Onte 1 de outubro, o xornal Público seguía informando da suposta fosa común na prisión de Abu Salim, que contería os restos de 1.270 persoas. Mantén Público esta mentira a pesar de que só un día despois de aparecer esta información, soubemos que era falsa e que os ósos pertencían a animais, camelos concretamente. A propia CNT tivo de recoñecer a falsidade da fosa común. Fala tamén Público doutras presuntas fosas comúns, e como fonte cita a CNT.
O xornal Público non dubida en mentir os seus lectores e calar calquera referencia ao masacre diario que a OTAN está a cometer no conxunto da Libia. Este xornal é un simple voceiro desta organización imperialistas e a súa credibilidade é nula. Por suposto que hai fosas comúns na Libia. Ten que habelas. Con milleiros de mortos en Sirtre ou Bani Wali, os resistentes seguramente se vexan na obriga de enterrar en fosas comúns os corpos dos asasinados pola OTAN. Teñamos en conta que, segundo as distintas fontes, o número de mortos variaría entre 50.000 e 100.000. Cousa distinta son os cadáveres dos miles de asaltantes abatidos pola resistencia patriótica que enchen a periferia das cidades atacadas. Os seus compañeiros da CNT non recollen os seus corpos e tampouco ningunha organización humanitaria, malia a petición expresa dos que resisten nas cidades. |
... e mira que discutía eu con xente que falaba do Público como un periodico "de esquerdas"... Si, será esa liña esquerdista da OTAN que estes días tanto estamos vendo...