Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A REFORMA LABORAL DO PP SERVE AO CAPITAL E GOLPEA SALVAXEMENTE AO POBO TRABALLADOR
20/02/2012
A REFORMA LABORAL É:
  • -Abaratamento do despedimento.
  • -Rebaixa masiva dos salarios.
  • -Vía libre aos Expedientes de Regulación de Emprego.
  • -Novos mecanismos de sobreexplotación da mocidade obreira.
  • -Máis cartos públicos (bonificacións) para a patronal
  • -Ataque ás prestacións por desemprego
  • -Privatización dos servicios públicos de emprego mediante as parasitarias ETTs
  • -Ditadura empresarial nos centros de traballo en materia de xornada, salario e funcións.
  • -Liquidación dos convenios colectivos limitando a súa vixencia, na perspectiva da súa desaparición.
Parte das reformas xa foran antes pactadas coa patronal e os dirixentes sindicais colaboracionistas.

Todas estas medidas van no camiño de abaratar máis aínda a forza de traballo e endurecer a ditadura da patronal . Máis paro, pobreza, unha mocidade sen futuro, unha infancia desnutrida,sobreexplotación da muller traballadora, milleiros de galegos e galegas durmindo na rúa son o auténtico rostro do Capitalismo na nosa época.

Máis paro, escravitude laboral e guerra imperialista son as "solucions" que nos impón o capital para resolver a crise estrutural do seu sistema podre e caduco.

O ataque aos salarios e aos dereitos continuarán mentres os traballadores e as traballadoras non sexamos quen de erguer unha ampla frente obreira unitaria para derrotar as suas políticas.

O reformismo aposta por unha saída a crise dentro do marco capitalista cando esta é imposible. A única salvación, o único xeito de garantir as necesidades básicas do conxunto da poboación, é mediante a expropiación dos monopolios,mediante a organización da economía en proveito da maioría traballadora e non dunha minoría capitalista.

Compre responder a esta salvaxe agresión organizando a unidade e a loita sostida da clase obrera e o pobo pola derrota do sistema capitalista, pola salida do euro, da UE e a OTAN, pola conquista do poder para a maioría traballadora.

Os e as comunistas de FORXA e o PCPE traballamos por organizar e articular a unidade da clase nunha soa frente obreira clasista e combativa, superadora da división en siglas sindicais e calquera outra falsa división da nosa clase, organizada desde os centros de traballo e os sectores produtivos, barrios e localidades, en comités e asembleas contra o Pacto Social co enemigo de clase,, pola unificación de todas as loitas obreiras, pola Folga Xeral.

Os comunistas do PCPE e FORXA chamamos a preparar a FOLGA XERAL DO VINDEIRO 29 DE MARZO celebrando asembleas, concentracións, mitins, manifestacións, axitando amplamente para acadar unha resposta masiva e unitaria danosa clase ao ataque antiobreiro da patronal e os seu gobernos.

Guerra á patronal e aos seus gobernos,
Guerra ao capitalismo
A loitar para liquidar o réxime de explotación
FOLGA XERAL CONTRA O CAPITAL

FORXA!COLECTIVO MARXISTA LENINISTA
PCPE COMUNISTAS DA GALIZA
2 Comments:
  • At 2/20/2012 02:37:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    Estrenam a reforma laboral em Xixón, 5 horas mais de trabalho e um 15% menos de salário.
    http://www.lavozdeasturias.es/dinero/taller-Gijon-estrena-reforma-laboral_0_648535213.html

    Um outro dado, procuremos nom cair enfermos, faltar ao trabalho justificadamente 9 dias em dous meses causa de despedimento
    http://www.20minutos.es/noticia/1306117/0/reforma-laboral/despido-objetivo/enfermedad-inconstitucional/

    29 MARÇO GREVE GERAL
    A luita é o único caminho!

     
  • At 2/22/2012 08:12:00 da manhã, Anonymous Anónimo said…

    Os empresarios xa non precisan de luvas de seda. Tampouco de vaselina.

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com