Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Saúdo das FARC-EP ao XII Congreso do Partido Comunista de Venezuela
24/07/2006


Camaradas delegados do XII Congreso do Partido Comunista de Venezuela, síntese dunha combativa história de resisténcia anti-imperialista e de construcción dunha nova orde social xusta para Venezuela e a nosa América; desde as montañas de Colómiba, receban unha aperta bolivariana, combatente, das Forzas Armadas Revolucionárias de Colómbia, Exército do Povo.En tempos de recolonización neoliberal e de renovadas estratéxias de predomínio do império, a existéncia da República Bolivariana de Venezuela, a loita polo socialismo que libran os seus mellores fillos, e especialmente os comunistas, apresenta-se como esperanzadora alternativa continenal para quen acreditamos no obxectivo posível da Pátria Grande, a independéncia e a xustiza social.
Enorme papel e compromiso o que quen como vostedes participan na conducción do proceso que lidera o Comandante Hugo Rafael Chávez Frías, nesta época na que unha nova onda revolucionária se ergue na nosa América, requerindo a unidade plena de todos os componente da resisténcia, con todas as suas formas de loita de masas, guiados por iniciativas políticas que sexan o máis potento fogo artilleiro contra a opresión.
A prol da existéncia da espécie humana, agora ameazada como nunca pola voracidade desquiciada do imperialismo, o ideário bolivariano, o seu soño posível de Pátria Grande na procura do equilíbiro mundial, son unha crecente convicción que fortalece, agora máis que nunca, os valiosos fundamentos do marxismo-leninismo, como elementos máis característicos da eséncia do PCV. Como dixo Martí, somos fillos dunha mesma espada; desa irmandade e deses valores que sentimos nas conciéncias de vostedes, herdeiros do humanismo máis preclaro e do internacionalismo máis transparente que agroma como solidariedade en todas as épocas, ven-nos a convicción para recoñecé-los como bastión fundamental do proceso de transformación social en Venezuela e o seu tránsito cara ao socialismo. Vemos en vostedes o garante para multiplicar os acertos do camiño andado e o impulso necesário para as rectificacións onde correspondan, en tanto posuen o forza dos princípios que dan forza á loita polo imposível, porque do posível, como di Bolívar, xa se encarregan os demais todos os dias.
Recoñecemos na militáncia comunista de Venezuela a grandeza da sua solidariedade, que non ten fonte diferente que a dos seus princípios criados na forxa dese internacionalismo que non escatimou esforzos para actuar na teoria e na prática a prol da resisténcia do povo comuneiro e a loita armada que encarnan as FARC. Grazas compañeiros e irmáns. Na resisténcia antiimperialista das FARC, nos seus fusís e nas suas ideas, resisten tamén os povos da nosa América. Conten connosco se os falcóns de Washington chegaran agredir ao bravo povo, á esperanza do continente contida na sua revolución.
O Partido Comunista de Venezuela nacido e sostido entre visicitudes de persecución e terror, presentes durante a meirande parte da sua história, foi decantando-se na sua loita cmo importantísima organización que mantén entre as grandes masas a fe no trunfo da xustiza social e a liberdade. Por iso, agora, é baluarte fundamental para o desenvolvimento do proceso revolucionário en Venezuela e no continente, sobretodo cando soubo, con incuestionável independéncia e solidez moral, reestruturar-se, cualificar-se e interpretar as aspiracións populares, que se traducen no anceio por construir o novo país que borre para sempre os sobexos da IV República.
Felicitamos o fortalecimento organizativo, ideolóxico e disciplinar do PCV, especialmente neste século que princípia, subordinando á causa que lidera á sua Dirección, a unha militáncia que, sen dúvida, está dando exemplo de rectitude e firmeza, aspectos tan necesários en tempos de ameazas imperialistas e de contrarrevolución axenciadas por oligarcas e oportunistas.
Sobresae o papel xogado polo PCV ao identificar e sinalar de xeito valeroso a barbárie fascista que, para o seu miserento benefício, poténcia o império contra o heroico povo de Iraq, contra Palesinta e contra os povos do mundo que loitan contra o seu terror e as suas chantaxes; mais especialmente valioso para a nosa causa grancolombiana foi o seu enfrontamento co cinismo, o terrorismo e cruenta voracidade do monstro que desangra a Colómbia, advertindo-o como alimária que avanza non só contra a terra de José Antonio Galán, senón contra os povos dignos da nosa América. Sen esquecer, lóxicamente, que nesta cena o uribismo non é máis que un dos tentáculos do império contra Venezuela. É evidente que os cipaios de Washington conspiran contra a Revolución Bolivariana de xeitos diveros, e despregaron pola fronteira aos seus sicários que, incluso, chegaron a Caracas. Álvaro Uribe, governante feroz destas terras, é unha extensión do Comando Sulo dos EE.UU. Diso non hai dúvida, como tampouco a hai do convencimento que o PCV mostrou ter desa realidade e da necesidade de continuar xuntos a loita pola liberación total e definitiva do continente.
Fortalecidos sairon os comunistas venezolanos nestes anos de revolución, actuantes na sua xénese e na sua defensa permanente, valerosos nos tempos de crise, formando parte da avangarda no ámbito ideolóxico e na batalla da rua, no espazo interno e no do internacionalismo de maneira decidida, firme e intachável: sen pensar en reformar a propriedade privada, senón en proscrebé-la; non en paliar os antagonismo de clase, senón en abolir as clases; non en maquillar a sociedade existente, senón en destruir a vella máquina do Estado até rematar coa explotación do home polo home; coa mesma abnegación das orixes, coa mesma abnegación que caracterizou a militantes do peso de Pedro Ortega, a quen rendemos homenaxe, e que tan xenuinamente simboliza esta nova xerazón de combatentes pola liberdade, que representa o Comité Central encabezado polo Camarada Óscar Figueras.
Fraternalmente,
Forzas Armadas Revolucionárias de Colómbia FARC, Exército do Povo.
Polo socialismo e Pátria Grande: Viva o marxismo-leninismo!Viva o internacionalismo e a solidariedade bolivariana!Viva o Partido Comunista de Venezuela!
Montañas de Colómbia, xullo de 2006.
Fonte: http://www.anncol.org/es/site/index.php

Ler máis

Etiquetas:

2 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com