Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Reporteiros Sen Fronteiras... ao servizo do Império
06/08/2006


Robert Ménard, Secretário Xeral de Reporteiros Sen Fronteiras, é unha persoa perfeita para utilizar polo Capital. Posue a vitola de “experto”, que lle confire o seu pasado esquerdista. Após “ver a luz”, este camaleón, utiliza todos os meios dos que dispón, emprestados por nobres organizazóns como a CIA ou persoas da estatura moral de Otto Reich, ganster-embaixador de Bush en Sudamérica e dono de Bacardí.
Reporteiros Sen Fronteiras non ergueu endexamáis a voz para protestar pola situazón de Mumia Abu-Janal, nen, por descontado, a detenzón do xornalista mapuche Pedro Cayuqueo Millaqueo. Ollou para outro lado cando desde a imprensa venezolana se preparou un golpe de estado, mentres atacaba e ataca ao governo bolivariano. Cuba é o seu branco preferido. Ainda que en xeral, calquer movimento progresitas de América do Sul está no seu ponto de mira.

Nesta nova entrada recollemos unha série de artigos onde se fala desta ONG ao servizo do Capital. Tocan-se distintos temas; desde a financiazón, a exemplos concretos do seu proceder fascistoide, pasando por análises do tratamento que fan de Cuba e Venezula, sen dúvida, brancos principais dos seus ataques. Os artigos están recollidos da Red Voltaire, de Rebelion e do Granma.



O PECULIAR CONCEITO DA LIBERDADE DE EXPRESIÓN DE REPORTEIROS SEN FRONTEIRAS
Pascual Serrano
24-XI-2004



Reporteiros Sen Fronteiras fixo público, con motivo da Cimeira Iberoamericana en Costa Rica, un informe sobre a liberdade de imprensa na rexión. O documento, que tamén se plasmou no diário El País en formato de artigo de opinión do presidente da ONG Fernando Castelló o pasado 20 de novembro, confirma a sua teima con Cuba e Venezuela. Indigna-lle a esta organizazón, que conta cun orzamento de catro millóns de dólares de orixe descoñecida mais si imaxinado, que a Constituzón venezolana esixa que a informazón sexa “veraz, oportuna e imparcial”, o que consideran unhas “adxetivazóns restritivas”. A Constituzón venezolana foi aprobada hai catro anos e referendada pola maioria absoluta dos cidadáns no livre exercício da sua democrácia. Ningúen é quen para impor-lhe aos venezolanos unha outra lei.

Fai-se menzón no artigo ao governo de Chávez como “rexime venezolano”, non sabemos mui ben por que se se trata dun sistema de democrácia representativa como o de calquer estado ocidental, coa diferéncia, iso si, de que o presidente non o de gosto dos Estados Unidos. Denúncian a “violéncia verbal amostrada polo Presidente da República”. Paradóxico que a única liberdade de expresión que consideran acaido limitar sexa a do Presidente do país.

Entre as agresións á liberdade de imprensa en Venezuela denúncia RSF o “control oficial de cámbios”, unha medida económica lexítima tomada por un governo e que nada ten a ver coa expresión ou a informazón. Tamén se alarman por unha “perigosa lei sobre o exercício do xornalismo” que esixe titulazón específica e inscrizón nunha asociazón profisional, ou sexa, como calquer outra profisión en calquer outro país. Esquecen ademáis que esta lei está vixente desde decembro de 1994, catro anos antes de que Chávez chega-se ao poder, mais só é agora cando semella resultar preocupante.

Denúncia o presidente de RSF que “unha xornalista está procesada pola xutiza militar”. Refire-se a Patrícia Poleo, cuxa causa foi arquivada pola fiscalia militar o 1 de novembro, é dicer, 19 dias antes da publicazón do artigo en El País. Temo-me que a quen cúmpre protexer en muitas ocasións non sexa aos xornalistas senón aos cidadáns das mentiras dalgúns xornalistas.

Rematan atacando á lei de responsabilidad social de rádio e televisión porque afirman que impón unha censura prévia e sanzóns controladas por un “diretório” designado. A citada lei non está aprobada, nen seguer discutida, na Asemblea Nacional. Algúns dos artigos criticados, como o que RSF denomina “censura prévia” hai tempo que foron retirados. En canto ás sanzóns, esquecen dicer que o que eles chaman “controladas por un diretório” non son outra cousa que asociazóns de cidadáns e colectivos profisionais.Feo papel o de RSF en Venezuela, onde quen morre a diário son os fiscais que investigan aos grandes meios de comunicazón e a sua participazón nos golpes de Estado.

De todos xeitos, pouco rigor podemos agardar dunha organizazón que situa a Cuba no penúltimo lugar do mundo en respeito á liberdade de expresión, mui por detrás de Colómbia onde, como eles mesmos recoñécen, un centenar de xornalistas foron asasinados nos últimos quince anos. Iso si, alí afirman que existe un “pluralismo informativo real”, co pequeno detalle de que “os xornalistas o pagan coas suas vidas”.



MÁIS DE CATRO MILLÓNS DE DÓLARES PARA DESINFORMAR!
Jena Guy Allard
22-III-2005



Nun foro de Internet do semanário francés Le Nouvel Observateur, o Secretário Xeral de Reporteiros Sen Fronteiras, Robert Ménard, confesa ter tres millóns e meio de euros, máis de 4 millóns de dólares, para realizar as suas campañas.

Neste mesmo intecámbio con internautas, Robert Ménard confesou que coñece persoalmente ao axente da CIA Frank Calzón mais, extrañamente, nega os seus lazos con Nancy Pérez Crespo, a xerente mafiosa de fondos da USAID que afirmou na imprensa de Miami orientar as suas campañas en contra do turismo en Cuba.

