Parlamento de Italia: defensa da Revolución de Outubro
24/11/2007
A segunda cadea de televisión da RAI, TG2, emitiu unha insultante reportaxe verbo da Revolución de Outubro onde se comparaba o comunismo co fascismo, na liña das campañas de revisión da historia do punto de vista burgués. O deputado de Partito Rifondazione Comunista, Fosco Giannini, realiza unha apaixonada defensa da Revolución de Outubro no parlamento italiano. Malia que este partido é parte do problema e non da solución, por ser socialdemócrata e burgués, partícipe do actual goberno italiano e, xa que logo, defensor do criminal sistema capitalista, e sabendo que xente como Giannini, son directos responsábeis da case total destrución do outrora vigoroso movemento comunista italiano, temos que recoñecer que, agás detalles dos que non gustamos, a intervención é brillante e valente, mesmo emocionante. Magoa que só sexan verbas...
Após a trancrición podedes escoitar a canción Per i moiti di Reggio Emilia, de Fausto Amoedi, que lembra os asasinatos de cinco comunistas en Reggio Emilia en 1960, feitos mencionados na intervención de Giannini.
A gravación da intervención de Giannini e a súa transcrición ao galego.
"Señor Presidente, onte pola noite, na Tg2-"Parte-2", ás 20:30 horas, emitiron unha reportaxe sobre a Revolución de Outubro.
¡Afirmo de maneira resolta, forte e claramente que este programa foi unha vergonza!
Que se diga explicitamente, Señor Presidente, que a Revolución de Outubro foi só un golpe de estado sanguento, que puxo final á revolución verdadeira, á menchevique; que provocou só un novo tsarismo; que inzou a Rusia de sangue e violencia; que exportou pola forza o horror ao mundo; que a Revolución de Outubro favoreceu o xurdimento do fascismo na Italia; que o mesmo nazismo naceu para combater o monstro do comunismo; que a historia demostrou que o comunismo e o nazismo son a mesma cousa; que -finalmente- o comunismo "manipulara" aos campesiños e aos obreiros italianos.
E para dar forza a tal afirmación, o programa pechou coas imaxes dos traballadores italianos nas manifestacións dos anos 50 e 60 coas bandeiras vermellas.
Póñome en pé, Señor Presidente, como se puxo en pé o campesiño Di Vittorio fronte aos amos da terra; póñome en pé sen quitar o chapeu para dicir a todos que esta reportaxe de televisión vai contra a democracia, contra a historia e contra a civilización.
A Revolución de Outubro é un dos acontecementos máis grandes da historia da humanidade. E, superando o capitalismo, demostrou que, dunha vez por todas, a todos os pobos oprimidos, ao proletariado do mundo enteiro, que as relacións de produción capitalistas non son naturais e, polo tanto, tampouco eternas e inmutábeis.
Demostrou que a explotación do home e a muller polo home e a muller non é un destino ineludíbel; ¡que os amos -como a aristocracia francesa- non son fillos de deus!
¡A Revolución de Outubro, Señor Presidente, non favoreceu ao fascismo, senón que derrotou o nazifascismo e empurrou ás masas masacradas -a nivel mundial- a liberarse do colonialismo, da explotación e das ditaduras fascistas!
E a grande loita obreira e campesiñas deste país foron posíbeis tamén grazas aos ideais acesos da Revolución de Outubro!
O comunismo -díxose- sería igual ao nazifascismo. ¡Vergonzoso!
Vemos hoxe coma onte -e sempre se verá- a diferenza: aínda hoxe os fascistas e a dereita son os representantes e os fieis criados do poder económico e dos señores da guerra; e, como os nazis no seu tempo, odian aos diferentes, aos inmigrantes e aos comunistas!
Non, o comunismo e a esquerda, como sempre, pola natureza dos nosos ideais, estamos do lado da paz e dos traballadores.
Déixeme responder a tanta vergoña, Señor Presidente, déixeme falar co corazón: viva a Revolución de Outubro! Viva Antonio Gramsci! Viva Giuseppe Di Vittorio*! Vivan os mortos de Reggio Emilia**! Viva o Socialismo!"
