
ANGELITA HUENUMÁN
Víctor Jara e a sua compañeira Joan acostumaban viaxar por todo Chile á procura de ritmos e canzóns indíxenas que inspirasen as composizóns e pezas de teatro de Víctor. Tamén rituais, vestimentas e demáis aspectos da cultúra nativa para incorporar ás obras de danza de Joan. Nunha destas viaxes chegaron a carón do lago Lanalhue, na província de Aranco, e visitaron un povoado índio onde coñeceron a Angelita Huenumán. Vivia nunha cabana de madeira no meio dun terreno completamente deserto. Era unha muller miúda, dun longo pelo perto, cuxo rosto, de prominentes meixelas, posuia un ar de dignidade e calma. Traballaba nunha pequena parcela de terra ao coidado das galiñas, os porcos e as ovellas. Nos meses invernais, após a colleita, fiaba a lá, tinguia-a e tecia-a. Cando remataba unha manta, carregaba con ela através da longa ladeira até a povoazón máis cercana, onde a vendia. Víctor volveu atopar a Angelita en Santiago de Chile, no ano 1972, participando nunha reunión de mulleres. Naquelas datas de tanta esperanza, de tanta ilusión e camaraderia… Filla deste encontro con Angelita é esta canzón. En el valle de Pocuno donde rebota el viento del mar donde la lluvia cría musgos vive Angelita Huenuman.
Entre el mañío de los huallas el avellano y el pitran entre el aroma de las chiclas vive Angelita Huenuman.
Cuidada por cinco perros un hijo que dejo el amor sencilla como su chacrita el mundo gira alrededor.
La sangre roja de copihue corre en sus venas Huenenuman junto a la luz de una ventana teje Anelita su vida.
Sus manos bailan en la hebra como alitas de chincol es un milagro como teje hasta el aroma de la flor.
En sus telares, Angelita hay tiempo, lágrimas y sudor están las manos ignoradas
de éste mi pueblo creador.
Despuás de meses de trabajo el chamal busca comprador y como parajaro enjaulado canta para el mejor postor. TE RECUERDO AMANDANo ano 1968, os seus éxitos como director de teatro brindaron-lle a oportunidade de viaxar até Inglaterra, convidado polo British Council. Namentres Víctor estaba alí, Joan, que ficara en Chile, descobreu que a sua filla Amanda padecia diabetes. Difícil foi para ela escreber-lle a Víctor para lle comentar esta nova. Víctor, sentado na cama da sua pensión, escrebeu esta canzón, que máis tarde seria unha das máis coñecidas da sua carreira. Mália non ser, seguramente, resultado directo do coñecimento da enfermidade da sua filla, semella evidente que sensibilizou profundamente a Víctor. A letra contén unha mestura do pasado e do futuro, con ese estraño sentido profético que caracterizou algunhas das letras do chileno. Joan coida que non a adicou especificamente nen a filla nen a mai (tamén se chamaba Amanda), ainda que contén o sorriso da mai e a promesa de xuventude da filla. Te recuerdo Amanda la calle mojada corriendo a la fábrica donde trabajaba Manuel. La sonrisa ancha la lluvia en el pelo no importaba nada ibas a encontrarte con él con él, con él, con él son cinco minutos la vida es eterna en cinco minutos suena la sirena de vuelta al trabajo y tú caminando lo iluminas todo los cinco minutos te hacen florecer.
Te recuerdo Amanda la calle mojada corriendo a la fábrica donde trabajaba Manuel. La sonrisa ancha la lluvia en el pelo no importaba nada ibas a encontrarte con él
con él, con él, con él que partió a la sierra que nunca hizo daño que partió a la sierra y en cinco minutos quedó destrozado suena la sirena de vuelta al trabajo muchos no volvieron tampoco Manuel.
