Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Oitenta anos de prisión por un 80% de convicción moral
02/03/2010
Tradución ao galego, podes atopar o orixinal na páxina do SRI

Juan García Martín

Preso Político do PCE(r) condenado a cadea perpetua

Coido que, por mor da irreversibilidade da sentencia, o esgotamento do sistema xurídico mediante o cal facer publicidade desta inxustiza e a necesidade de que se coñeza, é interesante que vos faga un resume dos sucesos que levaron á trampa coa que o Estado perseguiu e, por agora, conseguiu que me vexa condenado a prisión de por vida.

O día 6 de febreiro de 2006, ás 21 horas, os GRAPO realizaron unha acción de recuperación de fondos na persoa de dous empresarios zaragozanos de ETT's, que se saldou coa empresaria morta e o seu esposo ferido. Ese día e a esa hora eu estaba na miña casa de Reus (Tarragona) xunto coa miña compañeira Carmen Cayetano, e outra camarada, Arantza Díaz; os tres compúñamos o “Comité do Interior” do PCE(r) na clandestinidade, sendo eu o seu responsábel. Facíamos tarefas de propaganda (redacción, edición e distribución do periódico “Resistencia”) e organización entre traballadores de todo o territorio do Estado español e de centralización das diferentes organizacións do Partido. Por estes “delitos” xa fomos condenados a 11 anos de prisión.

Chamo a atención sobre a natureza das nosas actividades, que nos obrigaban a desprazarnos frecuentemente para ver militantes e simpatizantes do Partido que, na maioría dos casos, estaban fichados pola policía, co que tiñamos que extremar as medidas de vixilancia, protección e compartimentación para evitar caídas e para que, caso de producirse, non afectaran a outros organismos do Partido, en especial a súa dirección, coa que eu era o encargado de manter contacto.

Volvendo á acción dos GRAPO en Zaragoza, aos 3 ou 4 días, ao redor do 10 de febreiro de 2006, apareceu en todos os medios burgueses a miña foto e a do compañeiro Israel Torralba como os seus autores, caso que se foi repetindo coa miña persoa cada vez que os GRAPO realizaban unha acción até a data da miña detención en Reus, en xuño dese mesmo ano, por efectivos da garda civil.

Nun principio, as presións na Dirección Xeral foron destinadas a que confesara a miña participación nos feitos de Zaragoza; no caso da miña compañeira, foi torturada para que me incriminara. A nosa lóxica negativa foi firme e rotunda desde principio a fin. Ante esta actitude e unha vez que comprobaron a lóxica incompatibilidade do traballo partidista que viñamos facendo con poder participar na preparación e execución dunha acción tan complexa como a de Zaragoza, chegou un momento, relativamente temperá, no que os garda civís deixaron á marxe este asunto, chegando a dicirme que, efectivamente, eu non podía ter estado alí. De feito, no interrogatorio do xuíz, coa simple pregunta de «Participou vostede en... de Zaragoza?» e o non da miña resposta, sen máis preguntas, nin pesquisas, nin auto de procesamento e prisión, nin tan sequera unha vez detidos os militantes dos GRAPO que, efectivamente, realizaron a acción, Xurxo García Vidal e Israel Clemente. É dicir, nin Torralba nin quen escribe.

Nesas datas, fun trasladado varias veces desde a prisión de Puerto I, onde estou, a Madrid, algunha vez en condución especial, co gallo de someterme a roldas de recoñecemento, ás que consentín voluntariamente porque, incauto de min!, sabía que non participara en ningunha acción armada dos GRAPO e, polo tanto, ningunha testemuña podería recoñecerme. Da media ducia de roldas nas que participei, ninguén me recoñeceu, como é lóxico... Até a última, onde unha suposta testemuña dixo recoñecerme «nun 80%». A partir de aquí, e atopando o soporte legal co que “construír a imputación” -segundo termo acuñado por un ministro de xustiza socialista-, veu o auto de procesamento pola acción de Zaragoza (novembro de 2007), o auto de prisión e, en maio de 2009, o xuízo. A subliñar que, entre 2007 e 2009, non se me fixo ningunha dilixencia máis sobre estes feitos, ningún interrogatorio nin indagatorio, e iso malia que eu presentei unha coartada da miña estancia en Reus, de que houbo un troco de Xuíz Instrutor na Audiencia Nacional e de que os compañeiros dos GRAPO declararon desde a súa detención e en moi diversas ocasións ante o xuíz, que eu non participara (de feito, nos seus interrogatorios, a garda civil nin lle preguntou por min). É dicir, que xa entre policías e xuíces tiñan moi claro que eu debía ser condenado polo de Zaragoza, e “atopada” a testemuña providencial, sobraba calquera investigación que procurara a verdade.