Canto custa a sua rede de oficinas no mundo?, perguntou un dos numerosos participantes no foro realizado polo sítio www.nouvelobs.com . “O orzamento anual de RSF é da orde de 3,5 millóns de euros”, contestou textualmente Robert Ménard, presidente de Reporteiros Sen Fronteiras. E engade: “a nosa rede de seczóns e de correspondentes deve representar menos do 10% desa cantidade”.

Respostando a unha pregunta sobre a porcentaxe das respeitivas contribuzóns de membros, dos governos “europeos ou norteamericano” ou das empresas privadas, Ménard fai esta asombrosa resposta, matematicamente incomprensível. Analisa: “Máis do 80% do noso orgamento provén da venda dos nosos álbumes de fotos e das poxas que organizamos regularmente. No tocante ao financiamento público, representa menos do 5% dos nosos ingresos. E nada de parte do governo norteamericano”. A resposta carece de toda lóxica. Dous millóns oitocentos mil dólares procedentes da venda de álbumes de fotos e de poxas? Os ingresos das subhastas no próprio sítio web da organizazón son insignificantes: unhas decenas de miles de euros, polo que a venda de álbumes de fotos acadaria millóns de euros. Neste caso, Robert Ménard pode reclamar a sua inscrizón no livro Guinness dos Récords. Porén, esa enorme afirmazón confirma que RSF goza de apoios millonários por parte das caixas ocultas tanto dos donos da imprensa comercial francesa e do mundo global da publicidade, como dos governos europeus e dos EEUU.

Neste sentido, a outra pregunta –“Realizou vosté en Franza campañas contra o turismo en Cuba pensadas en Miami? Quen pagou a conta?- é mui interesante. “As campañas de informazón que realizamos para os turistas que van a Cuba son ideadas pola nosa axéncia Saatchi & Saatchi. E son financiadas polos nosos próprios meios”, resposta o gurú parisino. Sen precisar que Saathi & Saatchi é subsidiária de Publicis, a primeira axéncia publicitária de Franza, a terceira do mundo, que realiza campañas para a US Army, Bacardí e até o Mossad israelí. Publicis é tamén dona dunha subsidiária miamense, Bromley, cuxo dirixente, Aida Levitan acompaña persoalmente a Ménard en París, nos seus mítins anti-cubanos. Bromley é o número un do mercado hispano-norteamericano, con ingresos estimados en 270 millóns de dólares.

Surprende tamén a sua contestazón á pregunta: “Coñece vosté persoalmente a Frank Calzón?” “Absolutamente – resposta- e fai un fantástico traballo para defender aos demócratas cubanos actualmente detidos…” Ménard sempre negou os seus lazos coa CIA. Calzón está tan identificado á CIA como Leonardo da Vinci á Mona Lisa. (…) O problema de Ménard é que o 18 de marzo último, cometeu a imprudéncia de mostrar-se en Bruxelas con Calzón, ante vários deputados da Unión Europea. Xa non pode negar que baila co demo. (…)

A unha referéncia ao caso de José Couso, o camarógrafo asasinado por disparos dos blindados norteamericanos sobre o Hotel Palestina de Bagdad, o 8 de abril de 2003, Ménard, de novo, minte friamente. Á cara. E con insultos: “Decididamente o analfabetismo gaña terreno. Somos unha das poucas organizazóns que consagrou meses enteiros investigando sobre o acontecido no Hotel Palestina. Fixemo-lo con Jean-Paul Mari, xornalista do Nouvel Observateur. Quizais, poderia tomar-se a moléstia de ler este informe que está publicado na nosa páxina de Internet”. Ménard omite dicer que o informe de RSF verbo dos eventos do Hotel Palestina foi denunciado pola família de Couso que o acusa de publicá-lo contra a sua vontade e coa nídia intenzón de defender os intereses norteamericanos. O “investigador” de RSF, Jena Paul Mari, é un amigo persoal do Tenente Coronel Philip de Camp, quen ordeou persoalmente os tiros asasinos. Con incrível cinismo, Ménard pretende ignorar esta situazón.

Porén, cando se lle pergunta se coñece a Nancy Pérez Crespo, quen declarou no diário de Miami Nuevo Herald que RSF ia realizar en París a parte francesa da sua campaña de distribuzón de propaganda contra do turismo en Cuba, Ménard minte descaradamente. “Confeso-lle que este nome nom me di nada agora. De todos xeitos, nós non empregamos a ninguén en Miami e, xa que logo, tampouco a esta dama”. Cando menos confesa que coñeceu a Néstor Baguer en La Habana. Baguer, o vello e respeitado veterán da imprensa cubana, recentemente finado, contaba como, a solicitude dos órgaos cubanos de seguridade, fora “o primeiro representante de RSF en Cuba”, tarefa que lle permitiu acadar un nível elevado de confianza cos axentes de intelixéncia da Seczón de Intereses Norteamericanos en La Habana. “Este señor foi o noso correspondente durante muitos anos antes de separar-nos del”, dixo. Por outra banda, nega maner relazóns particulares coa disidente profisional Zoe Valdés.

Cúmpre lembrar verbo de Ménard e os seus ingresos, que a Commision For Asistance To a Free Cuba – a famosa Comisión norteamericana de “transizón”- anunciou o 6 de maio que aumentaria o apoio “ás ONG’s en determinados países” que se adican a “poñer en relevo os abusos dos direitos humanos en cuba como parte dun amplo esforzo para desalentar as viaxes turísitcas”. A ONG de Ménard, radicada en Franza, consagra-se precisamente, e case sen competéncia algunha, en desencadear campañas orientadas a causar danos á indústria turística cubana.