Te recuerdo Amanda la calle mojada corriendo a la fábrica donde trabajaba Manuel. ¿QUE MATÓ A CARMENCITA?Unha das facetas máis visíveis da política norteamericana para combater a revoluzón en Chile durante os anos sesenta baseou-se na intensificazón do colonialismo cultural. Os meios de comunicazón rebosaban propaganda a prol do american way of life e os quiosques inzaban-se de vulgar banda deseñada ianqui (especialmente o imperialista Disney [1]). As rádios estaban asulagadas polo música pop estadounidense, a television de séries de ínfima categoria da mesma procedéncia, e co cinema acontecia outro tanto. Naquela época estaba na moda a expresión “canzón protesta”. Mália considerar a miúdo a Víctor como un cantante de protesta, en Chile o movimento da canzón non devia praticamente nada á versión comercializada e exportada pola indústria discográfica norteamericana. Abofé que eran admirados cantantes como Pete Seeger, Malvina Reynolds e outros que se opuxeron á agresión a Vietnam, mais o movimento chileno fincaba as suas raíces na sua própria tradizón cultural e trataba problemas de seu. Aproximadamente neste período, Víctor, luitador pola liberazón nacional e o comunismo comentou: “A penetrazón cultural constitue unha árbore frondosa que nos agoucha que podemos ver o noso própio sol, ceu e estrelas. Polo tanto, a nosa luita para ver o ceu que nos une pasa por curtar esa árbore de raíz. O imperialismo norteamericano atende á máxima da comunicabilidade na música, e insiste en penetrar na nosa xuventude con toda caste de música comercial. Como hábil profisional, tomou as suas determinazóns: 1º, a industralizazón da canzón protesta e a sua comercializazón; 2º, ergueu ídolos do canto protesta, que serven aos seus intereses para adurmecer a rebeldia inata da xuventude. Son ídolos que trazan o mesmo camiño que os outros ídolos das canzón de consumo: subsisten un instante para despóis desapareceren. Por iso, nós, somos máis cantantes revolucionários que de protesta, porque este termo, de protesta, xa nos parece ambíguo e porque xa está sendo utilizado polo imperalismo” Este tema de Víctor, escrito en 1969, denúncia este problema. ¿Quién mató a Carmencita? baseou-se nunha história verídica, a dunha moza que se suicidou baixo a influéncia das drogas. Vivia no mesmo bairro pobre no que Víctor crecera. Con su mejor vestido bien planchado, iba temblando de ansiedad sus lágrimas corrían a los lejos gemidos de perros y de bocinas el parque estaba oscuro y la ciudad dormía.
Apenas quince años y su vida marchita el hogar la aplastaba y el colegio aburría en pasillos de radios su corazón latía deslumbrando sus ojos los ídolos del día.
Los fríos traficantes de sueños en revistas que de la juventud engordan y profitan torcieron sus anhelos y le dieron mentiras la dicha embotellada, amor y fantasía.
Apenas quince años y su vida marchita...
Huyó, Carmencita murió en sus sienes la rosa sangró partió a encontrar su ultima ilusión.
La muchacha ignoraba que la envenenarían que toda aquella fábula no le pertenecía, conocer ese mundo de marihuana y piscina con Braniff International viajar a la alegría.
Su mundo era aquél, aquél del barrio Pila de calles aplastadas, llenas de griterías su casa estrecha y baja, ayudar la cocina mientras agonizaba otros se enriquecían.
Los diarios comentaron: causa desconocida... MOVIL OIL SPECIALNo ano 1967 o clima político de Chile parecia reclamar unha revoluzón. O descontente provocado polo governo de Frei aumentaba rapidamente. Unha expresión externa de dito mal-estar foi a demanda dunha reforma univesitária, que principiou no 67 no máis elitista e reaccionário de todos os centros de estudo, a Universidade Católica de Santiago. Os movimentos xuvenís de finais dos sesenta tamén existian en Chile, se ben a rebeldia dos peiteados, moda e comportamentos sexuais foi bastante tardia, a influéncia da verdadeira revoluzón que se fixera en Cuba amostrou-se, afortunadamente, muito máis potente e directa. As universidades chilenas non satisfacian as necesidades do país. Os programas de estudo e a investigazón pasaran a depender cada vez máis de subsídios estranxeiros e do governo norteamericano. Tanto Víctor como os membros de Quilapayun e Inti-Illimani formaron parte do movimento a prol da reforma. As suas canzóns eran coreadas nas manifestazóns, nas que participaban, as cais eran reprimidas polo Grupo Móvil, meiante gases lacrimoxéneos e chorros de auga a presión. O Grupo Móvil –a brigada da policia especial chilena adestrada para reprimir as manifestazóns- devia os seus métodos e equipazón aos EEUU, do mesmo xeito que as armas empregadas en 1965 nunha aldea norteña de El Salvador, para asasinar mineiros, foran axuda dos EEUU. Destas experiéncias xurdiu esta canzón que Víctor compuxo, e que cantaba con Quilapayun. O seu título é un xogo de palavras baseado no nome da brigada anti-distúrbios e o de certa multinacional cuxa presenza en Chile era mui notória. Converteu-se nunha das canzóns da reforma. A versión maís coñecida foi gravada posteriormente engadindo como son de fondo o balbordo dunha manifestazón e o estourido de granadas. Los estudiantes chilenos y latinoamericanos se tomaron de las manos matatiretirundín. En este hermoso jardín a momios y dinosaurios los jóvenes revolucionaurios han dicho basta por fin. ¡Basta!
