Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Sobre a teoría oportunista do Socialismo do Século XXI
01/09/2010










Dimitris Karagiannis

Artigo publicado en decembro de 2009 no xornal do Comité Central do KKE, Rizospastis, do que o autor é membro do Consello Editorial. Tamén se pode atopar na publicación Current Issues of the Communist Movement da mesma organización.







SOBRE A TEORÍA OPORTUNISTA DO SOCIALISMO DO SÉCULO XXI

Os positivos acontecementos que teñen lugar nos últimos tempos en varios países de América Latina (Venezuela, Bolivia, Ecuador, Nicaragua, Uruguai, Paraguai, Chile, Arxentina, Brasil, ultimamente en El Salvador), en distinta medida e profundidade en cada caso, crearon importantes expectativas, mais tamén algunhas confusións no mundo.

A nova situación está definida principalmente pola oposición ao imperialismo dos Estados Unidos, no entanto, isto leva a identificar o concepto de imperialismo cos EUA e a súa caracterización como “imperio”. A cuestión das relacións de dependencia de cada país no marco da interdependencia dentro do sistema imperialista mundial abórdase tamén dunha maneira incorrecta, desde só un lado.

A falta dun enfoque de clase, a necesidade da loita de clases e a confrontación cos intereses do capital son evidentes. Ao tempo, por mor da errada análise do mundo contemporáneo e a prevaleza das influencias oportunistas, a clase burguesa está erroneamente diferenciada entre burguesía nacional e burguesía sometida á influencia estranxeira.

Conque sectores da burguesía, que son propietarios dos medios de produción e controlan a economía, a miúdo participan nas frontes que logran gañar as eleccións sen o obxectivo de derrocaren o capitalismo, senón para mellor promoveren os seus intereses e reclamaren un maior cacho de pastel do conflito co capital, particularmente norteamericano. De feito, isto acontece en todos os países, desde Brasil, Arxentina e Chile, a reclamaren un papel de liderado na rexión, a El Salvador, Ecuador, Bolivia e Venezuela, onde este proceso está máis avanzado.

Este obxectivo da burguesía de cada país, relacionado co nivel de desenvolvemento capitalista, está en consonancia co antiimperialismo e o antiamericanismo espontáneos existentes entre os sectores populares. Constitúe unha resposta ás crueis políticas antipopulares implantadas nas décadas pasadas en todo o continente por forzas políticas ben relacionadas cos monopolios norteamericanos. Ao mesmo tempo, mediante unha intensa propaganda do “Socialismo do século XXI”, especialmente en Venezuela e Bolivia, estase creando unha imaxe deformada do socialismo.

A Nova Teoría é... antiga

Imos examinar esta “nova teoría”presentada como “socialismo do século XXI”, que, non por casualidade, foi adoptada por diversas forzas políticas comprometidas co sistema, reformistas e oportunistas, como o Partido da Esquerda Europea. A autodenominada teoría do “socialismo do século XXI” foi promovida polo sociólogo alemán Hans Dietrich Stefan, que vive e traballa en México desde 1977 e asesorou ao presidente de Venezuela Hugo Chávez.

Esta teoría naceu após a caída dos países socialistas. Baséase na suposición arbitraria de que “o capitalismo e o socialismo real xeraron un enorme déficit de democracia e non resolveron os problemas urxentes da humanidade, como a pobreza, a fame, a explotación, a opresión económica, o sexismo, o racismo, a destrución dos recursos naturais ou a falta dunha democracia verdadeiramente participativa”.

Dietrich e a súa teoría de aniquilar as contribucións do socialismo do século XX, metendo no mesmo saco un sistema baseado na explotación e un sistema que buscaba a construción socialista, sistema este último que reportou grandes logros para a humanidade ademais de facilitar o camiño cara a unha sociedade sen explotación do home polo home. Di esta teoría que “o programa social da burguesía e do proletariado histórico” fracasaron, subliñando que “é hora de superar a cultura da clase dominante cara a unha sociedade global poscapitalista, unha democracia liberal xeneralizada”.

