Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Longa vida aos mártires da Frota da Liberdade de Gaza!
01/06/2010

Partido Comunista da Gran Bretaña (Marxista-Leninista)
31/05/10

A primeiras horas desta mañá, en augas internacionais a unhas 100 millas da costa de Gaza, un comando israelí abordou unha pacífica frota naval de axuda que se dirixía a Gaza.

Aínda non se coñece o número exacto de vítimas, mais polo de agora son 16 os mortos confirmados, posibelmente 20 os voluntarios a bordo da nave Mavi Marmara, os asasinados polas forzas israelís, quen usaron fogo real contra os ocupantes do barco. Decenas foron feridos e todos os pasaxeiros secuestrados nun lugar descoñecido en Israel.

Os 800 voluntarios que tentaban entregar 10.000 toneladas de axuda a Gaza son de 40 países, e entre eles hai parlamentarios, xornalistas, mulleres, nenos e anciáns. Corenta membros da frota son ingleses.

A frota cargaba produtos esencias para os palestinos debido ao bloqueo ilegal. Incluía 2.100 toneladas de cemento, 600 toneladas de barras de ferro e 150 toneladas de ferro, todo o necesario para a reconstrución de vivendas e infraestruturas destruídas polo brutal masacre israelí entre o 8 de decembro e o 9 de xaneiro, que deixou máis de 1.417 palestinos mortes e 5.000 feridos, moitos deles mutilados.

A frota tamén transportaba 18 xeradores de electricidade grandes e 80 pequenos, 50 casas prefabricadas grandes e 40 pequenas, 16 xogos completos de equipamento para patios escolares, material deportivo incluíndo balóns de fútbol e baloncesto, material médico valorado en un millón de dólares, incluíndo un equipo completo de odontoloxía, material informático... Tamén transportaba material escolar como pinturas, bolígrafos e 20 toneladas de papel; tamén roupa e alimentos, incluíndo chocolate para as crianzas de Gaza, actualmente prohibido por Israel.

O pasaxeiro máis pequeno do Mavi Marmara é un neno de un ano; o maior, un líder palestino de 80 anos, quen lembra vivamente a Nakba de 1948, cando Israel masacrou miles de civís palestinos e mandou a centos de miles ao exilio. Sesenta e dous anos despois, malia todas as resolucións da ONU condenando a Israel e esixindo o dereito ao retorno dos refuxiados políticos, eles e os seus descendentes continúan a vivir nos campamentos de refuxiados.

Os voluntarios e activistas pola paz da Frota da Liberdade de Gaza non levan armas. O seu poder non reside nas armas senón na súa determinación de actuaren cando os gobernos se negaron. Solidarizándose cos seus irmáns e irmás palestinos, contra a brutalidade israelí, a ocupación ilegal de Palestina e contra o castigo colectivo contra 1,7 millóns de persoas (máis da metade crianzas) que viven en estado de sitio, recadaron diñeiro nas súas comunidades para levaren axuda humanitaria á asediada poboación de Gaza.

Os voluntarios da frota representan á humanidade. Defenden o dereito internacional que Israel, os EUA e Inglaterra burlan impunemente en Palestina, Iraq e Afganistán (por citar só tres exemplos). E forman parte dun crecente movemento internacional que lle di a Israel que o mundo non vai estar do seu lado, que non vai permitir que o asedio teña éxito e que o pobo palestino viva na servidume.

É importante que a Frota da Liberdade conta co apoio do Director da Axencia das Nación Unidas para os Refuxiados Palestinos (UNWRA), John Ging, quen afirma que Gaza merece a mesma axuda internacional urxente que Haití.

Antes de partir a frota, afirmou: «Pensamos que Israel non interceptará estas embarcacións porque o mar é libre, e outras organizacións de dereitos humanos tiveron éxito en operacións semellantes, demostrando que rachar o asedio de Gaza é posíbel». Embora demostrar un optimismo fóra de lugar, este apoio aberto dunha figura influínte dentro da propia ONU, evidencia o grao de illamento que actualmente ten Israel.

George Galloway, reaccionando as informacións sobre o asalto desta mañá, describiuno como «un dos ataques máis covardes contra traballadores humanitarios dos últimos tempos», afirmando que «os entullos da Frota da Liberdade é o que fica da reputación de Israel como membro da comunidade internacional».

Caoimhe Butterly, activista do movemento Gaza Libre, mediante videoconferencia, fixo un chamamento á acción: «É esencial que se entenda que esta Frota é lexítima, que estamos tratando de defendermos o dereito internacional, que temos o apoio do mundo e o que estamos a facer son... as accións que os nosos gobernos deben facer mais non fan.

«No silencio e na complicidade directa dos noso gobernos, o pobo lidera e os líderes arrástranse detrás...

«Apoiando esta Frota, estase apoiando a resistencia diaria, a fortaleza e a tenacidade do pobo palestino e o seu rexeitamento a estar dividido. Debemos redobrar esforzos. Temos de comprender que a urxente situación de Gaza require da nosa acción, demanda mobilizacións, e debemos estar dispostos a arriscarnos e facer parte do sacrificio que os nosos irmás e irmáns palestinos se ven obrigados a levar a cabo diariamente.

«É unha honra formar parte desta loita. É unha honra unirse a un pobo que continúa a resistir nunha condicións que farían claudicar á maioría da xente. Así que, por favor, mobilicémonos e amosemos a nosa solidariedade coa loita do pobo palestino. É hora de actuar».

O PCGB-ML envía o seu máis sentido pésame ás familias dos valentes voluntarios mortos e as nosas condolencias aos feridos e as súas familias. Compartimos a angustia de todos aqueles que teñen amigos e familiares a bordo dos buques cuxo estado e paradoiro actual se descoñece.

Unímonos a todos os pobos amantes da liberdade e da xustiza do mundo na demanda da inmediata liberación dos centos de voluntarios desarmados apresados polos piratas israelís.

Que o sacrificio dos nosos compañeiros non sexa en van. Comprometéronse a seguir indo até a fin do asedio a Gaza. Asumamos o seu compromiso. Que non teñan paz os gobernantes israelís –ou os seus patrocinadores en Washington e Londres-, mentres os voluntarios permanezan presos ou mentres se manteña o asedio sobre Gaza.

E animémonos pensando que con este último acto de barbarie, Israel puxo outro cravo no seu propio cadaleito, dando un enorme paso no camiño da súa propia autodestrución.

Enviamos un saúdo roxo a todos os activistas que están tomando parte nesta loita contra a dominación imperialista do Medio Oriente. Lembremos as inmortais verbas de Joe Hill: «Non chorar, organizar!»

Vivan os mártires da Frota da Liberdade de Gaza!
Nin un respiro aos belicistas!
Viva Palestina!

Ler máis
1 Comments:
  • At 6/21/2010 11:25:00 da manhã, Anonymous Milo said…

    Este é outro partido que me gusta. Pouco teño lido del polo tema do inglés, pero hai algunhas páxinas nas que teño visto artigos moi interesantes.
    Se me podedes recomendar sitios onde estén traducidos máis textos sería de agradecer.
    Un saludo.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com