Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

1927: a primeira delegación sindical norteamericana na URSS entrevístase con Stalin
08/10/2008
Visitaba por vez primeira unha delegación sindical norteamericana a Terra dos Soviets. Non eran comunistas, máis ben moderados dirixentes sindicais. Tiveron a oportunidade de entrevistarse con Stalin. Este tamén aproveitou para informarse sobre a realidade sindical e obreira dos Estados Unidos. Falaron de partido único vs. multipartidismo, das achegas de Lenin aos principios de Marx e Engels, do papel do partido na URSS fronte ao papel dos ‘gabinetes na sombra’ nos estados burgueses, da relixión, do movemento obreiro na URSS e nos Estados Unidos, dos sindicatos, dos dereitos nacionais, etc.

Fronte ao cinismo dos políticos burgueses, asombra a claridade coa que Stalin se enfronta as preguntas dos delegados estadounidenses. Para mostra, así fala da relixión:

«O Partido non pode ser neutral cos prexuízos relixiosos, e continuará a loitar contra estes prexuízos, porque este é o mellor xeito de minar a influencia do clero reaccionario, quen defende ás clases explotadoras e predica a submisión a estas clases.

O Partido non pode ser neutral cos propagandistas dos prexuízos relixiosos, co clero reaccionario, que envelenan as mentes das masas traballadoras.

Reprimimos ao clero reaccionario? Si, facémolo. A única cousa desafortunada é que aínda non foron eliminados completamente. A propaganda antirrelixiosa é o medio que fará posíbel levar a cabo a eliminación completa do clero reaccionario. Algunhas veces hai casos de membros do Partido que obstaculizan o pleno desenvolvemento da propaganda antirrelixiosa. Se estes membros son expulsados, é algo moi positivo, porque non hai lugar para estes ‘comunistas’ nas fileiras do noso Partido.»

Convidamos ao lector a ler esta entrevista mutua porque realmente paga a pena.

Prema na imaxe ou AQUÍ para descargar ou visualizar en formato PDF este traballo.
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com