Malia saberme condenado de antemán, decidimos -conxuntamente cos meus avogados- facer un xuízo “con todas as da lei”, dar a batalla xurídica ante a total febleza e máis que segura “preparación” da proba testemuñal na miña contra; no pero dos casos, sempre poderíamos evidenciar o sometemento do suposto “Poder Xudicial”, e en especial dese tribunal de excepción que é a Audiencia Nacional, aos designios políticos do Executivo; asemade, ficaba aberta a porta ás instancias internacionais para denunciar e deixar patentes os disparates xurídicos que asume o sistema xurídico español e as vulneracións de calquera principio xudicial (presunción de inocencia, peso da proba, etc.) que suporían unha sentencia condenatoria.

No xuízo escoitouse e quedou claro todo o exposto arriba:

Repetín a miña negativa a ter participado nos feitos. Explicouse a imposibilidade orgánica e de seguridade que supuña estar eu, ao mesmo tempo, facendo traballo nun Comité do Partido e participando na preparación e execución da acción de Zaragoza. Presentáronse testemuñas que apoiaban a miña estancia en Reus o día de autos. Os compañeiros dos GRAPO explicaron a acción minuciosamente, deixando moi claro a miña non presenza na mesma. No interrogatorio ás testemuñas, as principais, é dicir, aquelas que viron de cerca e durante tempo «A un señor de 50 anos e cano», non me recoñeceron. Non houbo ningunha proba material (pegadas, gravacións, armas, etc.) que avalara a miña presenza en Zaragoza.

Pola contra, o tribunal rexeitou a presenza no xuízo de garda civís (agás peritos en balística) cando eran eles os que me detiveran, interrogaran e fixeran o mesmo cos militantes dos GRAPO! A fiscalía só puido presentar como “proba” a sentencia do Supremo que di que «O PCE(r) e os GRAPO son o mesmo» e a famosa e única «testemuña protexida» que se cruzou fugazmente comigo presuntamente, claro, e que ao dar a miña descrición, esta coincidía xustamente coa foto policial que saíu en toda a prensa eses días.

En novembro de 2009 chegou a sentencia condenatorio de 80 anos!!! En que empregou eses seis meses o Tribunal? Misterio, xa que abonda ler a sentencia para decatarse de que se limita a transcribir e dar por bo o informe do fiscal. Resulta curioso que, para soster como bo o feito de que a «testemuña protexida» só me recoñecera nun 80%, o Tribunal diga que confía na súa «convición moral» de que era eu esa persoa. É dicir, que o certo é que a miña condena descansa non na “convicción moral” do xuíz (caso que xa se deu noutras ocasións de condenas sen probas), senón na dunha testemuña!! -protexida e cun 80% de convicción.

Polo demais, na sentencia elúdese todo aquelo que puidera beneficiarme, resultando sorprendente que o meu avogado e as súas intervencións “desaparecen” do texto unha vez que se aparece nomeado ao comezo do texto para deixar constancia da súa presenza, non das súas intervencións.

Hai unha segunda parte traxicómica desta farsa xudicial. Após a condena, ficaba aberta a posibilidade de recursos a outras instancias (Supremo, Constitucional, Europeo) para, desde a nosa denuncia, deixar en evidencia a venalidade e falta de garantías do sistema xudicial español. Pois ben, cal non sería a miña sorpresa e a dos meus avogados cando, ao ir presentar o correspondente recurso ao Tribunal Supremo (primeira instancia nos recursos), non puido facerse porque se pasara o prazo!, debido a “malentendidos” burocráticos -aínda non aclarados- na cadea Tribunal-Procurados-Avogados?