Que viene el guanaco y detrás los pacos la bomba adelante la paralizante también la purgante, y la hilarante. ¡Ay qué son cargantes estos vigilantes!
El joven secundario y el universitario, con el joven proletario, quieren revolución.
En la Universidad se lucha por la reforma para poner en la horma al beato y al nacional.
Somos los reformistas, los revolucionarios, los antiimperialistas, de la Universidad. PREGUNTAS POR PUERTO MONTTÁs 7 da maña do domingo 9 de marzo de 1969, por orde do ministro de Interior, Edmundo Pérez Zúcovic, douscentos cincuenta policias armados atacaron a un grupo de noventa e unha famílias que ocuparan un anaco de terra, Pampa Irigoin, sita a tres quilómetros da cidade Puerto Montt. Os campesiños, todos eles sen fogar, ocuparan habia cinco dias o terreno pertencente á família Irigoin. Fartos de viveren peor que os animais, coidaron que meiante esta toma as autoridades repararian na sua difícil situazón. Mais a resposta de Pérez Zúcovic, acaudalado home de negócios pertencente ao Partido Democristao e responsável do Grupo Móvil, consistui en ordear á policia que “cumprira co seu dever” de expulsar aos campesiños. Guindaron granadas lacrimoxéneas e, de seguido, dispararon coas metralladoras, para, finalmente, incendiar as chouzas. Sete campesiños morreron e un neno de 9 meses perdeu a vida asfixiado polos gases. Sesenta resultaron feridos, a meirande parte no peito e no ventre. Ao ler a nova en Santiago, Víctor colleu imediatamente a guitarra e compuxo este tema de acusazón contra Pérez Zúcovic. A Federazón de Estudantes e os sindicatos convocaron unha grande manifestazón de protesta para o xoves 13 de marzo. Máis de 100.000 persoas escoitaron a canzón que Víctor interpretaba por vez primeira. Coas pernas tensas e separadas, cantando como se a sua vida dependera diso, ante unha maré de rostos que se perdian no horizonte. Muy bien, voy a preguntar por ti, por ti, por aquel, por ti que quedaste solo y el que murió sin saber.
Murió sin saber porqué le acribillaban el pecho luchando por el derecho y un suelo para vivir.
¡Ay! Qué ser más infeliz el que mandó disparar sabiendo como evitar una matanza tan vil. Puerto Montt, oh, Puerto Montt, Puerto Montt, oh, Puerto Montt.
Usted debe responder señor Pérez Zujovic porqué al pueblo indefenso contestaron con fusil.
Señor Pérez su conciencia la enterró en un ataúd y no limpiarán sus manos toda la lluvia del sur. LA PLEGÁRIA A UN LABRADOR
Víctor Jara foi convidado ao 1º Festival da Nova Canzón Chilena. Organizado porla recén criada Vice-reitoria de Comunicazóns da Universidade Católica, o Festival converteu-se na primeira confrontazón musical entre duas conceizóns antitéticas do que era a canzón chilena; a nova música, con letras críticas e comprometidas co cámbio revolucionário, e as canzóns “apolíticas”, que daban a impresión de que non facia falla mudar ren. Víctor lanzou-se ao desafio, compoñendo esta canzón, que o xornal direitista El Mercurio cualificou de “explosiva”. La plegaria a un labrador é unha chamada aos campesiños, aos que cultivan a terra coas suas maos e producen os seus frutos. Escrita ao xeito de PaiNoso, mais coa direrenza de que aqúi non hai un redentor supremo, senón que é o próprio povo quen se salvará a si próprio. A inspirazón de “La plegaria a un labrador” corresponde a unha época de optimismo e compromiso na que unha grande multitude traballaba por unha causa común. Cantou-na Víctor por primeira vez no Estádio de Chile, o mesmo estádio no que, catro anos depóis, seria asasinado. Levántate y mira la montaña de donde viene el viento, el sol y el agua. Tú que manejas el curso de los ríos, tú que sembraste el vuelo de tu alma. Levántate y mírate las manos, para crecer estréchala a tu hermano, juntos iremos unidos en la sangre; hoy es el tiempo que pude ser mañana.