Tamén anunciou a comisión encabezada por Colin Powell que o orzamento da axuda ás ONG’s mercenárias pasou de 7 a 36 millóns de dólares. Un aumento repentino de 29 millóns de dólares. Outra afirmazón “relevante” de Ménard neste revelador intercámbio.

Un internauta pergunta-lle que actividades realiza RSF a prol de Mumia Abu-Jamal, o xornalista norteamericano encadeado desde hai máis de 20 anos. Ménard, co seu cinismo caraterizador, resposta: “Non fixemos nada e non faremos nada. Non se trata dun tema de liberdade de imprensa”. Así fala o personaxe que toda a imprensa comercial francesa celebra… agochando sistematicamente toda referéncia ás suas escandalosas conexións, tanco coa patronal francesa, como cos servizos especiais norteamericanos, pasando polos capos terroristas da Florida do Sul.



O LADO OCULTO DUNHA ONG CON FRONTEIRAS IDEOLÓXICAS:
REPORTEIROS SEN FRONTEIRAS RECEBE FINANCIAZÓN DOS EEUU
Ernesto Carmona e Diana Barahona
22-III-2005


Reporteiros Sen Fronteiras (RSF) é unha organizazón francesa que di velar pola “liberdade de imprensa” en todo o planeta, particularmente en Cuba, e pésie a obter bastante financiamento do governo francés, tamén está a receber diñeiro da National Endowment for Democracy (NED), un fondo privado cuxos recursos son aprobados polo Congreso e administrados polo Departamento de Estado. A NED “promove a democrácia” en todo o mundo a gosto estadounidense.

A organizazón, conducida polo ex-reporteiro e ex-esquerdista Robert Ménard, tamén recebia fondos do Consello Económico e Social de Nazóns Unidas, mais en xullo de 2003 perdeu o recoñecimento do Comité de ONG’s, tras irrumpir nunha sesión da Comisión de Direitos Humanos con faixas e panfletos alusivos a Cuba.

Tanto o NED como RSF teñen, ademáis, grande inxeréncia en Haití e Venezuela. No país do Bertrand Arístide, o NED financiou os grupos armados de ex-militares duvalieristas que desestabilizaron o país preparando a invasión franco-estadounidense do 29 de fevereiro de 2004, mentres en Venezuela tonifica con dólares frescos as actividades dos grupos que soñan co derrocamento de Hugo Chávez, chegando incluso a promover o seu asasinato.

A comezos de 2004, RSF negou o seu apoio ao xornalista mapuche chileno Predro Cayuqueo, mália intensas xestións persoais realizadas na sua sede de París e na sucursal de Madrid, aducindo que non era un problema de natureza xornalística. Cayuqueo é un periodista con formazón universitária que foi detido pola policia de Carabineros na porta da Universidade La Frontera de Temuco mentres vendia aos estudantes o seu mensuário Azkintuwe, que foi secuestrado. A policia de Carabineros roubou-lle praticamente 200 exemplares que xamáis foron devoltos.

A organizazón de Ménard ten a sua sede en París, onde os seus comunicados de imprensa son distribuidos por Saatchi & Saatchi Worldwide, unha corporazón transnacional de publicidade dependente do Publicis Group SA de Franza, o cuarto grupo mundial no negócio das comunicazóns, cuxo principal cliente é o exército dos Estados Unidos. Publicis é a empresa número un en publicidade en Franza e a terceira de Europa. A sua existéncia é crucial para a supervivéncia de muitos meios galos, ademáis de asegurar resoáncia mediática a RSF. Ménard, tamén, mantén correspondentes en diferentes países, como o xornalista Alejandro Jiménez en Chile.

“Deveria chamar-se “Reporteiros con Camisa”, dixo o periodista chileno Daniel Yáñez após duas semanas de infructuosas xestións en París a prol de Cayuqueo, en fevereiro de 2004. Tampouco prosperaron os esforzos de Tito Dago, correspondente de Inter Press Service e presidente honorário do Club de Prensa de España, quen realizou xestións persoais ante a delegazón en Madrid.

A xornalista estadounidense Diana Barahona, do Northern California Media Guild, buscou informazón sobre o finanzamento norteamericano de RSF e como isto influe nas suas políticas de “denúncia” e “vixiáncia” da “liberdade de imprensa” en países como Iraq, Haití e Venezuela, onde soen esquecer as violazóns que non son do interese dos EEUU (e do Estado francés). Mália non mencionar os constantes ataques de RSF a Cuba, o seu artigo oferece unha minuciosa descrizón da sua parcialidade en Haití e Venezuela, e cuestiona a credibilidade das suas “reportaxes” e “informes”. Ista é a traduzón do artigo “FONDOS GOVERNAMENTAIS MARCAN A OBXECTIVIDADE DE GRUPOS DE IMPRENSA”, de Diana Barahona, publicado no Reportero Gremial de marzo de 2005.

No último ano, as histórias xornalísticas en EEUU sobre liberdade de imprensa citan cada máis o traballo dunha organizazón asentada en París, Reporteiros Sen Fronteiras. De feito, mália o seu pequeno tamaño e caréncia de directivos de alto perfil, RSF acada case o mesmo recoñecimento que o Comité para a Proteczón Xornalística (CPX) de New York, que pode alardear de ter na sua xunta de directores a Walter Cronkite, Dan Rather e a Tom Brokaw.

O certo é que RSF atinxe muitas causas sentidas polos xornalistas estadounidenses. Por exemplo, estivo entre as organizazóns que esixiron máis abertamente ao Pentágono unha investigazón do ataque ao Hotel Palestina no que inexplicavelmente mataron a dous xornalistas. Máis recentemente criticou as demandas xudiciais federais dirixidas a obrigar a revelar as suas fontes a Judith Miller, Matthew Cooper e outros periodistas. Mais a diferenza do CPX, é financiado solidamente con subvenzóns do governo que sementan interrogantes sobre a sua obxectividade. E un exame polo miudo das batallas máis importantes de RSF –e ás outras que ignora- suxiren con forza unha axenda política marcada pola opzón dos seus padriños.

