MadialeVa
Lembro perfeitamente cando un neno de 3º de Primária dun coléxio do lucense bairro de As Gándaras me dixo: "profe, non vou falar máis o galego no cole, en Palas todos o falaban, aquí só o falo eu." Chegara de Palas de Rei aquel ano a Lugo.
Cando cheguei a Lugo ficaba engaiolado cando me cruzaba cos pícaros que ian coas suas mais e pais falando en galego. Era algo descoñecido para min, que viña de Ferrol. Se aquel neno de Palas sentia iso nunca cidade como Lugo onde ainda hai nenos que falan na língua desta terra, que pasará en cidades moito máis españolizadas como pode ser Ferrol ou A Coruña?
Ben sei que é un tema xa ben trillado, mais non podo ficar mudo ante o espanto que representa o sistema educativo na Galiza. Unha máquina de españolización, máis potente ainda que o televexo. A nosa língua, a nosa história, fican amputadas por uns contidos mínimos obrigatórios que chegan da capital do Reino, e que inzan o currículo escolar. Un profesorado que, moi a grosso modo, se pode dividir en tres grupos: unha minoria militante que loita pola pervivéncia do galego, unha maioria muda que actua como aspersor de diglósia e catro "mártires" españolistas.
Estes últimos están aparecendo estes dias nos titulares da imprensa española en Galiza. Queixan-se da "persecución do español" nas aulas galegas!!!! Semella un rexurdir de AGLI. Que falla de vergonza a destes desgraciados! Xerazóns enteiras de escolares desgaleguizados e esta xente, con todo aparello mediático dos fascistas do PP ao seu servizo, queixando-se por ter que facer o programa da matéria en galego.
A este grupo de hooligans do auto-ódio pertencia aquela profesora universitária que foi expedientada por zorregarlle unha labazada a un aluno que ousou empregar o galego para falar con ela. Cando lembro estas cousas, e penso nestes desleigados, non podo evitar pensar nun mañá no que un tribunal popular xulgue a estes profesores por xenocídio lingüístico. Un tribunal presidido por un viciño de Palas de Rei.
Etiquetas: GZ |
Por sorte temos eswtes espazos para resistir na lingua e coa llingua. ;-)