Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Apoiarmos a xusta loita do Pobo Cachemir!
26/08/2010
Mazdoor Ekta Lehar (Voz do Pobo)
Órgano do Comité Central do Partido Comunista Ghadar da India.
Agosto 2010



Nas últimas semanas, as masas de Cachemira, mocidades, homes, mulleres e crianzas saíron ás rúas de Sringar e outras vilas e aldeas do val de Cachemira para protestaren contra o Estado indio. A intensidade e o alcance da súa rebelión medra sen pausa. Enfrontáronse aos disparos da policía e das forzas paramilitares, que deixaron 43 mortes nos últimos 52 días. Sen se deixaren intimidar polas ameazas do exército, organizaron numerosas marchas de bandeiras polas rúas das súas vilas. Facendo caso omiso das tentativas oficiais por impoñeren o toque de queda, cada día son máis os que toman as rúas. Néganse a escoitaren os chamados da administración para “manter a moderación”. A ira da xente diríxese claramente contra o Estado, as súas forzas armadas e os edificios gobernamentais.

A revolta das masas cachemiras é a máis clara refutación de que a situación en Cachemira vai “normalizándose” e que o pobo está “canso” das protestas, sendo estas cousa dunha gavela de exaltados “separatistas” apoiados por Paquistán, idea que, unha e outra vez, o Estado da India e algúns medios de comunicación tentan vender. Unha mentira propagada polo Estado indio co gallo de ignorar as xustas demandas do pobo de Cachemira e perpetuar cinicamente as opresivas condicións que fan a vida imposíbel da poboación.


A última grande onda de axitación en Cachemira non é un feito illado, senón que compre entendelo no contexto das protestas masivas do pasado ano contra a cínica operación do Estado para se facer cargo da terra no nome da Amarnath Yatra, así como a prolongada axitación pola violación e o asasinato de dúas mozas en Shopian. Este ano a xente tamén reaccionou con furia ante o asasinato a sangue frío, a mans de tropas do exército, de tres campesiños. Suceso que o exército tentou vender como o “encontro” con militantes na fronteira.

A simple realidade é que o pobo de Cachemira está farto das constantes atrocidades cometidas pola policía, o exército e as forzas paramilitares: os seus fillos mortos a tiros, homes arrincados dos seus fogares e “desaparecidos”, mulleres violadas... Están fartos de que as súas casas sexan asaltadas todo o tempo, de día e de noite, dos controis policiais que teñen de enfrontar cando tentan ir a calquera parte, á constante intimidación e brutalidade. Sempre que o pobo protesta, as armas de fogo son a resposta. Inclusive os enterros son atacados. Non hai lugar para as reclamacións contra os que cometen atrocidades contra deles.

A xente desta rexión xa padeceu moitos gobernos que veñen e van -o Congreso Nacional Indio, o Partido Democrático Popular, a Conferencia Nacional, e distintas combinacións destes. Comprometéronse todos a faceren xustiza, mais todos eles, sen excepción, cometeron as mesas atrocidades, sen dar respiro á xente. A situación actual demostra que a poboación non está disposta a aturar máis do mesmo. As mentiras, as promesas, as ameazas e os disparos non están a funcionar.


O Estado indio non ve, nin nunca viu, Cachemira como a terra do pobo cachemir, que vive alí desde hai séculos, a desenvolver unha cultura e unha tradicións propias e das que está orgulloso, que ten dereitos inalienábeis. En troca, vírono como un peón no seu xogo xeopolítico na rexión, particularmente nos seus conflitos con Paquistán. O pobo de Cachemira é refén desta enfermiza rivalidade e das ambicións da grande burguesía india, a cal se ve como a indiscutíbel herdeira do imperio que Inglaterra deixou na India. Cachemira só foi vista como un “problema” que debe manterse baixo control coas armas e coas falsas promesas.

Este é o momento para que a clase obreira e os pobos da India dean un paso adiante en apoio do asediado pobo de Cachemira. Compre denunciarmos sen ambaxes toda a brutalidade e a opresión do Estado indio en Cachemira. Temos de esixir unha resposta inmediata ás demandas que o pobo de Cachemira formula incansabelmente: fin á Lei de Poderes Especiais para as Forzas Armadas e outras leis represivas, retirada total do exército e das forzas paramilitares das zonas civís, castigo exemplar para calquera persoa que atente contra o pobo, liberdade de circulación, comunicación e expresión para o pobo de Cachemira. Non haberá discusión libre e pública en Cachemira e na India, incluso no parlamento, sobre a situación do futuro de Cachemira, de non permitir a voz de todas as forzas políticas en Cachemira. A clase obreira e os pobos indios teñen de formular estas demandas con forza e urxencia.

Outrosí, a situación en Cachemira manifesta a necesidade de manter un debate aberto no país sobre os problemas derivados da propia natureza da actual unión india, na que zonas enteiras do país levan padecendo esta represión durante décadas. Compre atoparmos unha nova base sobre a que asentarmos unha unión voluntaria dos pobos, na que os dereitos de todos os pobos sexan respectados e poidan vivir xuntos nunha verdadeira igualdade e dignidade.
1 Comments:
  • At 9/01/2010 10:58:00 da manhã, Anonymous Suso said…

    É realmente increible a cantidade de partidos, que se din, comunistas que hai na India, verdade?
    Este ten boa pita, con este comunicado.

    Adiante a loita do pobo cachemir.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com