Desafortunadamente, a organizazón aparece pouco disposta a tratar estas inquedanzas: O representante de RSF en New York, Tala Dowlatshahi, deu por finada unha entrevista telefónica cando lle perguntei se a organizazón solicitou o pasado ano algunha outra subvenzón do governo dos EEUU distinta á que xa recebera do National Endowment for Democracy (NED).

RSF en Haití.
Pode que sexa máis notável a óbvia parcialidade política do grupo nos seus informes sobre Haití, O 29 de fevereiro de 2004, RSF expresou o seu apóio ao derrocamento fraco-estadounidense do presidente haitiano Jean-Bertrand Aristide, á mesma hora na que recebia do governo francés o 11% do seu orzamento. Segundo o xornalista e documentalista Kevin Pina, a organizazón documentou selectivamente ataques contra estazóns de rádio da oposizón mentres ignoraba outros ataques contra xornalistas e locutores para criar a impresión dunha violéncia de Estado patrocinado contra os opositores a Aristide. RSF culpou a Aristide dos asasinatos sen resolver de dous xornalistas, chamando-o “depredador da liberdade da imprensa” e celebrou a sua saída nun artigo de xullo de 2004 intitulado “Regresa a liberdade de imprensa: unha vitória que se consolidará”. “Novos ventos de liberdade sopran sobre as estazóns de rádio da capital”, proclamou. Comentou tamén que Aristide –quen non tiña ningún exército- planexaba “chamuscar a terra até a fin”, na crise que escomezou cando 300 paramilitares apareceron armados con M-16 desde a República Dominicana.

Mais RSF mantivo silenzo verbo das consecuéncias sanguentas do golpe, especialmente nos descarados ataques contínuos contra xornalistas. Por exemplo, o grupo non deu a nova da morte do repoteiro de rádio Abdias Jean a mans da policia en xaneiro de 2005, como tampouco notificou o ataque contra o periodista Raoul Santo-Louis, tiroteado o pasado fevereiro, despóis de receber ameazas de morte que agora o manteñen oculto. Nestes feitos, a diferenza da sua campaña contra Arisitide, RSF non culpa ao actual governo de nada.

As histórias contadas na imprensa sobre a perda de apóio de Aristide e a utilizazón de sicários para subter-se no poder foron unha manipulazón deseñada por unha oposizón criada polo Departamento de Estado dos EEUU e polos meios nacionais e internacionais. A versión dos meios –e de RSF- buscou negar que Aristide foi un presidente con enorme popularidade, realzando só aos cidadáns que quixeron rematar co seu mandato. Os opositores a Aristide efectuaron demostrazóns que os meios ampliaban, mentes non facian caso ás marchas favoráveis a Aristide, que eran muito maiores. Ao mesmo temop, o movimento político máis grande do país, Lavalas, foi retratado como unha multitude violenta.

RSF en Venezuela.
RSF atacou e ataca ao presidente venezolano Hugo Chávez, alegando que ameaza aos meios privados. O conflito entre a administrazón Chávez e os meios ven de antes de abril de 2002, cando catro estazóns privadas de televisión de Venezuela axudaron e incitaron ativamente un golpe militar contra o governo. Na noite do golpe, despóis de meses de discursos televisivos anti-Chávez e de chamados para un “governo transitório”, a estazón de Gustavo Cisneros foi a sede das primeiras reunións dos confabulados, incluindo ao breve ditador Pedro Carmona.

O presidente da asociazón de radiodifusores de Venezuela asinou o decreto que disolvia á Asemblea Nacional e durante os dou dias seguintes as estazóns agocharon informazón sobre o secuestro do presidente e sobre a toma do palácio presidencial por tropas leais impulsadas pola presenza de centenares de miles de partidários nas ruas.

Nengún dono ou encarregado da televisión foi procesado, nen perderon as suas licéncias de radiodifusión. Porén, RSF continua do lado dos meios privados contra o “autoritarismo” de Chávez.

O 26 de novembro de 2004, RSF sacou á luz un informe sobre un proxecto de reforma dos meios proposto á Asemblea Nacional de Venezuela (“RSF critica a ameaza á liberdade de imprensa da nova lei”) Coincidéncia ou non, o informe apareceu só duas semanas despóis de que RSF solicitará unha subvenzón ao NED, que ainda aparecer como axéncia privada, o seu diñeiro é autorizado polo Congreso e controlado polo Departamento de Estado.

A advogada de direitos humanos, Eva Golinger, documentou máis de 20 millóns de dólares outorgados polo NED e o USAID aos grupos e meios privados da oposizón en Venezuela, incluidos aqueles que lideraron aos participantes do golpe. O NED outorgou case 40.000 dólares a RSF en xaneiro.

RSF en Iraq.
O informe de RSF sobre a invasión de Iraq e as suas consecuéncias non ten desperdício. Divulga, por exemplo, que co derrocamento de Hussein “comezou unha nova era de liberdade… para os xornalistas iraquies”, mentres o International News Safety Institute informa que morreron 44 xornalistas iraquies e persoal de apoio mentres traballaban no conflito desde que comezou hai dou anos.

