismo como o amosado polos inflexíveis defensores de Leningrado.



Nestes momentos tan duros, o nomeado compositor ruso Dmitro Shostakovich criou a sua Sétima Sinfonia, que rápidamente se converteu nun hino da cidade vitoriosa. Rexeitando abandonar a cidade co resto da Sociedade Filarmónica a comezo da guerra, Shostakovich inzou os centros de reclutamento con demandas para incorporar-se á frente. Ao seren denegadas todas as suas peticións, uniu-se aos grupos que cavaban trincheiras nas aforas da cidade. A sua solicitude para ingresar nas milícias populares tamén foi rexeitada polo que se decidiu a ingresar nos bombeiros locais, apagando os lumes causados polas bombas incendiárias que os nazis guindaban sobre a cidade. Foi naqueles dias cando compuxo a sua Sétima Sinfonia. Nunha mensaxe radiofónica, o 20 de setembro de 1941, Dmitri Shostakovich dixo: "Hai unha hora rematei de escreber a segunda parte da miña nova sinfornia. Por que digo isto? Porque quero dicer a todos os leningradenses que me estexan escoitanto que a vida continua e que todos debemos cumprir co noso deber..."

A Orquestra da Rádio de Leningrado era agora demasiado pequena como para interpretar a Sétima Sinfonia, polo que fixo un chamamento para conseguir 80 novos músicos. Convidou-se, através dun anúncio radiofónico, aos músicos que ainda estaba vivos para participar no proxecto. Os comandantes de unidade foron instruidos para entregar aos seus músicos un permiso especial para que fosen relevados nos seus postos e deste xeito poder interpretar a Sétima Sinfonia de Dmitri Shostakovich. Cando por fin chegou o primeiro ensaio, mália a aspereza das mans combatentes e desnutridas, asiron os instrumentos como se a sua vida dependese diso. O ensaio, dirixido por Karl Eliasberg, durou tan só 15 minutos, o máximo tempo que se podian permitir unha orquestra formada por músicos demacrados.

O 9 de agosto de 1942 era só un dia máis para a sitidada Leningrado. Mais non para os músicos que tiñan que por primeira vez interpretar para o público a Sétima Sinfonia. Karl Eliasberg escrebeu as lembrazas dese dia memorável: "As arañas de luces resplandecian no Salón Filarmónico, inzado de escritores, artistas e académicos. Tamén se atopaban alí moitos militareschegados directamente da frente de batalla".



O director da orquestra, lucindo un smoking que caia livremente sobre o seu demacrado corpo, camiñou até o púlpito, asindo a batuta na sua trémula man. Ao momento comezaron a soar os fermosos acordes dun dos mellores traballos que Shostakovich compuxera na sua vida. Cando o derradeiro acorde soou, o público estoupou en aplausos, bágoas de orgullo e ledícia corrian polas faces do público e dos músicos.

Un soldado alemán que escoitara o memorável concerto anotou: "Cando escoitei a Sétima Sinfonia de Shostakovich transmitida desde un Leningrado golpeado pola fame comprendín que nunca seriamos quen de tomar a cidade".

Así foi, os alemáns non tomaron a cidade. En xaneiro de 1944 o Exército Vermello contra-atacou, rematando co sítio mortal de Leningrado, que durou 900 dias e 900 noites, e que fixo da capital do norte de Rúsia un símbolo duradeiro do valor soviético.

Ler máis

Etiquetas:

Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com