Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Cuba antes de Fidel
09/08/2006


Emir Sadir

Fala-se moito da Cuba após Fidel. Falemos un pouco da Cuba de antes de Fidel, e do que esta mudou con Fidel.
En 1989, coidando que o efecto dominó chegaria ao Caribe, toda a imprensa internacional -incluindo a equipa da televisión O Globo-, foi instalar-se na Habana Libre -pensando que se volveria chamar Habana Hilton-, para agardar, diante do Malecón, que caira o rexime socialista. Despois de todo, Cuba existia e sobrevivia soa no meio dunha miséria que a imprensa ocidental cualificaba de infernal, cunha ditadura que faria da illa un "gulag tropical", por mor da axuda soviética. Ao desaparecer da noite á mañá a URSS, o chamado "campo socialista" e a economia internacional planificada na que Cuba estaba integrada, como consecuéncia lóxica, o socialismo tropical provococaria o regreso dos exiliados de Miami e todo volveria ser como nos tempos de Batista.
Naqueles tempos, Cuba era o "traspátio" dos Estados Unidos, o itinerário preferido das vacacións dos estadounidenses, sítio para as localizacións das películas melosas de Holywood, de casinos onde os gansters do Norte estabelecian as suas máis suxas ramificacións, até o ponto de que após a segunda guerra, despois de que a máfia italiana axudara aos "defensores da democracia ocidental" a desembarcar en Sicília para derrotar ao rexime fascista de Mussolini, os capos realizaron unha espécie de congreso internacional no Hotel Nacional de La Habana, para reorganizar o seu lucrativo comércio a nível internacional, redistribuir os novos mercados e limar as suas diferéncias. Al Capone, enfermo, non pudo comparecer, mais o resto estaba alí. Chamaron a un xoven e prometedor cantor branco estadounidense, chamado Frank Sinatra, para que cantara para eles. Durante o congreso houbo unha folda dos empregados do hotel, por atraso no pago dos salários. Os mafiosos pagaron todos os salários atrasados e a paz social volveu reinar no hotel, que foi visitado polo entón Presidente de Cuba, para felicitar-se por aquel evente internacional de prestixiosos empresários vinculados co grande viciño do Norte.
O primiero voo internacional da Pan American (lembran iso?) foi a La Habana. Os novos modelos de carros estadounidenses eran provados primeiros no "traspátio". Os "marines" dos Estados Unidos comportaban-se en La Habana como se todo o país fose un prostíbulo, segundo as preciosas descriciónsdos poemas de Nicolás Guillén. Un amplo plano de construcción dunha rede de hoteis, vinculados directamente con casinos e coa prostitución, estaba a piques de levar-se a cabo con recursos que incluian a participación de xente como Richard Nixon e o próprio Sinatra, entre outros.
"Y en eso llegó Fidel / Se acabó la diversión/ Llegó el Comandante e mandó parar", como principiaron a cantar os cubanos naquela época. Non podia deixar de ser, apartir daquel momento, a vítima preferida do ódio dos ianquis. Sobretodo cando, crendos nas suas lendas, coidaron que poderian derrocar ao novo rexime coa invasión de Baía de Cochinos, que -segundo a imprensa "livre do Norte"- contaria cos ancéios de sublevación do povo cubano para volver ser "livres". A aventura agresiva durou 72 horas, o povo ergueu-se, baixo a dirección de Fidel, contra os invasores. Cuba declarou-se socialista, os presos estadounidenses foron humillantemente canxeados co governo de John Kennedy por medicamentes e compotas para os nenos.
En "Little Havana" refuxian-se os burgueses e contrarrevolucionários derrotados, a rumiar a sua amargura, a votar polos republicanos, a soñar cun pasado que non voltará, a lembrar como un pesadelo que o socialismo cubano chegou para ficar. Dez presidentes dos Estados Unidos dixeron, un tras outro, que ian derrocar ao rexime cubano, porén, todos marcharon derrotados, sen penas nen glórias.
Cuba socialista e Fidel sobreviveron a todos e a todo. Realizaron-se centos de atentados, mais niso tamén fracasou o império. Até a fin do campos socialista foi superada por Cuba. Os recentes acordos estratéxicos con Venezuela e Bolívia, no marco do ALBA, os acordos con China, os descobrimentos de petróleo en Cuba, fan que o rexime se consolide máis, vanza as dificuldades do chamado "periodo especial" apartir da fin da URSS e retome os avances para a construcción do socialismo.
Así era cuba antes de Fidel. E así é con Fidel: o único país do mundo onde ninguén está abandoado, sen protección social, durmindo nas ruas. O primeiro país do mundo en eliminar o analfabetismo. O único país do mundo que pode dicer que toda a povoación alcanzou, cando menos, o noveno grau. O único que ten un sistema de saúde universal, que atende de xeito gratuito a toda a povoación, coa mellor saúde pública do mundo. O país que desafiou ao império a pouco maís de 100 quilómetros da maior poténcia bélica da história da humanidade, reafirmou a sua soberania e a sua vontade de construir unha sociedade xusta e solidária, unha sociedade socialista anticapitalista, unha sociedade socialista.

Fonte: Cubadebate


Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com