Igualmente, RSF afirma que o bombardeo ao Ministério de Informazón –un crime de guerra baixo a Convenzón de Xenebra- puxo fin a “décadas de cero liberdade de imprensa”. O informe do INSI contén 11 páxinas que enumeran aos xornalistas mortos, feridos, desaparecidos e encarcerados. O informe INSI non branquea a matanza por forzas de EEUU de cinco xornalistas estranxeiros ou os ataques de mísil de EEUU contra as cadeas de televisión Al Jazeera e Abu Dhabi TV. Mais estes e outros ataques contra a imprensa en Iraq semellan non macar gravemente a posizón dos EEUU no listado de RSF sobre países con liberdade de imprensa, actualmente na razoável e respeitável posizón 17. Venezuela é unha das máis baixas do listado co número 77.

E un exemplo que di como RSF apaga as suas críticas ás políticas de EEUU é o xeito de respostar á desaparizón do camarógrafo Sami Al Haj, de Al Jazeera. Al Haj desapareceu en decembro de 2001, mentres cumpria unha asignazón no Afganistán, e terminou ubicado no campo de concentrazón dos EEUU en Guantánamo, onde permanece até hoxe. Al Haj no só desapareceu fisicamente, tamén desapareceu do sítio web de RSF, onde foi mencionado só unha vez nun comunicado de imprensa do 27 de xaneiro sobre Al Jazeera. Pola contra, RSF emprende rutinariamente campañas de alto perfil no nome de xornalistas europeos secuestrados polos combatentes da resisténcia iraquí.

Artigo tirado da Red Voltaire ( www.redvoltaire.net )



A ONG REPORTEIROS SEN FRONTEIRAS:UN CABALO DE TROIA NA IMPRENSA IDEPENDENTE
Thierry Deronne e Benjamín Durand
22-III-2005



Tanto en Venezuela como noutras partes do mundo, RSF apóia desde hai dous anos a meios de informazón cómplices de numerosas violazóns dos direitos humanos… e actua de carburante da campaña mundial contra o governo de Hugo Chávez. Cais son os meios de imprensa cuxas informazóns teñen o apoio de RSF? Por que esta estratéxia parte dunha organizazón que deveria ser imparcial?

En xuño de 2004 atopa-se en Caracas un escondite de armas en locais pertencentes á cadea televisiva Venevisión, feito que pon de manifesto até onde poden chegar, en termos de desestabilizazón política, os meios comerciais que praticamente monopolizan a difusión en Venezuela.

O director da cadea, que participou na organizazón do golpe militar en abril de 2002, afirma que se trata de “armas oxidadas”. A mesma cadea asinara semanas antes, como François Meurisse no xornal francés Libération, que o achado de 91 paramilitares colombianos nunha das propriedades dun dirixente da oposizón era, tamén, unha manipulazón do presidente Chávez. Seica se apresuraron, xa que o governo colombiano, nada suspeitoso de ter simpatias polo presidente venezolano, denunciou esta invasión e enviou ao seu ministro de Relazóns Exteriores para supervisar a repatriazón dos reclutas de Colómbia.

Venevisión pertence a un amigo persoal de George Bush e Jimmy Carter: Gustavo Cisneros. Autor do primeiro golpe de estado mediático deste século, facendo crer ao mundo durante 24 horas que Hugo Chávez ordenara disparar contra o povo. O Murdoch latinoamericano coordena o golpe de abril de 2002, xunto á elite patronal, desde o seu bunquer de Caracas e pon o seu avión privado á disposizón dos militares golpistas para que evacuen ao presidente.

Namentres, Venevisión, Globovisión e demáis cadeas privadas celebran o decreto dos golpistas que elimina parlamento, constituzón, defensor do povo e outras instituzóns democráticas. Durante as 48 horas que dura o golpe, os meios de comunicazón, que non paraban de falar de salvar a liberdade de expresión, amosan o seu verdadeiro rosto. Os seus xornalistas princípian unha caza de opositores a carón da policia, mentres que agochan a informazón sobre a resisténcia crecente da povoazón. Os meios de imprensa asociativos son branco da sua persecuzón particularmente intensa, algúns dos seus membros son arrestados, sen que se producira a menor protesta por parte de RSF.

Meios como Venevisión teñen unha longa lista de cómplices na violazón dos direitos humanos. Esa complicidade non cesou, como o demostran hoxe as campañas mediáticas contra dirixentes campesiños que participan na reforma agrária do governo de Chávez, tildados de invasores, de guerrilleiros e incluso asasinados despóis.

En agosto de 2003, cando a Comisión Nacional de Telecomunicazóns, nunha operazón que seria de simples rutina nos EEUU ou no Estado francés, aplica a lei e retira algunhas equipas de retransmisión que Globovisión instalara sen a autorizazón legal necesária, esta cadea televisiva desencadea unha violenta campaña contra este “novo atentado contra a liberdade de expresión” (campaña que atopa eco imediatamente en RSF) e chama a cidadania á resisténcia contra a ditadura que se instaura en Venezuela.

Pésie a que a programazón de Globovisión non se interrumpe en ningún momento, xa que non existe ningún problema coa sua frecuéncia legal e habitual, os funcionários da Comisión son insultados e un comando nocturno guinda unha granada de man contra as suas oficinas.

Mália o fracaso do seu golpe de estado, todos estes meios seguen chamando a cotio aos militares a “actuar rápido” para derrocar ao presidente, e acentuan a sua presión sobre o Consello Eleitoral, a poucas semanas do referendo presidencial. A contradizón política praticamente non existe nas transmisións. “Que marche Chávez” é a lenda que todos os dias lanzan políticos, xornalistas, expertos, todos de común acordo. Venevision, RCTV, Televen, CMT, Globovisión, a rádio privada, que ocupan o 95% da gama de frecuéncias e nove xornais dos dez en circulazón son propriedade da oposizón. Como antes en Chile ou en Nicarágua, utilizan “a liberdade de expresión” como eixo central da guerra mediática contra un governo anti-neoliberal que restabeleceu a soberania sobre o petróleo e que incomoda muito á administrazón Bush.

