Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Escola das Américas: fábrica de fascistas
31/08/2006
A Escola de Asasinos trocou de nome mais vive... e colea

Angenpress.info (30/08/06)
Por: Ernesto Carmona




122 militares chilenos cursan "estudos" este ano na Escola das Américas (School of Americas, SOA), o centro norteamericano que, desde a sua fundación en Panamá, en 1946, ensinou a matar e a torturar a uns 64.000 uniformados de 18 países latinoamericanos. Só en El Salvador dos anos 80 e 90 os graduados da SOA teñen a responsabilidade da morte de 75.000 persoas, sen considerar o resto de América Latina. A cantidade precisa de "estudantes" foi dada pola ministra chilena de Defensa, Vivianne Blanlot, a unha misión de activistas ligados á Orde Maryknoll dos Estados Unidos que loitan contra a versión actual da SOA, o Instituto para a Cooperación en Seguridade do Hemisfério Ocidental (Western Hemisphere Institue for Security Cooperation, WHINSEC), con sede en Fort Benning, Columbus, Georgia, EEUU.


O reverendo Roy Bourgeois é o líder do Observatório Escola das Américas (SOA Watch), unha ONG que propícia a extinción do WHINSEC. Agora encabeza unha misión que percorre América Latina solicitando aos governos que deixen de enviar as suas tropas a instruir-se en Fort Benning. Acompañan-no Lisa Sullivan, Linda Panetta e Carlos Mauricio, vinculados todos á Orde Maryknoll, que en 1980 perdeu en El Salvador a catro relixiosas asasinadas por militares adestrados na SOA-WHINSEC.

A misión Maryknoll viaxou a Chile a solicitar que o governo de Michelle Bachelet cese o envio de militares a Fort Benning, mais a ministra Blanlot afirmou que a sua carteira non é quen para dar-lle ordes ás Forzas Armadas, tan só "SUXERIR-LLE" que deixen de lado á SOA-WHINSEC. Mentres o Exército de Chile semella continuar a funcionar como "un estado dentro do Estado", os activistas contrários á SOA tiveron mellor acollida este ano na Arxentina, Uruguai e Venezuela, cuxos governos decidiron esquecer-se definitivamente da SOA-WHINSEC, coñecida tamén como Escola de Asasinos. O Presidente de Bolívia, Evo Morales, prometeu un distanciamento paulatino.

Nesta xira, os críticos á SOA-WHINSEC, visitaron, tamén, Ecuador, que está en campaña eleitoral presidencial, e Perú, onde acaba de asumir o novo governo de Alán Garcia. En Lima entrevistaron-se con Jorge del Castillo Gálvez, presidente do Consello de Ministros, quen se informou da iniciativa. En xaneiro de 2007, o grupo propon-se continuar a sua campña en Colómbia, Guatemala, Honduras, México, Nicarágua e a República Dominicana.

EFICÁCIA "ACADÉMICA"

O WHINSEC recoñece oficialmente a presenza de 13 chilenos, tan só o 10% dos 122, mais no ministério de Defensa dixeron que anualmente vai completo o 4º curso da Escola Militar Bernardo O'Higgins, que forma a futuros oficiais. Tamén acoden a Fort Benning grupos escollidos de suboficiais e soldados que receben instrucción acelerada por non máis dun mes. Na Escola das Américas adestraron-se maís de 3.500 uniformados chilenos desde 1951.




O WHINSEC declara ter un orzamento anual de 7,5 millóns de dólares para a atención de 700 a 1.000 "estudantes", 6,3 millóns provistos polo ministério de Defensa (Pentágono) e 1,2 polo Departamento de Estado. A sua propaganda corporativa compara eses gastos cos 6 millóns de dólares que custa un só novo tanque M1 Abrams.

O perfeicionamento que oferece SOA-WHINSEC semella ter un alto rendimento "académico". Por exemplo, o tenente do exército chileno Miguel Krassnoff, un dos máis célebres asasinos e torturadores de Augusto Pinochet, aprendeou todo o que sabe nun curos de Contrainsurxéncia Urbana de tan só un mes de duración, desde o 7 de xaneiro ao 8 de fevreiro de 1974, cando a escola ainda funcionaba en Panamá.

