Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
18/09/2011
Stephen Gowans
What’s left

Mentres o carácter de clase dos réximes baixo asedio das potencias occidentais é decote estudado nas análises das intervencións imperialistas e a miúdo invocado para as xustificar, isto nin explica por que os capitalistas imperialistas interveñen nin vale como xustificación das súas accións.

O relevante na explicación de por que acontecen as intervencións non ven dado pola orientación política do goberno baixo asedio, nin polass súas relacións cos cidadáns, senón se estas se acomodan os intereses de lucro das clases dominantes dos países que interveñen. Van dar a benvida os investimentos estranxeiros, van permitir a repatriación dos beneficios, van reducir o imposto de sociedades, van abrir os mercados e ofreceren un abondoso subministro de man de obra barata e materias primas? Ou van impoñer alto aranceis ás importacións, van subsidiar a produción nacional, van impulsar a empresa pública (limitando as oportunidades das empresas privadas estranxeiras), van forzar os investidores a se asociaren coa xente do lugar, e van pular por protexeren os traballadores dos salarios de miseria e das condicións intolerábeis de traballo?

Malia que se poida supoñer que as intervencións imperialistas teñen por obxectivo só os gobernos dirixidos polas clases obreira e campesiña, isto non é así. Os réximes que promoven os intereses da burguesía nacional, ao negaren ou limitaren os intereses de lucros nos seus propios países das clases dominantes doutros países, son claros obxectivos de tentativas de cambio de réxime, especialmente de seren militarmente febles e contaren con sistemas pluralistas que faciliten espazos para a desestabilización e a interferencia política. Xa que os efectos nos países imperialistas son os mesmos se, por exemplo, un réxime local expropia unha empresa estranxeira de propiedade privada, non importa se a empresa se entrega a homes de negocios locais, ao Estado ou a traballadores da compañía. Para os países imperialistas é indiferente se a expropiación é levada a cabo por comunistas, socialistas ou nacionalistas radicais. Se vostede se inspira en Marx e Lenin, no Socialismo do Século XXI ou nas políticas capitalistas dos EUA, Alemaña e Xapón cando desafiaban o monopolio industrial de Inglaterra, se vostede vai obstaculizar as oportunidades de lucro das clase capitalistas dun país imperialista, vostede vai ter problemas.

O Departamento de Estado dos EUA criticou Gaddafi polas súas «políticas cada vez máis nacionalistas no sector enerxético» e por tratar de «libianizar» a economía.(1) El «demostrou ser un socio problemático para as compañías petroleiras internacionais, subindo decote taxas e honorarios e facendo outras demandas».(2) E a súa pro-Libia política comercial e de investimentos estranxeiros irritaron os bancos, empresas e principais investidores occidentais, xa que estes analizan o mundo na procura de oportunidades de lucro.

Os capitalistas rivais, que compiten polas oportunidades de investimento e comercio en terceiros países, teñen a mesma probabilidades de ser vítimas dos designios imperialistas. Eles tamén poden converterse en albo de desestabilización, guerra económica e cerco militar.

Isto evidénciase nun dos papeis da OTAN: loitar por zonas de explotación. O secretario xeral desta organización, Anders Fogh Rasmussen, a explicar por que os países membros da OTAN precisan máis gasto militar, remarcou que: «Se ti non es capaz de despregar tropas alén das túas fronteiras, daquela ti non podes exercer influencia a nivel internacional, e ese baleiro será enchido por nacións emerxentes que non necesariamente comparten os teus valores e ideas.»(3) Un pode interpretar que cando se tratar de África e Medio Oriente –rexións ás que probabelmente alude Rasmussen- a razón de ser da Alianza é manter dentro aos norteamericanos e europeos occidentais, e fóra a rusos, chineses e brasileiros, e os nativos abaixo de todo. Está claro que o secretario xeral da Alianza non entende a OTAN como unha organización de mutua defensa, senón como un instrumento usado polos países desenvolvidos para competiren cos países emerxentes.

A respecto da validez das intervencións dos países da OTAN, tamén aquí a referencia ao carácter de clase dos gobernos agredidos de pouco vale Non é o carácter de clase do réxime, nin como trata os seus cidadáns, o que explica as razóns da intervención contra el, senón o carácter de clase dos países que interveñen. Isto é o que di se unha intervención é válida ou non.

