Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Comunicado da Organización Revolucionária 2 de Diciembre
24/07/2006


En Estoutras atopan voz aquelas organizacións revolucionárias que non teñen lugar nos meia, incluso en moitos dos que se autodenomian anti-sistema, contra-información, e nomes semellantes. Se un se deixara levar polos meia burgueses e moitos dos "alternativos" chegariamos a conclusión de que tan só o EZLN e o seu moi mediático líder, o Subcomandante Marcos, son os únicos grupos guerrilleiros de México. Non só existen moitisimos grupos máis, senón que moitos deles, a diferéncia do EZLN, loitan por tomar o poder e construir o socialismo.

Comunicado da Organización Revolucionaria 2 de Diciembre - Nueva Brigada Campesina de Ajusticiamento
Diran-me moitos aventureiro, son-no,só que dun xeito diferente,dos que poñen o pelexopara demostrar a verdadeChe Guevara
AO POVO DE MÉXICO.AO POVO DE GUERRERO.AOS POVOS DO MUNDO.
Irmás, irmáns, camaradas: aos poucos meses de que o máis inculto dos mexicanos remate un sexénio como presidente de México, xa podemos tirar algunhas conclusións:
1. Todo o que prometeu na sua campaña foi pura falácia e demagóxia.
2. A entrega total do capital nacional ao estranxeiro, e para poder garantir o mesmo, puxo a funcionar a maquinária militarista coa que tenta evitar calquer gromo de resisténcia popular espontánea e organizada.
3. Como era de supoñer, fortaleceu todos os fios políticos para poder tecer e seguir a reprocucir, via Felipe Calderón Hinojosa, o sistema neoliberal asoballando a vontade popular dos que ainda coidan que a loita eleitoral é unha opción de cámbio a unha vida máis democrática.
Ante estas tres conclusións fixamos unha postura política que manifestamos nos seguintes pontos:
A. O noso alineamento político é a Guerra Popular Prolongada (GPP)
B. O noso obxectivo estratéxico é a toma do poder político e exercendo o poder popular, criar as bases para a construcción dun estado socialista.
C. A nosa via fundamental é a loita armada revolucionária e, en torno a ela, todas as formas de loita.
D. A nosa doutrina filosófica é a ideoloxia marxita-leninista.
Polo tanto, estivemos atentos a todos os acontecimentos que se deron no noso tan castigado povo, entre os que destacamos:
1. Impunidade e insensibilidade governamental ante a traxédia en Pasta de Concho (Coahuila).
2. Represión e asasinato de mineiros (Lázaro Cárdenas Michoacán).
3. Embestida e revanchismo governamental, expresados en asasinatos, desaparcións, violacións e encarceramentos a loitadores sociais que defenden os seus direitos e as suas terras (San Salvadora, Atenco)
4. Brutal agresión e fustigamento que padeceu o maxistério oaxaqueño, unha mostra de organización, resisténcia e, sobretodo, dignidade.
Por outra banda, a nível estatal, a grave corrupción existente no governo do "xinete sen cabeza", estamo-nos a referir a Zeferino Torreblanca Galindo, e nos governos anteriores, que propiciaron que o noso estado marxinado continue a ser un cenário político no que se concentran altos mandos políticos e militares "enfrascados" nunha guerra de narcotráfico, que conleva a militarización en todo o país e, xunto a isto, a tentativa de frear o desenvolvimento do movimento revolucionário.
Noutros termos, mais de igual interese, queremos facer algunhas aclaracións e precisións verbo do comunicado que no seu encabezado leva por nome MANIFESTO Á NACIÓN (1), emitido o 28 de xuño pola Tendencia Democrática Revolucionaria-Ejército del Pueblo (TDR-EP), Movimiento Revolucionario Lucio Cabañas Barrientos (MR-LCB), Colectivo Revolucionario-Francisco Javier Mina (CR-FJM), ORGANIZACIÓN INSURGENTE -1º de Mayo e a última que é a Brigada de Ajusticiamiento-2 de Diciembre BA-2D, o que nos leva a clarexar as confusións e conflitos que despertaron estas siglas nas nosas filas e nas relacións con outras estruturas. Por mor desta polémica xerada na nosa militáncia, colaboradores e simpatizantes, faremos as seguintes precisións:
1- Á nosa militáncia, colaboradores e simpatizantes aclaramos-lles que non somos nós os que asinamos o MANIFESTO Á NACIÓN, datodo o 28 de xuño de 2006, e precisamos que o noso nome e siglas continuan a ser as mesmas desde o noso nacimento o 18 de maio de 2002: ORGANIZACIÓN REVOLUCIONARIA 2 DE DICIEMBRE co seu brazo armado NUEVA BRIGADA CAMPESINA DE AJUSTICIAMIENTO (OR2D-NBCA).
2. Ás estruturas revolucionárias coas que nos coordenamos e relacionamos, así como a todas as estruturas revolucionárias existentes, manifestamos-lles que a nosa estrutura político-militar está disposta a calquer aclaración, e así contribuir a que non exista confusión no transitar da vida revolucionária cotiá.(...)
Para pechar este comunicado, agradecemos o interese e chamamos ao povo a integrar-se na loita armada revolucionária.
Alto á militarización!Apresentación con vida de todos os desaparecidos da guerra suxa!Castigo aos responsáveis!Honra e glória a todos os caidos na masacre de Aguas Blancas e o Charco!Liberade a todos os presos políticos e de conciéncia do país!Solución imedita ao maxistério oaxaqueño!Esclarecimento de todos os feminicídios de Ciudad Juárez e todo o país!
COMANDANTE LUCIO CABAÑAS BARRIENTOSPRESENTE!POR UN GOVERNO POPULAR!VENCER OU MORRER!
ORGANIZACIÓN REVOLUCIONARIA 2 DE DICIEMBRE - NUEVA BRIGADA CAMPESINA DE AJUSTICIAMIENTO
Desde algún lugar da Serra de Guerrero.22 de xullo de 2006
Fonte: Cedema.org

Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com