
ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)
Agora que o Estado Imperialista Español (EIE), por medio do seu brazo mediático, está a nos bombardear coas vulneracións dos dereitos humanos, torturas e negacións do dereito de autodeterminación que cometen outros estados, desde ADIANTE temos o deber internacionalista de denunciar estas mesmas violacións, cometidas polo EIE moito máis preto de aquí.
Cada vez é máis duro e silencioso o estado de excepción en Euskal Herria. Centos de moz@s son secuestrad@s case a diario en todos os herrialdes bascos, son levad@s a comisaría, torturad@s impunemente e mesmo, no caso das mozas, agredidas sexualmente.
Como organización xuvenil comunista e independentista voltamos a denunciar na rúa e nos IES de Galiza as continuas agresións do poder imperial-capitalista contra a mocidade traballadora. Etiquetas: Euskal Herria |
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.