Os principais países da OTAN son todos indiscutibelmente sociedades en que as grandes empresas, bancos e os ricos inversores exercen unha enorme influencia. Os seus representantes e fieis servidores ocupan postos clave no Estado, inclusive, e especialmente, nos asuntos militares e de política exterior, e as grandes empresas teñen recursos dabondo como para presionaren os gobernos con moita máis forza do que calquera outra grupo ou clase pode. Consecuentemente, a política exterior destes países reflicte os intereses da clase que neles domina.

Sería moi estraño que non fose así. A sede de beneficios non desaparece cando os directores executivos, os avogados corporativos e os banqueiros son asignados a postos clave da política exterior do Estado, cando eles levan a cabo a política exterior recomendadas polos grandes consorcios empresariais, como o Consello de Relacións Exteriores; ou cando exercen presión sobre presidentes, primeiros ministros, ministros e secretarios.

Por esta razón, as intervencións dos EUA e da NATO, que se presentan como humanitarias por razóns obvias, son no seu cerne accións para protexeren e promocionaren os intereses da clase que domina a política exterior. Isto faise evidente vendo as páxinas económicas dos principais xornais.

Nos últimos días, a sección de negocios de The New York Times, anunciou que: «Encetou a loita polo acceso á riqueza petroleira da Libia». Eric Reguly, un columnista na sección de economía de The Globe and Mail, o xornal da elite financeira de Canada, fixéronse eco deste anuncio:

«Os principais actores da industria petroleira, pola súa parte, babean ao reclamaren as súas vellas concesións e conseguiren outras novas, sobre todo desde que a súas propia produción de petróleo entraron en declive. As bacías de Ghadames e Sirte, lonxe do alcance das compañías estranxeiras desde que o Coronel Gaddafi chegou ao poder hai 42 anos, son especialmente atractivas.

«Quen conseguirá os premios? O Consello Nacional de Transición xa dixo que recompensará os países que bombardeen as forzas do Coronel Gaddafi. «Non temos problemas coas compañías occidentais, como as italianas, francesas ou inglesas», afirmou para Reuters Abdeljalil Mayouf, un voceiro da compañía petroleira rebelde Agogco. «Mais é posíbel que teñamos algúns problemas políticos con Rusia, China ou Brasil.»

O artigo de Reguly titulábase: “Eles bombardearon e por tanto recollerán”. Recollerán tamén doutra maneira. «O xefe do Consello Nacional de Transición, Mustafa Abdel Jalil, prometeu explicitamente recompensar aqueles países que apoiaron a revolta de Libia con contratos para a reconstrución do Estado despois da guerra.»(4) Este é o núcleo privilexiado do imperialismo agresivo.

Millóns de dólares dos contribuíntes van parar os petos dos fabricantes de armas para construíren a máquina da guerra. A máquina da guerra actúa contra os países cuxos gobernos negaron ou limitaron as oportunidades de negocio ás empresas, bancos e grandes inversores (moitos deles con intereses na fabricación de armas) dos países imperialistas, causando importantes danos á infraestrutura dos países vítimas. Os réximes monicreques que son instalados, abren as portas dos seus países ás exportacións dos inversores dos países que interveñen e invitan a estes países a instalaren bases militares nos seus territorios. Asemade, os novos réximes outorgan aos países que interveñen os contratos para a reconstrución do que a máquina de guerra destruíu. Conque a clase capitalista dos países que interveñen obteñen beneficios de tres formas: contratos de defensa; novos investimentos e oportunidades de exportación; e reconstrución despois da guerra. Unha solución pacífica da guerra na Libia racharía este círculo encantado. É estraño, xa que logo, que Washington, París e Londres ignoren todas as propostas para unha solución negociada?

Alguén podería dar unha explicación alternativa. Mentres que as principais compañías petroleiras dos países que lideran a OTAN se beneficiarían da queda de Gaddafi, a motivación da intervención foi, no entanto, independente dos intereses comerciais e foi motivada por razóns humanitarias.