A SOA perfeccionou aos uniformados de América Latina avantaxados en matar seres humanos causando-lles o maior sufrimento posível. Polas suas aulas pasaron desde o conronel uruguaio Tomás Casella, extraditado a Chile polo asasinato do desertor da DINA Eugénio Barros, até o mexicano Juan López Ortiz, xefe da matanza de Ocosingo en 1994.



Tamén estudaron alí os altos oficiais venezolanos que participaron no golpe do 11 de abril de 2002, en colaboración con Otto Reich, quen ocupou un posto do consello visitante da SOA, entre outros Efrain Vásquez, quen chegou a comandante xeneral do exército, e o xeneral Ramírez Poveda. A SOA converteu-se no WHINSEC en 2001, cando abandonou Panamá para se reinstalar en Georgia.

XENTE NO CAMIÑO

Nos Estados Unidos hai 19 activistas estadounidense presos por loitar pola desaparción do WHINSEC. O próprio sacerdote Roy Bourgeois estivo catro anos en prisión nos Estados Unidos por manifestar-se e "pisar a liña" que delimitaba o "instituto" en Columbus, antes de que puxeran un valado. Segundo a SOA, 227 manifestantes estiveron en prisión entre 1983 e 2006. No que vai de ano, xa apresaron a 34 activistas. O conxunto de manifestantes encarcerados purgou máis de 90 anos de prisión.

As declaracións dos inculpados nos tribunais son impactantes polo valor de certos estadounidenses dunha decéncia exemplar: "A prisión é dura. Estiven alí e outros estiveron alí. Mais se ir a prisión vai axudar a fechar as portas da Escola das Américas, volvemos! (Roy Bourgeois, en 1996, condenado ademáis en 1983, 1990 e 1998 por actos de resisténcia non violenta en Fort Benning).

"Na história do noso país, o povo dos Estados Unidos foi cómplice do xenocídio acontecido coa nosa própria povoación nativa norteamericana. Nós exportamos a Centro e Sul América ese mesmo tipo de violéncia através de institucións como a Escola das Américas (Sacerdote Hill Bichsel, en 1996, tamén procesado e condenado en 1997 e 1998).

COLÉXIO INTERAMERICANO DE DEFENSA

A Escola das Américas, que funciona baixo o manto da Organización de Estados Americanos (OEA), foi pensada para adestrar tropas, suboficiais e oficiais, máis tamén nos Estados Unidos existe o Coléxio Interamericano de Defensa (CID), outra escola de "envenenamento ideolóxico" exclusiva para altos oficiais latinoamericanos próximos ao degrau de xeneral, explicou o embaixador de Venezuela en Chile, Víctor Delgado Monsalve, coronel retirado da Forza Aérea.

O CID, que tamén funciona baixo o paraugas da OEA, converteu-se na rama educativa da Xunta Interamericana de Defensa, adscrita ao Tratado Interamericano de Asisténcia Recíproca (TIAR). Anualmente convoca aos altos oficiais latinoamericanos que pronto deverian ser ascendidos a xeneral, explicou Delgado durante un encontro cos loitadores estadounidenses.

O próprio Delgado foi enviado ao curso do CID polo governo de Rafael Caldera, en 1994, para afastá-lo de Venezuela pola sua aberta simpatia con Hugo Chávez, mentres este estaba na prisión polo seu frustrado asalto ao poder do 4 de fevreiro de 1992, e por opinar a prol da tentativa de golpe da Forza Aérea do 27 de novembro dese mesmo ano.

Supon-se que a Xunta Interamericana de Defensa é un organismo auxiliar da OEA, que ten 34 países membros, ainda que sempre está conducida por un xeneral dos Estados Unidos. A comezos dos anos 90, unha vez desaparecidos o campo socialista e a Unión Soviética, os Estados Unidos pulou por converter aos exércitos latinoamericanos nunha forza paramilitar con tarefas policiais "antinarcóticas" e "anti-terroristas" subordinada aos intereses de Washington e para iso instrumentou cursos teóricos na Xunta Interamericana que foron criticados pola maioria dos oficiais venezolanos.

Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com