Líbranos de aquel que nos domina en la miseria, tráenos tu reino de justicia e igualdad; sopla como el viento la flor de la quebrada, limpia como el fuego el cañón de mi fusil; hágase por fin tu voluntad aquí en la tierra, danos tu fuerza y tu valor al combatir; sopla como el viento la flor de la quebrada, limpia como el fuego el cañón de mi fusil. Levántate y mírate las manos, para crecer estréchala a tu hermano. Juntos iremos unidos en la sangre, ahora y en la hora de nuestra muerte, amén. EL ALMA LLENA DE BANDERASEn setembro de 1970 houbo eleizóns presidenciais en Chile. As forzas progresistas formaron unha alianza que, sob o nome de Unidad Popular, xuntaba a comunistas, cristaos, social-demócratas e independentes. O candidato á presidéncia foi Salvador Allende. A campaña eleitorial incremetou en muito a tensión entre clases en Chile. Os fascistas sostiñan grupos paramilitares tanto nas cidades como nas zonas rurais, e traian armamento da Arxentina, co silenzo clómpice do governo Frei. Houbo manifestazóns constantes contra o terrorismo fascista, e nunha destas marchas foi asasinado, cando contaba con 18 anos, Miguel Ángel Aguilera, membro da Brigada Ramona Parra. Acudira á mifestazón convocada polo seu sindicato e, mentres falaba tranquilamente cun grupo de camaradas, foi asasinado a sangue frio por un policia mesturado na multitude. O funeral converteu-se nunha marcha masiva de centos de miles de persoas, que encheron a ancha avenida que conducia ao cemitério, carregadas de ira e determinazón. Víctor compuxo esta canzón en homenaxe a Miguel Ángle Aguilera, na que capta á perfeizón aquel fervor e expresa o sentimento dunha luita na que hai que afrontar incluso a morte. Ahí, debajo de la tierra no éstas dormido hermano, compañero. Tu corazón oye brotar la primavera, que como tú soplando irá en los vientos. Ahí, enterrado cara al sol la nueva tierra cubre tu semilla. La raíz profunda se hundirá y nacerá la flor del nuevo día. A tus pies heridos llegarán las manos del humilde, llegarán sembrando. Tu muerte muchas vidas traerá que hacia donde tú ibas marcharán cantando.
Allí donde se oculta el criminal tu nombre brinda al rico muchos nombres. El que quemó tus alas al volar no apagará el fuego de los pobres. Aquí, hermano, aquí sobre la tierra el alma se nos llena de banderas que avanzan. Aquí, hermano, aquí sobre la tierra el alma se nos llena de banderas que avanzan contra el miedo, que avanzan, venceremos, venceremos. ABRE LA VENTANACoa vitória da Unidad Popular abriu-se un perido de esperanza para as clases populares. Habia ministros da clase traballadora, disolvera-se o Grupo Movil, iniciara-se a distribuzón gratuita de leite a todos os nenos e nenas en idade de crecimento para tentar frear a desnutrizón. O povo sentia-se feliz e confiaba na posibilidade de acadar calquer cousa que se propuxer. A oposizón semellaba izar a bandeira branca da rendizón. Luis Corvalán, Secretário Xeral do Partido Comunista Chileno, resumiu o espírito do momento cando nunha reunión de masas, pronunciando un discurso, dixo: “A casa é vosa…”, sinalando que chegara a hora de que a masa traballadora acedera ao Poder, que fose responsável do seu próprio país e gozase del. Abre la ventana, dirixida a unha muller das povoazóns, reflicte esta idea. María, abre la ventana y deja que el sol alumbre por todos los rincones de tu casa. María, mira hacia afuera nuestra vida no ha sido hecha para rodearla de sombras y tristezas.