Esta teoría preséntase como o “novo socialismo do século XXI”. Dietrich afirma que se baseará “na economía mixta, nas diversas formas de propiedade (social, cooperativa e privada)”, que, “presuntamente, dará prioridade á propiedade social e “terá a súa base na teoría do valor-traballo de Marx, mentres que os valores producidos serán distribuídos democraticamente a quen os produciren, en contraste cos principios da economía de mercado”.

O carácter utópico e arbitrario desta teoría evidenciase de termos en conta que nunha sociedade en que existe a propiedade privada dos medios de produción, quere dicir, empresas capitalistas, non poden existir prioridades sociais. Dietrich, tentando facer un chisco máis persuasiva a súa artificiosa teoría, afirma que o capital privado se verá forzado, por mor da predominante produción social, a se poñer ao servizo das necesidades dunha sociedade onde “prevalecerá o sector público sobre o privado”.

Tamén vai alén da cuestión da planificación central como un elemento esencial na construción socialista, dicindo que será resolta polas capacidades das novas tecnoloxías. Toda unha mestura de ideas oportunistas e utópicas, xa que non se pode implantar un socialismo mixto ou un socialismo combinado co mercado.

No entanto, esta teoría é tan vella como os primeiros revisionistas do marxismo. Na realidade, quere dar unha cobertura “esquerdista” a un tipo de xestión socialdemócrata do capitalismo. Esta teoría, porén, exerce unha considerábel influencia en sectores populares con pouca experiencia política dos países de América Latina e outros lugares. Tamén fomenta a idea da posibilidade de desenvolver amplas alianzas políticas sen a necesidade de homoxeneidade política, como se for posíbel separar por grandes muros política e ideoloxía.

Unha cuestión chave para entendermos que esta teoría constitúe, na realidade, unha variante da xestión socialdemócrata do capitalismo é o criterio da propiedade dos medios de produción, a análise do punto de vista de clase de a quen serve esta “nova” teoría. A posición oportunista presentado como o “socialismo do século XXI” ignora a cuestión fundamental de que os intereses dos traballadores, das capas populares, son opostos aos da burguesía, aos dos capitalistas, e non se poden emparellar no nome da “democracia participativa e pluralista”; nega o feito da loita de clases ser irreconciliábel.

O Proceso Bolivariano

Desde esta perspectiva cómpre examinarmos o proceso denominado bolivariano en Venezuela, país que desde 1998 facilitou o camiño de cambios a prol dos sectores populares pobres mediante a utilización de importantes ingresos estatais procedentes principalmente do petróleo. Os programas sociais que contribúen para loitar contra o analfabetismo, proporcionar atención sanitaria aos sectores populares, fortalecer as cooperativas, distribuír terras aos campesiños sen terra, mellorar a nutrición a través de tendas estatais con prezos baixos para salvar a especulación do sector alimenticio privado, crear oportunidades de empréstemo e as subvencións ao deporte e á cultura, baséanse nestes ingresos. Nestes programas, a cooperación coa Cuba socialista, estabelecida dese o primeiro momento, é moi importante.

No entanto, este chamado “proceso antiimperialista pola liberación nacional” non conduce a un enfrontamento coa clase burguesa que aínda posúe o control económico. O socialismo do que o presidente de Venezuela fala, adoptado polo Partido Socialista Unificado –un partido interclasista e con diversas tendencias organizado en todo o país- está lonxe de ser socialismo científico.

Nas súas declaracións, Hugo Chávez anima posicións contrarias á ditadura do proletariado e favorábeis a un presunto “socialismo democrático”. A esencia destes posicións é o resultado das influencia da burguesía, enfoques socialdemócratas sobre o socialismo no século XX. Incluso a URSS e países socialistas que coñecemos no século XX aparecen caracterizados como réximes totalitarios e burocráticos, embora a súa contribución para a loita contra o imperialismo, por exemplo en Cuba, ou o apoio aos movementos populares non poden ser ignorados.

A pequena-burguesía e a preservación do capitalismo


Nesta dirección vai a proposta para crear unha chamada “Quinta Internacional Socialista”, actualmente promovida polo Presidente Chávez e o seu partido, como un paso necesario desde a perspectiva do “socialismo do século XXI”. Esta proposta caracterízase por unha grande confusión.