Mais de ser isto así, habería que explicar por que a preocupación humanitaria da OTAN centrouse unicamente nun país onde a industria petroleira occidental vía un novo campo para obter beneficio, mentres que esta mesma OTAN non tivo ningunha preocupación humanitaria pola difícil situación dos cidadáns chiitas de Bahrain cuxas protestas pacíficas foron reprimidas violentamente por unha monarquía absoluta –coa axuda dos tanques e tropas doutras tres monarquías absolutas, entre elas Arabia Saudita e Emiratos Árabes Unidos.

O terceiro axudante desta represión violenta en Bahrain, Qatar, merece unha mención especial. Celébrase na prensa occidental a súa contribución aos rebeldes libios en armas, avións de guerra, formación, recoñecemento diplomático e propaganda (Al Jazeera é propiedade estatal de Qatar) –un auténtico amigo da democracia na súa loita contra a ditadura e a represión. The New York Times referiuse a Al Jazeera como unha «canle de noticias independente»(5), malia ser isto máis que dubidoso. The Times nunca, que eu saiba, se referiu a un medio estatal dun país baixo asedio imperialista como “independente”, este adxectivo eloxioso e imposíbel (todos os medios son dependentes, quer dun Estado, quer do inversores privados) é reservado para os medios de comunicación que adoptaron un enfoque harmonioso cos intereses dos propietarios e directivos de The New York Times.

Bahrain –un diamante para os inversores occidentais- xa puxo a disposición das compañías petroleiras occidentais as súas oportunidade de lucro. Tamén é o fogar da Quinta Flota dos EUA. Por tanto, representa unha extensión de facto da economía dos EUA, polo que o seu goberno pode facer o que quixer, sempre e cando siga mantendo feliz a Wall Street. Os bombardeos, as sancións, a desestabilización e as acusacións do Tribunal Penal Internacional están reservados para os gobernos que “aumenten as tarifas e os impostos” ás empresas petroleiras estadounidenses e tenten nacionalizar as súas economías, unha clara liña vermella na época do imperialismo.

Un sector da esquerda pensa que as intervencións imperialistas son defendíbeis sempre e cando compartan a queda dun réxime capitalista, independentemente que sexa substituído por outro tamén capitalista. Por suposto, o resultado de calquera intervención con suceso do imperialismo contra un réxime nacionalista burgués é a substitución por un réxime monicreque. Isto non representa ningún avanzo.

Hai outro sector que considera que o importante é a natureza do goberno asediado. A natureza do país que intervén, en troca, nada importa –nin que estea ao servizo dos intereses das corporacións, dos bancos e dos inversores; nin a súa historia de guerras de conquista; e nin o seu recurso á mentira para xustificar as súas agresións. Para estes esquerdistas, o goberno agredido é censurábel, mentres que o seu propio goberno ou é anxelical ou ten boas intencións. Desde esta perspectiva, as tentativas de Gaddafi por esmagar un levantamento é algo máis bárbaro que, din, a guerra de Iraq, a cal creou unha catástrofe humanitaria a unha escala que Gaddafi nunca podería igualar. Que clase de espellismo leva a pensar que os EUA e Inglaterra, arquitectos da rapina e o masacre a gran escala, son (a) anxelicais ou actúan con boas intencións, (b) a súa política exterior réxese polo humanitarismo, e (c) están a xogar un papel construtivo na Libia?

Os máis pusilánimes de esquerdas son eses que condenan por igual ao agredido e ao agresor. Asumen unha posición cómoda, aínda que moralmente covarde, xa que a súa condena aos gobernos asediados é irrelevante. O carácter dos gobernos asediados non ten nada a ver coas razóns das intervencións e, no caso das intervencións imperialistas, non as xustifican. Só pode existir unha razón en particular para igualar agredido e agresor no contexto dun asalto: o desexo de respectabilidade e a inclinación por seguir a corrente de opinión maioritaria, nunca retala ofrecendo unha explicación alternativa non hexemónica.

