Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Arxentina: Por unha coordenadora combativa
24/08/2006



Comunicado da Tendéncia Clasista "29 de Maio", agosto de 2006.

A "Tendéncia Clasista "29 de Maio" é unha correnta cos seus próprios princípios clasistas e revolucionários.
Sostemos que a clase obreira non só deve pelexar polas suas reclamacións imediatas, senón tamén para rematar coa explotación do home polo home e a dependéncia do país a mans do imperialismo.
O principal é que estas bandeiras sexan tomadas polos próprios traballadores, polo que o noso esforzo central está posto en ligar á TC29 con estas bases.
Mais tamén é importante unir esforzos con outras correntes para estruturar unha nova dirección combativa e planes de loita conxuntos. Diriximo-nos por iso a Adiunsa(1) de Salta, Comisión Provisória de ATE(2) Rio Túrbio, Gráficos de Córdoba, Interna de Astilleros Rio Grande, Cerámicas Zanón, Brukman e outras fábricas recuperadas, Ferroviários de Zona Oeste de Buenos Aires, MUP20(3), MTR(4), FDU(5), FB19(6), CTD AV(7), UTD(8) de General Mosconi, MP29 de Mayo(9) e outras agrupacións, listas antiburocráticas e asembleas de bairro.

Propomos unha COORDENADORA SINDICAL E PIQUETEIRA, que teña un programa mínimo de mobilización:

1. Aumento dos salários, das xubilacións, das pensións e dos Planos Xefes de Fogar Desocupados como xeito de unir traballadores ocupados e desocupados.

2. Traballo xenuino e criazón dun millón de empregos en base á obra pública, a reestatización das empresas privatizadas e o apoio creditício oficial ás Pemes.

3. Entrega de garrafas, alimentos, medicamentos e terras aos traballadores desocupados e aos sectores máis necesitados como os povos orixinários.

4. Anulación do sistema de AFJP(10) e ART(11). Previsión social estatal e por seguridade e hixiene no traballo. Castigo aos culpáveis da morte de 14 mineiros en Santa Cruz.

5. Pola recuperación do património nacional do petróleo-gas-enerxia, os ferrocarrís, o Correo e demáis servizos privatizados, sen indemnizacións, impedindo tarifazos e con control dos traballadores e técnicos. Pola estatización da banca e o comércio exterior. Medidas efectivas contra os polvos explotadores de cereais e contra a estranxerización da terra en mans de Benetton, Soros, etc.

6. Por unha cultura nacional, popular, de masas e de calidade, en contra das deformacións e dependéncias que nos queren impor o imperialismo, os cipáios nativos e os grandes méios de comunicación que eles dominan.

7. Non pago da déveda externa e ruptura co FMI e o Banco Mundial. Financiar, con este aforro, a reactivación económica, a criazón do millón de empregos e a duplicación dos orzamentos de saúde e educación. Non ás leis de "responsabilidade fiscal" e de coparticipación, reclamadas polo FMI.

8. Liberdade aos presos políticos populares, amnistia aos tres mil loitadores procesados, cárcere aos xenocidas, represores e ladróns do país. Non á criminalización da protesta social. Xustiza como peden os familiares de vítimas do "gatillo fácil". Castigo aos asasinos de Kosteki e Santillán e demáis crimes policiais cometidos contra o povo. Fora Valleca da Policia Federal. Non ao Código Contravencional represivo impulsado por Macri e aceitado no esencial por Ibarra. A seguridade que necesita o povo non é a "man dura" que propón Blumberg, a dereita fascista e a dereita peronista de Ruckauf.


Dario Santillán entre os seus asasinos


9. Que non se complete o envio de tropas a Haití e que regresen os efectivos que xa foron a ese país irmán por petición de Bush. Pola solidariedade cos povos bloqueados e agredidos polo imperialismo, que afectan a Cuba, Venezuela e Irak. Non ao ALCA e aos operativos militares con tropas dos Estados Unidos. Pola recuperación da soberania arxentina sobre Malvinas e a atención que merecen os ex combatentes.

10. Por unha Frente Política Popular que impulse a loita para criar un governo dos traballadores e o povo, un governo que tome medidas antiimperialistas e democráticas para sair da crise.

Sobre estas bases, máis as aportacións que se propoñan, pode-se formar unha COORDENADORA SINDICAL E PIQUETEIRA que vaia definindo unha axenda mobilizadora. Por exemplo, no imediato hai que loitar polo gas-petróleo-luz, reclamando a garrafa a 6,10 dólares e, simultáneamente, a estatización de todo o sector enerxético; para frear a lei de responsabilidade fiscal que xa ten meia sanción do Senado; para liberar aos 16 detidos na Lexislatura, etc.
Outro dos temas é superar a situación de relativo illamento piqueteiro por mor de manobras da direita reaccionária, o governo e os erros derivados das conceicións do pseudo piqueteirismo de Parte Norte, FTV(12)-Barrios de Pie e de quen dirixen a ANT ,Polo Obrero e MIJD(13).

A Coordenadora ten que ser un espazo independente desas direccións conciliadoras. Mais non renunciamos a actuar con estes sectores en unidade de acción por pontos do programa mínimo. Neste caso faremo-lo xuntos con sectores da ANT, a CCC(14), o MTD Aníbal Verón, a CTA(15) e até coa FTV como cando asasinaron a "Oso" Cisneros.


Notas:
1. Asociación de Docentes e Investigadores da Universidade Nacional de Salta
2. Asociación de Traballadores do Estado
3. Movimento Unidade Popular 20 de Decembro
4. Movimento Teresa Rodríguez
5. Frente de Desocupados Unidos
6. Frente Barrial 19 de Decembro
7. Coordenadora de Traballadores Desocupados Aníbal Verón
8. Unión de Traballadores Desocupados
9. Movimento Popular 29 de Maio
10. Administradoras de Fondos de Xubilación e Pensións
11. Aseguradora de Riscos de Traballo
12. Federación de Terra e Vivenda
13. Movimento Independente de Xubilados e Desocupados
14. Corriente Clasista e Combativa
15. Central de Traballadores Arxentinos




Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com