Os camaradas do Partido Comunista Marxista Leninista de Turquía e o norte do Curdistán veñen de conmemorar o seu Novembro Mes dos Mártires. Os comunistas do partido e loitadores pola revolución caídos no combate foron homenaxeados en diferentes actos.
Özgür Evrim Göçen, militante da Organización da Mocidade Comunista asasinado o 2 de maio de 1995, foi lembrado na súa tumba en Balikesir o 1 de decembro. Despois de narrar a súa vida, os participantes visitaron a súa familia.
O militante Erdal Balci, asasinado pola policía o 4 de novembro de 1994 mentres colocaba nunha ponte en Istambul unha pancarta na que se proclamaba a fundación do MLKP, foi conmemorado no lugar onde o mataron. A ponte encheuse de fotos de Erdal e de flores.
Militantes do MLKP colocaron unha pancarta en Cumhuriyet na que se lía: “Os mártires revolucionarios están vivos, o MLKP continúa a loita”.
Outros comunistas do partido visitaron, en Malatya, as tumbas dos mártires revolucionarios Yücel Hazar, Kalender Işık e İban Doğan. Despois de cubrir as tumbas con caraveis vermellos, as súas familias foron visitadas.
En Amberes, o 21 de novembro, foi recordada a intelectual comunista Işık Kutlu, morta hai pouco tempo. Léronse algúns dos seus poemas e artigos políticos.
Na Alemaña, en Duisburg, conmemorouse aos revolucionarios Hasan Ocak, Şengül Boran e Kutsiye Bozoklar'ın.
Desde Estoutras queremos saudar aos camaradas do MLKP e sumarnos á homenaxe aos seus mártires.
GLORIA AOS HEROES DO POBO! GLORIA AOS COMBATENTES COMUNISTAS! |
Fue todo un gusto oir en primera persona la intervención de estos camaradas invitados en el congreso de los CJC esta pasada semana, sin duda fue una de las mejores intervenciones de la delegacioens internacionales, al igual que la del CPGB ML.