María ya ves, no basta nacer, crecer, amar, para encontrar la felicidad. Pasó lo más cruel, ahora tus ojos se llenan de luz y tus manos de miel tus manos de miel tus manos de miel María...
Tu risa brota como la mañana brota en el jardín. María. Tu risa brota como la mañana brota en el jardín. María.
BRP
Durante a campaña eleitoral do 70, e como xeito de compensar a influéncia dos meios de comunicazón, fortemente orientados contra da Unidad Popular, nace unha nova expresión de arte popular. Princípia co rudimentário garavateo de consignas e símbolos nas paredes. Dada a urxéncia da campaña eleitoral, a rapaidez era primordial, pois todo aquel que fixera pintadas a prol da Unidad Popular corria o risco de ser agredido por gavelas de direitistas ou arrestado pola policia. En todo Chile naceron equipas para pintar paredes. Na noite saian grupos con monos manchados de pintura e cascos protectores, ás veces a pe, mais normalmente nalgún vello camión que permitira unha rápida fuxida. A primeira e máis famosa foi a Brigada Ramona Parra, BRP, organizada pola Juventud Comunista. Este tema, con música de Celso Garrido Lecca –distinguido compositor que daba aulas na universidade- e con letra de Víctor, constitue unha homenaxe a estas brigadas pintoras que de comezar escrebendo simples lendas, pasaron a criar enormes e complicados murais. Os viciños participaban nas discusións sobre o contido e tamén na execuzón dos murais. Muchacho chileno fulgor de la nueva brigada las calles del pueblo despiertan con tu claridad.
Tu brocha es el canto que pinta el azul del cielo que llena la patria de luz, amor y fraternidad.
Joven camarada que construyes tu esperanza alumbras los muros con rojo grito de libertad.
Tu camino esconde noche y dolor ansia y valor tendido alli quedaste, de polvo y sangre creció la flor que tu dejaste escribiendo el aire, camarada ¡adelante!. NI CHICHA NI LIMONÁMália gañar a Unidad Popular as eleizóns presidenciais do 70, esta atopaba-se en minoria tanto no Senado como na Cámara dos Deputados. As seguintes eleizóns parlamentares non coincidian coas presidenciais, e a seguinte posibilidade de alterar o poder na lexislatura só se produciria en marzo do 73, onde a Unidad Popular acadaria maioria absoluta. Mais por agora eran os democristaos os que dominaban, xa que destes dependia o resultado das votazóns. Neste contexto é presizo entender esta canzón. A letra burla-se da xente que nadaba entre duas augas, temerosa de se comprometer coa Unidad Popular, incluso co fin de opor-se á sedizón da direita. Era un tema, xa que logo, dirixido aos democristaos, que se vian obrigados a afrontar tan crucial decisión. A voz de Víctor invade as radios en aquel preciso momento, co pegadizo estribillo no que acusaba a certa xente de non ser “nada, ni chicha ni limoná” e convidaba-os a se uniren a el “donde las papas queman”. Víctor perguntou-se sempre se realmente convencera a alguén para que cambiara o seu voto. Arrímese mas pa' ca aquí donde el sol calienta, si uste' ya está acostumbrado a andar dando volteretas y ningún daño le hará estar donde las papas queman.
Usted no es na' ni chicha ni limoná se la pasa manoseando caramba zamba su dignidad.
La fiesta ya ha comenzao y la cosa está que arde uste' que era el más quedao se quiere adueñar del baile total a los olfatillos no hay olor que se les escape.