Chávez, algúns dos seus ministros e até os embaixadores e presidentes africanos que o visitan, son chamados “monos”, o que deu lugar a protestas diplomáticas contra unha das cadeas –RCTV- en marzo de 2004. Pola sua banda, o governo de Chávez non encarcelou a nengún xornalista, non pechou nengún meio de imprensa nen censurou nengún artigo. Sendo isto así, por que RSF converte a Chávez nun dos seus brancos e soma-se á histéria dos meios privados ao afirmar que o governo de Chávez reprime a liberade de expresión?

A persoa escollida para representar a RSF en Caracas é Maria José Pérez Schael…, conselleira da oposizón. En 2002, a honorável representante de RSF, refire-se aos golpistas no diário caribeño El Universal: “o meu corazón vibra ao ollar aos militares sublevados, ao ollar a eses homes virtuosos que desfilan ante a nosa bandeira nacional”. Ante as protestas, RSF resigna-se a escoller a outra persoa. Mais segue a aceitar, sen máis averiguazóns, a versión da imprensa opositora. E omite dicer, por exemplo, que tribunais venezolanos comprobaron a existéncia dun vínculo entre militares golpistas e “auto-atentados” como o de Globovisión, destinados a alimentar unha campaña mundial de saturazón.

Porén, cando a televisión asociativa Catia TVE, cuxos programas son elaborados directamente polos habitantes dos bairros populares e que transmite para o oeste de Caracas, é clausurada en xuño de 2003 por un alcalde da oposizón, RSF, visivelmente incómoda xa que a oposizón é responsável da única clausura dun meio de comunicazón en Venezuela, apresura-se a anunciar a “reapertura” en setembro de 2003. É unha nova mentira. Catia TVE segue clausurada.

A xornalista Naomi Klein expresou a sua surpresa ante a afirmazón de RSF que fala do governo de Chávez como unha ameaza para a liberdade de expresión. Segundo ela, a máis grave ameaza ven, realmente, dos próprios meios que foron quen de organizaren un golpe de estado e de grupos trasnacionais cuxo dono, Gustavo Cisnero, non agocha o seu desexo de se converter no próximo presidente de Venezuela.

O cineasta arxentino Fernando Solanas e o escritor uruguaio Eduardo Galeano, duas persoas as que ningúen pode acusar de inxenuidade en matéria de direitos humanos, testemuñaron recentemente a “incrível liberdade de expresión que reina en Venezuela”. Curiosamente, os meios de imprensa franceses, como os xornais Le Monde e Libération, tamén máis recentemente Charlie Hebdo, fixeron-se eco dos meios privados venezolanos. O diário direitista Le Figaro foi, paradoxicamente, o único que non caeu até o momento nesta histéria.

O chefe de RSF, Robert Ménard, reforza as campañas do império mediático. Na nova revista Médios –a revista dos que non queren criticar aos meios-, que é propriedade en parde de RSF, Robert Ménard asinaba recentemente xunto con Pierre Veilletet un longo e velenoso artigo sobre o tema: “A guerrilla dos antiglobalizazón en contra da informazón”. Após botar pestes contra Bourdieu, Ramonet, PLPL e Hamili, os autores deste artigo escreben: “Os antiglobalistas perdoan-lle todo a Hugo Chávez, caudillo de opereta que arruina ao seu país mais se contenta, por agora?, con facer discursos tipo Castro sen demasiadas consecuéncias reais para as liberdades dos seus concidadáns”. Ménard, seguidamente, bota-lle en cara a Ramonet o seu “siléncio verbo dos virulentos discursos de Hugo Chávez contra a imprensa, os excesos e a impunidada da que gozan os seus partidários”.

RSF nen sequer existia cando Armand Mattelard, ao analisar a alianza entre os grandes meios de comunicazón e a SIP (Asociazón de Proprietários de Meios) durante o derrocamento de Allende, escrebia: “A investigazón xudicial sobre a administrazón do diário El Mercurio, acusado de irregularidades fiscais, chegou como pretexto para denunciar supostas medidas coercitivas contra a prensa livre”.

Estamos ante unha SIP que se repite a si mesma. A sua campaña non é máis que unha imensa serpe que se traba a cola. Nos momentos nos que se desmorona no Estado francés a aureola dos intelectuais mediáticos e expertos en “direitos humanos”, que apoiraon unha guerra cuxa barbárie era previsível, é hora de investigar a estratéxia política de Robert Ménard através de RSF.



CANDO REPORTEIROS SEN FRONTEIRAS ENCOBRE Á CIA
Thierry Meyssan



Durante os procesos de La Habana, en 2003, Néstor Baguer impugnou publicamente a Robert Ménard, acusando-o de complicidade cos servizos secretos estadounidenses. Na mesma época, Reporteiros Sen Fronteiras (RSF), cuxo director executivo é Robert Ménard, levou a cabo unha campaña contra o governo cubano, ao que acusa de encarcerar xornalistas disidentes. Desde entón, a polémica non deixou de avivar-se até que a xornalista norteamericana Diana Barahona, do grupo de imprensa Northern California Media Guild, deu un novo paso ao acusar a RSF de ser financiada polo binómia NED/CIA e de escreber os seus informes baixo a influéncia da administrazón Bush.

Escreberon-se e publicaron-se artigos na Red Voltaire a respeito desa controvérsia. Mais o traballo do canadiano Jena-Guy Allard, e as verificazóns da nosa oficina francesa demostran que o financiamento directo de RSF por parte de NED/CIA é ocasional e recente, de xeito que non pudo ter influéncia na sua actividade pasada. As nosas excusas, nese sentido a RSF.

