En xullo do 2007, unha libraría fascista -
Primatice Belgique- abrira as súas portas en Liexa. Alí se vendían obras que defendían as teses racistas, fascistas e negacionaistas. O propietario desta libraría, creador da editorial Dualpha, non é outro que
Philippe Randa. Este personaxe é un partidario declarado do fascismo e un grande amigo de Filip Dewinter (líder do
Vlaams Belang).
Desde o momento da súa inauguración, foron varias as accións de protesta contra este viveiro de nazis. Así, en novembro, con motivo da conmemoración da "noite dos cristais", a
Fronte Antifascista organizou unha concentración de 200 persoas para pedir o peche da libraría.
Máis tarde, o
Comité dos Alumnos Francófonos (CEF) lanza unha campaña de recollida de sinaturas que acompañarán a unha
petición para o peche da libraría.. En dez días, os alumnos recollen 700 sinaturas en papel e outras 3500 vía internet. Pola súa banda, a organización comunista
Comac, as mocidades do
PTB, puxeron en circulación un breve
documento explicativo para acompañar a petición. Este documento circula por correo electrónico, podéndose descargar desde o portal da organización. En dez días, chegaron ás 12.000 descargas.
Todas estas accións tiveron éxito, xa que o propietario do inmóbel, ao coñecer a verdadeira natureza do seu inquilino, decidiu rachar o contrato de arrendamento que mantiña con este. A libraría pechou as súas portas o 31 de xaneiro. A Fronte Antifascistas, o CEF, Comac e outros grupos organizan este mércores unha concentración diante do local onde estaba a libraría para celebrar esta
vitoria.
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.