DESCARGAR
Como subvencionou o Goberno estadounidense á industria pesada e de guerra de Alemaña até o último momento.
Como Francia e Inglaterra se negaron á seguridade colectiva e a resistir a agresión nazi.
Como as tres potencias imperialistas buscaron que Hitler atacara á Unión Soviética.
Como a Unión Soviética foi a única potencia que, desde un primeiro momento, pulou por organizar a seguridade colectiva e frear a agresión nazi.
Como Francia, Inglaterra e os Estados Unidos asinaron pactos secretos con Hitler para o reparto do mundo, mentres os nazis xa comezaran a súa agresión.
Como a Unión Soviética foi a única potencia que soubo cumprir cos deberes e obrigas dos Estados Aliados.
Como o Pacto de non-agresión xermano-soviético foi o último recurso para acabar cos nazis e impedir a escravitude colonial de moitas nacións.
Etc, etc.
Todas estas cuestións teñen resposta neste memorando que a Oficina de Información Soviética elaborou en febreiro de 1948. Non existía até hoxe unha versión en galego, polo que nos sentimos orgullosos deste traballo, fundamental para poder entender o curso, non xa só da Segunda Guerra Mundial, senón tamén da historia de boa parte do século XX. Que nós saibamos, tampouco existe tradución ao castelán, agás unha parcial (1 dos 4 apartados que conforman o total) publicada polo portal Antorcha.
«Por suposto, os falsificadores da historia e os calumniadores non respectan os feitos -precisamente por iso son alcumados como falsificadores e calumniadores. Prefiren as inxurias e as calumnias. Porén, non hai ningunha razón para dubidar de que, ao final, estes señores terán que recoñecer unha verdade universalmente coñecida: a inxuria e a calumnia perecen, os feitos sobreviven.» |