Laiamo-nos de non ter explicado máis polo miudo as cousas para evitar erradas interpretazóns, mais sobretodos, lamentamos que estes erros, ou falla de precisión, ocultaran até agora feitos sumamentes surprendentes, que explicaremos a continuazón.

Esta asociazón foi recoñecida como de utilidade pública en decreto emitido polo primeiro ministro francés Alain Juppé o 19 de setembro de 1995, estatus que lle outorgou direito a financiamento público, o que representa 778.000 euros, segundo as últimas contas publicadas por esta organizazón.

Este financiamento provén dos servizos do primeiro ministro francés, do Ministério de Relazóns Exteriores de Franza, da Axéncia Intergubernamental da Francofonia, da Comisión Europea, da Organizazón para a Seguridade e Cooperazón en Europa (OSCE) e da UNESCO.

RSF conta igualmente con doazóns privadas (FNAC –cadea de livrarias en Europa-, CFAO, Hewlett Packard, Fundazón Hachette, Fundazón EDF –Electricidade de Franza-, etc.) que aportan uns 285.000 euros. Porén, a meirande parte do orzamento provén da xenerosidade pública, especialmente da venda do álbum anual pola liberdade de imprensa e de operazóns especiais, que representan en total 2.235.000 euros dun orzamento total de 3.474.122 euros.

Agora ben, a actividade concreta de RSF está mui afastada do que cren financiar os doantes. O fondo de asisténcia aos xornalistas oprimidos, ou sexa, o pago de honorários dos advogados de xornalistas presos, o apoio material ás suas famílias, o desenvolvimento das Casas de Xornalistas, todo iso, que representa o centro da actividade oficial da organizazón e a razón de ser da xenerosidade do público, só recebe o… 7% do orzamento xeral” Por cada euro doado para os xornalistas oprimidos, unicamente 7 céntimos chegan ao seu destino.

A verdadeira actividade de RSF é organizar campañas políticas contra obxectivos determinados, campañas que serian lexítimas se, ao igual que a Fundazón Soros, non manipulará a liberdade de imprensa até o ponto de evocá-la para xustificar graves violazóns do direitos internacional. Como exemplo, RSF aplaude o secuestro do presidente constitucional de Haití por parte das Forzas Especiais Norteamericanas, co apóio loxístico de Franza, devido a que Jean-Bertrand Arisitide tiña sido un “depredador da liberdade de imprensa”, calificativo que ten como base unha visión incompleta dos acontecimentos co obxecto de amosar ao presidente haitiano como alguén que ordenaba asasinatos de xornalistas.

O contido ideolóxico das campañas de RSF chega por momentos ao ridículo. Desta maneira, a organizazón amosou-se indignada polo proxecto de lei venezolano tendente a someter aos meios ao direito xeral. Porén, non expreseou preocupazón algunha ante o papel do magnate dos meios audiovisuais, Gustavo Cisneros, e das suas cadeas de televisión, na tentativa de golpe de Estado militar que tentou o derrocamento do presidente constitucional Hugo Chávez.

Mais é con Cuba onde cristalizou a polémica, xa que RSF fai da denúncia do rexime castrista o eixo principal das suas campañas. Segundo a organizazón, os 21 xornalistas presos na illa foron acusados abusivamente de espionaxe a prol dos EEUU, cando na realidade serian vítimas da represión do governo. Para luitar contra deste governo, RSF organizou diversas manifestazóns, entre elas unha que rematou mal, o 14 de abril de 2003, ante a Embaixada de Cuba en París. (…)

Interrogado telefonicamente, Robert Ménard rexeita as acusazóns segundo as cais RSF foi mercada polo diñeiro da NED/CIA para levar a cabo unha campaña contra Cuba. Explica que a organizazón solicitou unha subvenzón da axéncia norteamericana para axudar aos xornalistas oprimidos en África e que, en definitiva, recebeu tan só 40.000 dólares a meados de xaneiro de 2005, … do que tomamos nota. Durante a conversa, Ménard rexeita tamén as acusazóns do noso colaborador Jena-Guy Allard, quen é ademáis xornalista do semanário cubano Granma Internacional.

Unha simples verificazón destapou que é certo que Robert Ménard frecuenta a extrema direita de Miami, como tamén é certo que RSF está sendo financiado polo lobby anticastrista para que faga campaña contra Cuba. En 2002, RSF asinou co Center for a Free Cuba un contrato cuxos termos non se coñecen e recebeu despóis unha primeira subvenzón de 24.970 euros. Esta subvenzón medrou a 59.201 euros en 2003 e descoñecen-se os dados de 2004. O Center for a Free Cuba é unha organizazón criada para derrocar á revoluzón cubana e restaurar o rexime de Batista. Preside-o o proprietário de Rones Bacardí, dirixe-o o terrorista Frank Calzon e está ligado a unha dependéncia da CIA, a Freedom House.

O contrato de RSF co Center for a Free Cuba foi negociado en 2001 co entón responsável do mesmo: Otto Reich, o campión da contrarrevoluzón en toda América Latina. O mesmo Otto Reich, convertido en subsecretário de Estado para o hemisfério ocidental, foi o organizador do frustado golpe de Estado contra o presidente eleito Hugo Chávez; máis tarde, entón como emisário especial do presidente Bush, supervisou a operazón de secuestro do presidente haitiano Jean-Bertrand Aristide.

RSF é un 7% de apoio aos xornalistas oprimidos e o 93% propaganda imperialista norteamericana.



