|
10 de marzo, o berro que nunca esmorece
|
09/03/2008 |

Publicado no portal da FPG
Hai 36 anos, nun dez de marzo, as feridas de bala poducidas polas forzas de ocupación españolas nos corpos de varios fillos do proletariado de Galiza asasinaban a Amador Rei e Daniel Niebla, obreiros galegos. Comezaba aquí unha xeira de resistencia antifascista, antiimperialista e patriótica que perdura até o día de hoxe. Na lembranza destes dous compañeiros caídos constituímonos en pobo traballador galego consciente de si mesmo. O berro de Ferrol, Vigo, e de toda Galiza, un berro unitario e ceibe, removeu ás forzas opresoras e ás súas múltiples gadoupas. A clase obreira galega organizada e consciente de si mesma preocupou daquela, e segue a preocupar agora a quen explota e aldraxa o noso País. É por iso que o poder segue a nos querer vender a moto, repetíndose mil veces coma aquel ministro nazi, de que a loita de clases xa é anacrónica, nin existe, nin ten sentido.
Pero dende aquel 1972, e incluso dende antes, a nós, limpos de conciencia e ceibes de pensamento, non nos enganan con peroratas e mentiras. Non nos enganan porque ese “anacronismo” da loita de clases sentímolo a diario, desempregad@s, precari@s, mocidade estudante e asalariada, mulleres obreiras, migrantes que saen e entran, anciás que viven case na indixencia tras toda unha vida de duro traballo, minorías raciais,… é dicir, as multitudes, o proletariado, as clases populares. Por iso xuramos seguir dando guerra.
Para o noso Partido esta data indícanos o camiño a seguir na loita pola nosa emancipación como clase e como nación: organización, formación e acumulación de forzas no camiño da revolución nacional popular.
Aquí, hai 20 anos e tamén nun dez de marzo, presentábase perante o pobo galego a que será até hoxe a máis importante e lonxeva entidade organizativa da esquerda independentista galega, e que constitúe agora mesmo a organización política nacional do independentismo revolucionario de clase: a Frente Popular Galega. Non nacía da nada, tiña raíces ben profundas nas primeiras expresións do independentismo contemporáneo: a UPG histórica, o PGP, Galicia Ceibe (OLN) e o PCLN.
Agora, todas e todos os que facemos parte da FPG e do seu círculo simpatizante temos a obriga de ollar cara atrás, analisar estes 20 anos de combate incesante, correxir os erros e mellorar os acertos, e tirar cara adiante con afouteza e intelixencia para seguir garantindo a dirección obreira e a compoñente de clase na dura loita pola liberdade da nosa nación: a loita por unha Galiza independente nun planeta comunista, sen oprimidas/os nin opresoras/es.
Viva Galiza ceibe e socialista! Adiante a FPG! Ler máisEtiquetas: GZ |
  |
|
|
|
|
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.