*Giuseppe Di Vittorio (1892-1957), de procedencia campesiña, foi dirixente do Partido Comunista Italiano e da Confederadión Xeral Italiana do Traballo. Formou nas Brigadas Internacionais e foi representante do PCI na Internacional Comunista. Acabou abrazando as posturas revisionistas que conduciron a crise actual do comunismo italiano.
**Alusión aos asasinados na cidade de Reggio Emilia pola represión do goberno de coalición democratacristiá-fascista liderado por Tramboni. O fascista MSI, en xullo de 1960, elixiu celebrar o seu Congreso en Xénova, cidade símbolo da resistencia antifascista. A esta clara provocación respondeu a poboación con protestas xeneralizadas en varias cidades. O 7 de xullo, durante unha manifestación sindical, cinco obreiros de Reggio Emilia , todos eles do PCI, son asasinados pola policía. Os seus nomes son: Lauro Ferioli, Ovidio Franchi, Emilio Reverberi, Marino Serri e Afro Tondelli. O cantante Fausto Amodei inmortalizou estes feitos na súa famosa canción: “Per i morti di Reggio Emilia”.
Per i morti di Reggio Emilia Fausto Amodei
Compagno cittadino fratello partigiano teniamoci per mano in questi giorni tristi Di nuovo a reggio Emilia di nuovo la` in Sicilia son morti dei compagni per mano dei fascisti
Di nuovo come un tempo sovra l'Italia intera Fischia il vento infuria la bufera
A diciannove anni e` morto Ovidio Franchi per quelli che son stanchi o sono ancora incerti Lauro Farioli e` morto per riparare al torto di chi si è gia` scordato di Duccio Galimberti
Son morti sui vent'anni per il nostro domani Son morti come vecchi partigiani
Marino Serri e` morto e` morto Afro Tondelli ma gli occhi dei fratelli si son tenuti asciutti Compagni sia ben chiaro che questo sangue amaro versato a Reggio Emilia e` sangue di noi tutti
Sangue del nostro sangue nervi dei nostri nervi Come fu quello dei Fratelli Cervi
Il solo vero amico che abbiamo al fianco adesso e` sempre quello stesso che fu con noi in montagna Ed il nemico attuale e` sempre ancora eguale a quel che combattemmo sui nostri monti e in Spagna
Uguale la canzone che abbiamo da cantare Scarpe rotte eppur bisogna andare
Compagno Ovidio Franchi, compagno Afro Tondelli e voi Marino Serri, Reverberi e Farioli Dovremo tutti quanti aver d'ora in avanti voialtri al nostro fianco per non sentirci soli
Morti di Reggio Emilia uscite dalla fossa fuori a cantar con noi Bandiera Rossa!
Para mim sem duvida foi emocionante demais,pois tenho o mesmo nome Vilmo Oliver Franchi,moro em santo andre sp Brasil.No Brasil sou militante politico desde 1972,sempre lutando por uma sociedade socialista.E dificil mas nao podemos nos curvar ao capitalismo.No Brasil a ultima empresa que trabalhei foi na Ford em Sao Bernardo do campo,fui membro eleito por duas vezes na cipa e duas vezes na comissao de fabrica dos trabalhadores da Ford.Em 1986 eu e outros companheiros fomos afastados e processados.So consegui um novo emprego apos 19 anos em 05/09/2005Veja como e bela a democracia no brasil,tenho um processo de anistia desde 1992 e ate hoje nao tem definiçao,pois o problema e politico os amigos do rei foram os primeiros a conseguirem.Nao tenha duvidas continuarei na minha luta junto aos trabalhadores pois tenho certeza que um dia ela trasformara essa sociedade em uma sociedade socialista,pois ´´A que endorecer sempre porem perder a ternura jamais.Como adoraria um dia junto com minha companheira poder conhecer esse que tambem e meu pais.Saudaçoes Socialistas ate breve.tel 011-34392488 ou 011-73239509
Muito obrigado pelo seu comentário. Ter leitores como voçé sáo os que nos animam a continuar o modesto trabalho que desenvolvemos em Estoutras Notas Políticas.
Excelente "post". Nom sabia desa peza musical. Emocionou-me muito. Graças!