En fin, aquí estou definitivamente condenado a cadea perpetua (sairía do cárcere en 2046 con 104 anos de idade -teño 58 anos-), sen lei nin dereito que me ampare e por uns feitos que non realicei.

É certo que eu era consciente de que o réxime non ía deixar impune o manterme “erre que erre” (ese “r” tan querido e presente para min) coas miñas ideas revolucionarios ao longo de 40 anos de militancia comunista; o certo é que o “trato” que deu o Estado a todos os meus camaradas que me precederon en prisión. Tampouco o Estado me ía perdoar que, após 20 anos encarcerado entre 1978 e 1998, me reincorporara ao traballo clandestino do Partido.

Porén, debo confesar que a saña e o afán de vinganza deste réxime e os gobernos que xestionan non deixa de abraiarme, vendo na miña propia pel como usan todas as artimañas e recursos do seus sistema xurídico para facer legal unha represión desaforada contra un feixe de comunistas; é o que vimos recentemente coa condena por “omisión” (?) ao noso Secretario Xeral, Manuel Pérez Martínez, e, no referente ao meu caso, ao endosarme unha acción, unha militancia e unha morte que saben positivamente que non fixe. Pode Franco estar orgulloso dos seus herdeiros?

É indubidábel que a cadea perpetua, por riba tan evidentemente inxusta, non deixa de ser un golpe que se sente, tanto no persoal como pola miña familia, que se ve tamén condenada -e no meu caso sen o “colchón” ideolóxico que os axude a entender e asumir a nova situación- a renunciar a miña presenza ao seu carón no futuro. Mais, asemade, a brutal sentencia despexa o panorama do meu futuro político persoal, ao converterme irremediabelmente nun proletario «que non ten nada que perder agás as súas cadeas», ligando, así, a miña sorte á da dos desposuídos, os explotados, os represaliados, os “sen saída”, os rebeldes, os radicais de raíz... Agora son máis consciente ca nunca de que, se teño unha clase de futuro, este está, non nas mans dos meus inimigos de clase nin dos meus carcereiros, senón nas do Movemento Obreiro Revolucionario, no que teño posta toda a miña confianza xa que é o único capaz de torcer os negros designios dos fascistas.

O único que me deixaron, a miña dignidade de revolucionario impenitente, as miñas ideas e experiencia comunistas e o meu espírito resistente, seguen a disposición de dito movemento coa confianza de que, malia o desorientado, desorganizado e prostrado no que hoxe está, non tardará en recuperarse, como dixo repetidas veces o PCE(r), aínda que a situación sexa moi difícil, «as condicións virán no noso auxilio», e estas cada vez son máis favorábeis para estes rexurdimento.

A crise económica deixa aos obreiros “sen nada que perder”, a crise política do Estado deixa sen espazo ás ilusións reformistas e a represión crecente -da que a persecución brutal ao noso Partido non é máis que “avance”- deixa o camiño para a loita radical contra ese réxime.

Eu non teño nada do que arrepentirme; e se é de algo, e vista a miña condena a perpetuidade por facer traballo político “non violento”, só podo arrepentirme de non estar de verdade botando unha man aos compañeiros dos GRAPO que fixeron a acción de Zaragoza.

Penso que, na mesma medida, hoxe calquera traballador, calquera resistente, só se debe arrepentir de non defender con uñas e dentes o seu posto de traballo e o pan dos seus fillos, de non dar unha patada ás mafias sindicais e aos vividores da política, de non usar a súa unidade, organización e forza de clase para loitar decididamente contra este podre réxime de explotación, opresión e agresión.

Neste terreo da organización e loita revolucionarias estamos e, estou certo, os presos políticos recobraremos a liberdade.

Febreiro de 2010, cárcere de Puerto I (Cádiz)
1 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com