Si queremos más fiestoca primero hay que trabajar y tendremos pa' toítos abrigo, pan y amistad y si usted no está de acuerdo es cuestión de uste' nomás la cosa va pa' delante y no piensa recular. LAS CASITAS DEL BARRIO ALTOCando Víctor viaxou aos EEUU, no 68, escoitou na voz de Pete Seeger a canzón “Little boxes”, de Malvina Reynolds. Víctor, coa axuda da compañeira inglesa Joan, traduciu a canzón e adaitou-na á realidade chilena. A suave sátira sobre a vida nas casas en fileira con vistas a San Francisco, da versión orixinal, amplia-se muito máis na versión de Víctor, que centraba o tema nos bairros altos de Santiago de Chile. Engadiu un verso que borraba os sorrisos, referido aos pistoleiros da direita que paseaban nos seus minis e que convertian nun deporte o asasinato de xenerais. En efeito, na canzón, cando di: “asesina a generales(...)”, esta-se a referir ao atentado que lle custou a vida a René Schneider, xeneral do exército chileno que, após o primeiro trunfo eleitoral da Unidad Popular, se puxo sen reservas do lado do recén governo eleito. Este verso produce un sinistro contraste coa vivaz polca da melodia. Posteriormente, a própria Malvina falaria favoravelmente sobre a “elevazón política” da sua canzón. Víctor atacaba á direita utilizando como arma o humor. Las casitas del barrio alto con rejas y antejardín, una preciosa entrada de autos esperando un Peugeot.
Hay rosadas, verdecitas, blanquitas y celestitas, las casitas del barrio alto todas hechas con recipol.
Y las gentes de las casitas se sonríen y se visitan. Van juntitos al supermarket y todos tienen un televisor.
Hay dentistas, comerciantes, latifundistas y traficantes, abogados y rentistas y todos visten polycron. (y todos triunfan con prolén)
Juegan bridge, toman martini-dry y los niños son rubiecitos y con otros rubiecitos van juntitos al colegio high.
Y el hijito de su papi luego va a la universidad comenzando su problemática y la intríngulis social.
Fuma pitillos en Austin mini, juega con bombas y con política, asesina generales, y es un gángster de la sedición. LUCHÍNTodos os anos, en xuño, o mes máis frio do ano, producian-se grandes tormentas, con furiosos vendavais e chuvias torrenciais. Milleiros de famílias ficaban sen nada, centos de crianzas morrian de frio ou pneumonia. Sen tomar o governo medidas drásticas para socorrer ás vítimas e evitar que se repetira a traxédia, co governo popular a resposta tiña que ser distinta. Organizazóns governamentais, sindicatos e incluso a universidade mobilizaron-se para a axuda. Foi necesário evacuar ás crianzas ás faculdades. Un dos pícaros que chegou a un dos recintos universitários foi Luchín. Estaba gravemente enfermo de pleuresia e precisaba atenzóns dia e noite. Vivia nunha choupana enlamada coa sua numerosa família. Un cabalo, única posesión de valor da família e fonte do seu precário sustento, compartia o único cuarto. Luchín necesitaba unha longa convalecéncia antes de que pudera voltar cos seus, de xeito que Víctor e Joan, atendendo ao requerimento dos pais do cativo, coidaron-no na sua casa durante algunhas semanas. Frágil como un volantín en los techos de Barrancas jugaba el niño Luchín con sus manitos moradas con la pelota de trapo con el gato y con el perro el caballo lo miraba.
En el agua de sus ojos se bañaba el verde claro gateaba a su corta edad con el potito embarrado con la pelota de trapo con el gato y con el perro el caballo lo miraba.
El caballo era otro juego en aquel pequeño espacio y al animal parecía le gustaba ese trabajo con la pelota de trapo con el gato y con el perro y con Luchito mojado.
Si hay niños como Luchín que comen tierra y gusanos abramos todas las jaulas pa' que vuelen como pájaros con la pelota de trapo con el gato y con el perro y también con el caballo.
