A Reforma Laboral explicada sen eufemismos aos empresarios, que xa fregan as mans e babean como o can de Pávlov. Unha explicación das novas medidas «que vostede debe coñecer para poder aplicalas ao seu favor». Como o “Despedimento express” («contámoslle como terá que actuar a partir de agora»), os “Despedimentos colectivos sen necesidade de autorización administrativa” («xa non necesitan a autorización da autoridade laboral, nin, en consecuencia, vai ser xa necesario buscar a toda costa o acordo cos representantes dos traballadores»).
Linguaxe directa e clara, sen os subterfuxios dos representantes burgueses cando falan para as clases traballadoras. A Reforma Laboral e as súas consecuencias, explicadas coa maior claridade posíbel. Preman, preman na imaxe e lean.
Ou os rebentamos, ou nos rebentan.
|
Unha bóa publicación.
Tomeime a liberdade de copila a o meu blog.
Espero non che pareza mal.
Saudiña.