Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Fidel delega as suas funcións provisóriamente
01/08/2006

O Comandante delega, temporalmente, as suas funcións a Raul Castro. Que non boten foguetes os gusanos vendepátrias de Miami. Coidar que sen Fidel a Revolución cairá é non comprender todo o que significa esta para a illa de Cuba. A cubana é unha socieade cun níveis de coñecimentos envidiáveis (so hai que falar con calquer escolar cubano para decatar-se), unha sociedade que non vai permitir volver aos tempos de colónia bananeira dos EEUU. O Povo Cubano ten o recente exemplo do que para os Estados Unidos significa liberar un povo (Iraq) e tamén os exémplos das "revolucións liberadoras" dos antigos países socialistas. A estruturación da sociedade cubana, o seu alto grau de coñecimento, e os seus éxitos en matéria social non van cair. VIVA CUBA SOCIALISTA! VIVA FIDEL! PÁTRIA OU MORTE! VENCEREMOS!

Mensaxe de Fidel ao Povo de Cuba ao ceder o liderazgo provisóriamente a Raul Castro.
Por mor do enorme esforzo realizado para visitar a cidade arxentina de Córdoba, participar na Reunión do MERCOSUL, na clausura da Cimeira dos Povos e na visita a Altagrácia, a cidade onde viveu o Che na sua infáncia e unido isto a asisitir de imediato á comemoración do 53 aniversário dos asaltos aos cuarteis Moncada e Carlos Manuel de Céspedes, o 26 de xullo de 1953, nas províncias de Granma e Holguín, dias e noites de traballo arreo durmindo pouco deron lugar a que a miña saúde, que resistiu todas as provas, se submetera a un estrés extremo e acabara quebrantando-se.
Isto provocou-me unha crise intestinal aguda con sangamento sostido que me obrigou a efrontar unha complicada operación cirurxica. Todos os detalles deste accidente de saúde constan nas radiografias, endoscópias e materiais filmados. A operación obriga-me a permanecer várias
semanas de repouso, afastado das miñas responsabilidades.
Como o noso país está ameazado en circunstáncias como esta polo Governo dos Estados Unidos, tomei a seguinte decisión:

1. Delego con carácter provisório as miñas funcións como Primeiro Secretário do Comité Central do Partido Comunista de Cuba no Segundo Secretário, compañeiro Raúl Castro Ruz.

2. Delego con carácter provisório as miñas funcións como Comandante en Xefe das heroicas Forzas Armadas da República de Cuba no Primeiro Vicepresidente, compañeiro Raúl Castro Ruz.

4. Delego con carácter provisório as miñas funcións como impulsor principal do Programa Nacional e Internacional de Saúde Pública no Membro do Buró Político e Ministro de Saúde Pública, compañeiro José Ramón Balaguer Cabrera.

5. Delego con carácter provisório as miñas funcións como impulsor principal do Programa Nacional e Internacional de Educación nos compañeiros José Ramón Ventura e Esteban Lazo Hernández, Membros do Buró Político.

6. Delego con carácter provisório as miñas funcións como impulsor principal do Programa Nacional da Revolución Enerxética en Cuba e de colaboración con outros países neste ámbito no compañeiro Carlos Lage Dávila, Membro do Buró Político e Secretário do Comité Exectivo do
Consello de Ministros.

Os fondos correspondentes para estes tres programas, Saúde, Educación e Enerxético, deverán continuar a ser xestionados e priorizados, como viñen fancendo-o persoalmente, polos compañeiros Carlos Lage Dávila, Secretário do Comité Executivo do Consello de Ministros, Francisco Soberón Valdés, Ministro Presidente do Banco Central de Cuba, e Pelipe Pérez Roque, Ministro de Relacións Exteriores, quen me acompañaron nestas xestións e deverán constituir unha comisión para ese obxectivo.
O noso grorioso Partido Comunista, apoiado polas organizacións de masas e todo o povo, ten a misión de asumir a tarefa encomendada nesta Proclama.

A reunión Cimeira do Movimento de Países Non Alineados, a realizar-se entre os dias 11 e 16 de setembro, deverá recever a maior atención do Estado e a Nación cubana para celebrar-se co máximo de brillantez na data acordada.

O 80 aniversário do meu nacimento, que tan xenerosamente miles de personalidades acordaron celebrar o próximo 13 de agosto, prego que se aprace até o 2 de decembro do presente ano, 50 aniversário do Desembarco do Granma.

Pedo ao Comité Central do Partido e á Asemblea Nacional do Poder Popular o apoio máis firme a esta proclama.

Non teño nengunha dúvida de que o noso povo e a nosa Revolución loitarán até a última gota de sangue para defender estas e outras ideas e medidas que sexan necesárias para salvagardar este proceso histórico.

O imperialismo endexamáis poderá esmagar a Cuba.
A batalla de ideas continua.
Viva a Pátria!
Viva a Revolución!
Viva o Socialismo!
Até a Vitória Sempre!

Etiquetas:

Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com