Trátase dunha xeneralización do concepto de antiimperialismo, buscando alianzas político-estatais para manter a corrente de cambio no continente americano mediante a promoción de ideas pouco realistas que non van alén da xestión do capitalismo ou da cooperación mutua dos Estados contrarios ao que se define como “imperio dos Estados Unidos”, mentres se manteñen dentro do marco do sistema dominante. Esta cooperación plásmase nunha unión baseada na solidariedade, a Alianza Bolivariana para as Américas (ALBA), na que participan Venezuela, Cuba, Bolivia, Nicaragua, Ecuador, pequenos países do Caribe –Antigua e Barbuda, Dominica e San Vicente e Granadinas, e Honduras co anterior presidente (agora destituído) Manuel Zelaya que asinara un acordo de cooperación.

Porén, a participación de Cuba socialista non troca o carácter desta alianza interestatal entre países capitalistas. Precisamente polo feito de non constituír unha alianza de países socialistas non podemos falar dun contrapeso real ao imperialismo, e aínda máis de falarmos doutras alianzas como a Unión de Nacións de América do Sur (UNASUR –Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Venezuela, Ecuador, Paraguai, Perú, Surinam, Uruguai e Güiana) onde diversos intereses de Estados burgueses entran en conflito. Ao mesmo tempo, as grandes potencias de América Latina, como Brasil, desenvolve relacións internacionais no BRIC (Brasil, Rusia, India e China).

Por tanto, é evidente que as relacións diplomáticas e a cooperación entre países non pode confundirse con alianzas de carácter socialista. Esta percepción domina no chamado “Compromiso de Caracas”, proposto polo Partido Socialista Unificado de Venezuela, e tamén na proposta de Chávez pola “Quinta Internacional”.

O socialismo, como comunismo inmaturo, é a sociedade na que a clase obreira e os seus aliados teñen o poder (a súa definición científica é ditadura do proletariado), un requisito previo para a abolición da propiedade capitalista dos medios de produción e para a súa socialización. A loita polo socialismo non pode realizarse sen a existencia e a acción do partido revolucionario –como unha organización independente; é o partido da clase obreira, o Partido Comunista que lidera a loita e, asemade, crea alianzas políticas, para combater o imperialismo e os monopolios. A historia demostrou que esta loita será difícil, xa que o imperialismo loita “con uñas e dentes” contra calquera intento de derrocamento revolucionario do sistema de explotación.

Desde esta perspectiva, as posicións que recolle o “Compromiso de Caracas” condenando a violencia en xeral, así como a violencia das forzas revolucionarias militantes, confirman a realidade da esencia socialdemócrata de toda esta proposta, que non recoñece o dereito do pobo a decidir a súas formas de loita.

A discusión xurdida verbo do “novo socialismo” pon en relevo a necesidade de intensificarmos a loita ideolóxico-política, fortalecermos os Partidos Comunistas e crearmos o polo comunista de partidos marxista-leninistas que defenda decididamente os principios da loita de clases, a necesidade da revolución socialista, o derrocamento do capitalismo e a construción do socialismo baseado no poder político da clase obreira, a socialización dos medios de produción, a planificación centralizada e o control obreiro.

Cómpre combatermos todas estas ilusións, confusións e, aínda máis, todas as ideas da pequena burguesía presentadas como “socialismo do século XXI” que se basean no mantemento da propiedade privada dos medios de produción, a denuncia das contribucións positivas da URSS e, en xeral, do socialismo que coñecemos no século XX, así como no rexeitamento das leis da revolución e a construción socialistas, a socialización dos medios de produción, a planificación centralizada da economía e o control obreiro.

1 Comments:
  • At 9/01/2010 11:03:00 da manhã, Anonymous Suso said…

    Moi bo artigo. Xa fai tempo que ando a darlle voltas a iso do socialismo do século xxI. Pareceme un artigo moi interesante para que se empeze a dar un debate sobre esa cuestión á que se abrazan tantas organizacións hoxe en día que non me parece máis que anticomunismo disfrazado.

    Deixemonos de tonterías, nada se socialismo do siglo XXI, senon Socialismo Real!!

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com