HERMINDA DE LA VICTORIANo inverno de 1972 comezou un proxecto ambicioso: traballar conforme á sua conviczón de que “a mellor escola para o canto é a vida”. O resultado foi a gravazón do disco La población. Cun magnetófone e a sua guitarra, Víctor pasou semanas enteiras traballando en Herminda de la Victoria. Entrevistou a mulleres e homes que formaran parte do povoado orixinal e atravesaran o drama de proxectar e executar a operazón de ocupar a terra. En Herminda de la Victoria, a compañeira Ana contou-lle como vivian con anterioridade nas beiras do rio Mapocho, en terras que se asulagaban todas as primaveras, cando os rios crecian cos desxelos dos Andes. Desesperados polas condizóns a que estaban submetidos, decidiron tomar medidas drásticas. Mulleres e homes carregaron as suas pertenzas en carretas ou en atados que levaban encol das suas costas, coas crianzas envoltas en mantas para protexé-los do frio. Na noite desplegaron-se ao longo dunha zanxa, agardando a un sinal, dispostos a correr para se instalar en certas posizóns pre-fixadas. Tras o sinal, botaron a correr, mais alguén os deltara á policia. Ouviron-se disparos mais nada podia deté-los. Unha crianza foi alcanzada por unha bala. Chamaba-se Herminda. Como lembranza a esta nena, a povoazón foi baptizada Herminada de la Victoria. Herminda de la Victoria murió sin haber luchado derecho se fue a la gloria con el pecho atravesado.
Las balas de los mandados mataron a la inocente lloraban madres y hermanos en el medio de la gente.
Hermanos se hicieron todos, hermanos en la desgracia peleando contra los lobos peleando por una casa.
Herminda de la Victoria nació en el medio del barro creció como mariposa en un terreno tomado.
Hicimos la población y han llovido tres inviernos, Herminda en el corazón guardaremos tu recuerdo. LA CARPA DE LA COLIGÚILLASVíctor escoitou, da boca das mulleres e homes da povoazón, como levantaran a mesma, e a sua luita por obter auga potável e electricidade. Unha das primeiras chouzas en erguer-se en Herminda de la Victória fora construida por un grupo de prostitutas. Víctor foi falar con elas para lles perguntar que opinaban sobre a sua forma de subsiténcia. A animada canzón resultante foi unha espécie de conversa entre elas e o resto dos povoadores. A quién estai esperando en esa carpa llovida si están todos trabajando compañera coligüilla.
Yo espero y mi compañera espera lo que yo espero 'tamos todas esperando que llegue un joven soltero.
El día que nos vinimos para tomar el terreno se armaron algunas rachas, pero esta carpa primero.
Y naiden que venga a esta carpa saldrá lo mismo que entró aquí se quitan las ganas los que no tienen amor.
Hay que ver las coligüillas se instalaron religero es que tenían clientes antes de tener terreno.
A 'onde vaiga la gente vamos nosotras y pue'en pagar lo que sea sea viejo o sea rosca. EL HOMBRE ES UN CREADOR Outro personaxe que aparece no disco é o “maestro Chasquilla”, o típico factotum chileno, o home que sen educazón formal aprende mecánica, capintaria, construzón,… El hombre es un creador, coa sua leda melodia, que se tocaba con un papel e un pente, semella resumir a eséncia desa
habilidade para sobreviver á adversidade, habilidade muito máis poderosa, como remata a canzón, “ahora que somos muchos”.
Igualito que otros tantos de niño aprendí a sudar, no conocí las escuelas ni supe lo que es jugar. Me sacaban de la cama por la mañana temprano. Al laito e'mi papa fui creciendo en el trabajo
Con mi pura habilidad me las dí de carpintero de estucador y albañil de gasfiter y tornero, puchas que seria güeño haber tenío instrucción porque de todo elemento el hombre es un creador.
Yo le levanto una casa o le construyo un camino le pongo sabor al vino le saco humito a la fábrica. Voy al fondo de la tierra y conquisto las alturas, camino por las estrellas y hago surco a la espesura.
Aprendí el vocabulario del amo, dueño y patrón, me mataron tantas veces por levantarles la voz, pero del suelo me paro, porque me prestan las manos, porque ahora no estoy solo, porque ahora somos tantos.
VENCEREMOS
Durante a campaña das eleizóns presidenciais de 1970, chegou-se a conclusión de que era necesário contar cunha marcha para dita campaña, e así naceu “Venceremos”. Sergio Ortega compuxo a música, e Víctor fixo a letra da primeira versión.
A gravazón fixo-se á noite, nun estudo instalado nun soto. Participaron músicos de vários grupos, que acompañaron a Víctor cantando os retornelos. A produzón e distribuzón correu a cárrego da DICAP (Discoteca do Canto Popular), compañía discográfica alternativa criada pola Juventud Comunista, para contrarrestar ás compañias ianquis.
Posteriormente, a letra foi remodelada e converteu-se no hino da Unidad Popular.