Supoña que vostede é veciño dunha muller moi maleducada, profundamente antipática que logrou gañarse o odio de todas as persoas que coñeces. Un día o seu marido a golpea. Vostede pode condenar o marido por golpear súa esposa, e non dicir nada do carácter dela. Por que? Porque non é escusa do comportamento do marido. Ou pode condenalos por igual, sinalando que da mesma maneira que deplora a violencia contra a muller, tamén deplora a vítima pola súa má educación e molesta forma de ser. Facer isto é indefendíbel e calquera persoa que así o fixer sería reprendida. Porén, estes esquerdistas que non son nin mel nin fel están a facer o mesmo cando insisten en condenaren os gobernos dos países atacados polos imperialistas, para mostraren así que eles non defenden os crimes dos que eses gobernos son acusados. Aínda peor, néganse a investigaren a veracidade das acusacións, sen importar que estas non resistan unha mínima análise, por medo a ser sinalados como apoloxistas. Ás avesas, limítanse a aceptaren as acusacións como certas, malia que acusacións semellantes contra outras vítimas en situacións parecidas acabaron demostrándose falsas (por exemplo, as armas iraquís de destrución masiva). Isto é apoloxía doutro tipo, a prol da clase dominante destes esquerdistas que non son nin mel nin fel. Mantéñense en terreo seguro. E poden dicir máis adiante, como moitos outros xa fixeron a respecto das armas iraquís de destrución masiva: «Non o sabíamos. Estamos sorprendidos, conmocionados!, enganounos o Goberno».

No entanto, a analoxía suxire que as intervencións só acontecen nos países en que os gobernos se comportan de maneira reprobábel, e este non é o caso. Sen dúbida, a campaña de propaganda que acompaña as intervencións busca converter o réxime acosado nun réxime detestábel, polo que a súas desaparición é desexábel, aínda que a intervención se leve a cabo por motivos equivocados. Estes esquerdistas, para ser tomados en serio pola respectábel opinión maioritaria, apoian a imaxe dos países acosados como países criminais, e non seren así acusados de defensores de ditadores. Mais ás veces sucede que os crimes dos que son acusados os réximes en cuestión non son crimes en absoluto, ou de o seren, no peor dos casos son leves.

A escusa para explicar a necesidade da intervención na Libia é que un levantamento pacífico dos libios amantes da democracia estaba a piques de ser esmagado en sangue. Mais unha explicación máis achegada á verdade é que a insurrección, provocada polos acontecementos da Tunisia e Exipto, nace da escisión que existe hai moito tempo entre un goberno nacionalista e laico por unha parte, e elementos colaboracionistas e islamitas pola outra. Se ben isto non pode explicar o levantamento na súa totalidade, explica boa parte del. É a represión das forzas reaccionarias que ameazan o Estado un crime? Se vostede é un libio islamita, monárquico ou un exiliado apiado pola CIA, a resposta é si, como tamén é si vostede é un ideólogo desta intervención imperialista en particular. Mais, se vostede é Gaddafi ou algún dos seus seguidores nacionalistas e seculares, a resposta é non.

É significativo que sexan poucas as persoas que demandan que a OTAN protexa os bahrainís da violenta represión dunha monarquía absoluta. Por moito que a represión de al-Khalifa contra os manifestantes de Bahrain se considere un crime, non é un crime dabondo grave como para xustificar unha intervención da OTAN. De facto, é difícil concibir algunha xustificación para unha intervención da OTAN, xa que os países da OTAN só son bons nas intervencións que garantan beneficios. Só a promesa dun pago lucrativo para unha elite de capitalistas xustifica unha intervencións sanguenta: concesións petroleiras con reducións de impostos e salarios; novas oportunidades de investimento e exportación; contratos de reconstrución. O humanitarismo non esta incluído neste balanzo. Mais supoñamos por un momento, como fai o inxenuo, que a OTAN puidera intervir por razóns altruístas, e que isto non sexa tan imposíbel como que o león se deite co cordeiro. Por que demandamos unha intervención contra Gaddafi mais non contra al-Khalifa? A razón de por que os banqueiros, as corporacións e os inversores que dominan a política exterior da OTAN fan isto é evidente. Que persoas de esquerda fagan o mesmo suxire que nos preguntemos que se entende por “esquerda”.

Diana Johnstone e Jean Bricmont arremeteron contra amplos sectores da esquerda europea por se non opoñeren vigorosamente á intervención da OTAN na Liba e, en moitos casos, apoiala.(6) Mais isto é como culpar as ovellas por paceren na herba. Aínda que lamentábel, non hai nada estraño ou novo en que persoas que se din de esquerdas, inclusive os socialistas, estean do lado das accións imperialistas do seu goberno. Isto ven pasado polo menos desde a Primeira Guerra Mundial. Lenin dános unha explicación. Un sector da esquerda regularmente apoia o seu propio goberno imperialista, mentres que outro sector atopa o xeito de o apoiar sutilmente ao tempo que manifesta a súa oposición. Os únicos da esquerda occidental, bardantes de unha ou dúas excepcións, con que se pode contar para loitar contra o imperialismo de maneira fiábel, e que entenden o funcionamento deste, son os Leninistas.

