Recibimos con ledicia a nova do cese da Folga de Fame que mantiña Manuel Pérez Martínez, “Camarada Arenas”, e 35 presos/as comunistas máis, após conseguir acabar coa situación de illamento absoluto de Manuel Pérez.
De seguido reproducimos o comunicado de SRI:
8 de abril de 2011: Remata a Folga de Fame ao LOGRAR o principal obxectivo, parar o exterminio. ARENAS fóra do illamento total, nun módulo con presos políticos vascos e sen agresións.
Rematou a brutal situación do último mes e medio en Castelló II.
Puxérono nun módulo normal, con presos políticos vascos e cesaron as chantaxes diarias (ameazas de morte fascistas, illamento absoluto, prohibición até de simples lapis, cacheos con agresións, maltrato aos seus familiares...)
A FOLGA de FAME acaba, porque a loita logrou o motivo fundamental da súa esixencia. E nela deixaron a súa saúde para lograren o mañá 36 homes e mulleres prisioneiras políticas, militantes do SRI, do PCE(r) e dos GRAPO, durante 8 días.
Como sinalabamos e ficou demostrado, a orde de tentar exterminar ARENAS era de Institucións Penitenciarias, e non unha “simple” brutalidade do cárcere. Do mesmo xeito que a ditaron, así a anularon.
Grazas aos centos de solidariedades estendidas, víronse obrigados a reincorporaren certa normalidade á situación que sofre o Secretario Xeral do PCE(r), preso durante 18 anos, con 67 anos de idade e gravemente enfermo.
Agora o paso consecuente de todo demócrata é esixir a súa liberdade.
Grande nova.
Agora a esixir a liberdade!