Desde el hondo crisol de la patria se levanta el clamor popular. Ya se anuncia la nueva alborada, todo Chile comienza a cantar.
Recordando al soldado valiente, cuyo ejemplo lo hiciera inmortal, enfrentemos primero a la muerte, traicionar a la patria jamás.
Venceremos, venceremos, mil cadenas habrá que romper, venceremos, venceremos, la miseria sabremos vencer.
Venceremos, venceremos, mil cadenas habrá que romper, venceremos, venceremos, la miseria sabremos vencer.
Campesinos, soldados, mineros, la mujer de la patria también,
estudiantes, empleados y obreros, cumpliremos con nuestro deber. Sembraremos las tierras de gloria, socialista será el porvenir. Todos juntos seremos la historia, a cumplir, a cumplir, a cumplir.
Venceremos, venceremos, mil cadenas habrá que romper, venceremos, venceremos, la miseria sabremos vencer.
Música: Sergio Ortega Letra desta versión: Claudio Iturra
OS ASASINOS DA DIREITA NON FORON QUEN DE CALAR A VOZ DE VÍCTOR JARA
Cando Víctor levaba catro dias de sufrimento detido no Estádio de Chile, o militar que levaba o mando do campo de concentrazón, alcumado El Príncipe, após golpear e insultar a Víctor, dixo-lle: “Canta agora se podes, fillo de puta”. Despóis de catro dias de tortura a voz de Víctor soou no estádio para cantar un verso de Venceremos. Deseguido foi novamente golpeado de xeito selvaxe. Era xa pouco o tempo que lle ficaba con vida. Alí, sentado nas bancadas, garavateou ás presas o seu derradeiro poema, no que tentou rexistrar parte do horror que a direita estaba exercitando, co fin de que o mundo coñecera a realidade. Cando un grupo de garda foi buscá-lo, tivo tempo de pasar o papeliño a un camarada sentado ao seu carón, e este agachou-no no calcetín. Cada un dos amigos tentou memorizar o poema para sacá-lo do estádio. Non o volveron ver.
Somos cinco mil en esta pequeña parte de la ciudad. Somos cinco mil ¿cuantos seremos en total en las ciudades y en todo el pais? Sólo aquí, diez mil manos que siembran y hacen andar las fabricas. Cuanta humanidad con hambre, frío, pánico, dolor, presión moral, terror y locura. Seis de los nuestros se perdieron en el espacio de las estrellas. Un muerto, un golpeado como jamás creí se podria golpear a un ser humano. Los otros cuatro quisieron quitarse todos los temores, uno saltando al vacío, otro golpeandose la cabeza contra el muro, pero todos con la mirada fija de la muerte. ¡Qué espanto causa el rostro del fascismo! Llevan a cabo sus planes con precisión artera sin importarles nada.
La sangre para ellos son medallas. La matanza es acto de heroísmo. ¿Es éste el mundo que creaste, Dios mio? ¿Para esto tus siete días de asombro y de trabajo? En estas cuatro murallas sólo existen un número que no progresa, que lentamente querrá más la muerte. Pero de pronto me golpea la conciencia y veo esta marea sin latido, pero con el pulso de las maquinas y los militares mostrando su rostro de matrona lleno de dulzura. ¿Y México, Cuba y el mundo? ¡Que griten esta ignominia! Somos diez mil manos menos que no producen. ¿Cuantos somos en toda la patria? la sangre del compañero Presidente golpea más fuerte que bombas y metrallas. Asi golpeará nuestro puño nuevamente. ¡Canto qué mal me sales cuando tengo que cantar espanto! Espanto como el que vivo como el que muero, espanto. De verme entre tanto y tantos momentos del infinito en que el silencio y el grito son las metas de este canto. Lo que vi, lo que he sentido y lo que siento hará brotar el momento...
Estadio de Chile Setembro de 1973 [1] Sobre imperialismo cultural dos EEUU en Chile nos anos anteriores ao golpe de Pinochet, e concretamente no papel das bandas deseñadas da empresa de Walt Disney, consultar: Para leer al Pato Donald. Comunicación de masa y colonialismo.Ariel Dorfman , Armand Mattelart. 1973. Etiquetas: América Latina |