Max Elbaum fala disto no seu libro sobre o Novo Movemento Comunista dos anos 60, Revolution in the Air. «Os activistas de finais dos 60,» escribe, «sentiron un forte vínculo político e emocional » coa sección leninista do movemento socialista. Durante a Primeira Guerra Mundial, esta sección rachou decisivamente «con eses socialistas que apoiaban a guerra, ou cando menos non fixeron nada ou moi pouco por se opoñeren a ela». Sentíronse atraídos polo leninismo porque, como os seguidores orixinais de Lenin, «tamén pasaran anos de frustración loitando con forzas esquerdistas máis prestixiosas que tan só arrastraban os pes –ou algo peor- seguindo a campaña contra a guerra.»

Elbaum coida que a negativa da socialdemocracia a se opoñer con forza á guerra de Vietnam provocou o medre do apoio o Novo Movemento Comunista. «Malia os socialdemócratas de hoxe non falaren moito sobre o tema,» escribe Elbaum, «os socialdemócratas estadounidenses xogaron un papel de freo no movemento contra a guerra de Vietnam». O representante estadounidense da Internacional Socialista, o Partido Socialista, «realmente apoiou a guerra» e «estaba ausente das actividades contra a guerra». O editor de Dissent, Irving Howe, un dos máis importantes socialdemócratas, «sempre se opuxo á demanda da inmediata retiradas de Vietnam». Michael Harrington, quizais o socialdemócrata estadounidense máis coñecido, nunca denunciou claramente a guerra. Conforme a un dos seus biógrafos (e seguidor), Maurice Isserman, Harrington falaba da guerra como se dunha forza da natureza se tratar, e non do produto da acción humana (unha traxedia natural, como un furacán ou un terremoto, e non un instrumento do imperialismo dos EUA), por medo a se distanciar «dos seus máis achegados e antigos camaradas que apoiaban o masacre...» Harrington consideraba os seus colegas socialdemócratas partidarios da guerra non como reaccionarios colaboracionistas, senón como «bons socialistas cos que difería en cuestións secundarias».(7)

A nivel internacional, os socialistas democráticos actuaban de maneira vergoñenta. «Os socialistas francesas cando estiveron no poder lideraron a guerra colonial contra Alxeria, usando a tortura. O goberno laborista inglés de Harold Wilson apoiou a política dos EUA no Vietnam a despeito das súas dúbidas.» E «os socialdemócratas en todo o mundo están entre os partidarios máis acérrimos do sionismo e os máis opostos á autodeterminación de Palestina».

Resulta familiar?

Nos sesenta, Elbaum escribe: «semellaba lóxico identificarse coa tendencia que loitou contra unha parecida socialdemocracia timorata ante os primeiros baños de sangue imperialistas.»

Tamén en 2011.


1. Steven Musfon, “Conflict in Libya: U.S. oil companies sit on sidelines as Gaddafi maintains hold”, The Washington Post, 10 de xuño de 2011.
2. Clifford Kraus, “The scramble for access to Libya’s oil wealth begins”, The New York Times, 22 de agosto de 2011.
3. Stephen Fidler and Alistair MacDonald, “Europeans retreat on defense spending”, The Wall Street Journal, 24 de agosto de 2011.
4. Steven Lee Myers and Dan Bilefsky, “U.N. releases $1.5 billion in frozen Qaddafi assets to aid rebuilding of Libya”, The New York Times, 25 de agosto de 2011.
5. David D. Kirkpatrick and Kareem Fahim, “Inside a Libyan hospital, proof of a revolt’s costs”, The New York Times, 25 de agosto de 2011.
6. Jean Bricmont and Diana Johnstone, “Who will save Libya from its Western saviours?” www.counterpunch.org , 16 de agosto de 2011.
7. Max Elbaum, Revolution in the Air: Sixties Radicals turn to Lenin, Mao and Che, Verso, 2006, p. 46
2 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com