REPORTEIROS SEN FRONTEIRAS NEGA-SE A DENUNCIAR A DETENZÓN DUN XORNALISTA MAPUCHE
Jean-Guy Allard
20-VI-2005


Pedro Cayuqueo Millaqueo, director do xornal mapuche Azkinguwe, foi detido na cidade Nueva Imperial, en Chile, e trasladado por un continxente de policia civil ao cárcere de Traiguén. A organizazón francesa de “defensa dos xornalistas” Reporteiros Sen Fronteiras negou-lle o seu apóio.

Non é a primeira vez que RSF se nega a denunciar a represión desencadeada contra deste periodistas, voceiro do grupo indíxena. O Secretário Xeral de RSF, Robert Ménard, afirma que o caso de Cayuqueo non é “xornalístico”. En 2004, RSF negara-se a apoiar a Cayuqueo nunha situazón semellantes, mália as intensas negociazóns realizadas en París e Madrid.

A orde de detenzón emanou desta vez do xuiz do Xulgado Civil de Traiguén, quen aduce o non cumprimento dunha condea xudicial de 61 dias de presídio, ditada no ano 2003, por apoiar a recuperazón do Fondo Santa Rosa, para as comunidades mapuches de Temulemu, El Pantano e Didaico, de Traiguén. No momento do arresto, o xornalista e dirixente mapuche, xestionaba un permiso xudicial para ausentarse de Chile e participar nunha Convenzón de Comunidades Indíxenas, que se celebrará en Vancouver, Canadá.

“Existe a fundada suspeita de que hai orde superior para lle impedir a participazón neste importante encontro internacional, por ser unha voz e pensamento altamente cualificado para expor a causa mapuche, e estreitar as vinculazóns de solidariedade cos outros povos indíxenas da nosa América”, comenta un comunicado do grupo de solidariedade con Millaqueo.

“Quen coñecemos o labor de difusión que realiza Pedro Cayuqueo, por meio de Azkintuwe, en defensa do povo mapuche, devemos expresar a nosa solidariedade á sua persoa e demandar a sua liberdade para que poida viaxar a Canadá e representar, nese foro internacional, a causa mapuche, que luita por acadar o recoñecimento constitucional dos direitos dese povo en Chile.”

A ONG de Robert Ménard foi denunciada recentemente pola sua relazón coa USAID e coa NED que fináncian parte das suas actividades. Robert Ménard xa recoñeceu que asinara un convénio con Otto Reich para levar adiante ataques contra Cuba, Venezuela e sectores progresistas de América Latina.



ESTADOS UNIDOS FINÁNCIA REPORTEIROS SEN FRONTEIRAS
Salim Lamrani
6-V-2005


As fortes suspeitas que arrodean as actividades duvidosas e tendenciosas de Reporteiros Sen Fronteiras (RSF) non carecian de fundamento. Desde hai vários anos, diversos críticos denunciaraon as aczóns fortemente politizadas da entidade parisina, particularmente en torno a Cuba e Venezuela, cuxo caráter propagandístico é óbvio.

As posizóns de RSF contra os governos de La Habana e Caracas están en perfeita correlazón coa guerra política e mediática que leva Washington contra as revoluzóns cubana e venezolana.

Finalmente a verdade viu a luz. O señor Robert Ménard, secretário xeral de RSF desde hai 20 anos, confesou receber financiazón da Fundazón Nacional pola Democrácia (National Endowment for Democracy – NED), unha organizazón que depende do Departamento de Estado norteamericano, cuxo principal palel é promover a axenda da Casa Branca por todo o mundo. O señor Ménard foi mui claro: “Efectivamente, recebemos diñeiro da NED. E isto non nos supón nengún problema” .

A NED foi criada polo antigo presidente estadounidense Ronald Reagan en 1983, unha época na que a violéncia militar tomou o lugar da diplomácia tradicional á hora de resolver os asuntos internacionais. Grazas á sua poderosa capacidade de penetrazón financeira, a NED ten como obxectivo debilitar aos governos que se oporian á política exterior hexemónica de Washington . En América Latina, os dous brancos principais son Cuba e Venezuela.

Por exemplo, a NED financiou, e segue a facé-lo, á oposizón venezolana, responsável do golpe de Estado contra o presidente Chávez en abril de 2002. Desde entón, a oligarquia venezolana organizou, coa axuda de Washington, várias tentativas de desestabilizazón sen éxito, xa que, após o fracaso do referendo revocatório, a lexitimidade do señor Hugo Chávez non fixo máis que reforzar-se. En 2004, 13 grupos opostos ao governo bolivariano receberon 874.384 dólares da NED. En 2003, 15 grupúsculos opostos ao presidente venezolano beneficiaron-se coas subvenzóns da NED por un total de 1.046.323 dólares .

Ao mesmo tempo, RSF atacou regularmente ao governdo do señor Chávez, acusando-o de ameazar a liberdade de imprensa con, por exemplo, a publicazón dun informe que critica unha proposta de reforma da lei sobre os meios de difusión . Dita reforma impón sanzóns penais contra os meios de difusión culpáveis de actividades criminais tais como a incitazón á sublevazón armada.

Esta nova lexislazón é unha resposta ao papel capital e criminal que desempeñaron os meios de informazón privados durante o golpe fascista de 2002 contra o presidente venezolano, e ás suas demandas actuais. Desmáns que RSF se abstén de denunciar.

Mais o inimigo número un de RSF segue a ser Cuba. O iterado asañamento do señor Ménard é case obsesivo, como o amosa a nova campaña de propaganda contra a Illa destinada a causar perdas no turismo . Cúmpre non esquecer que o Plano de Bush contra Cuba destina un orzamento de 5 millóns de dólares para as ONG’s que realizan atividades que procuran disuadir aos turistas de viaxar a Cuba, e que poñen como exemplo a seguir o nome de Reporteiros Sen Fronteiras . Ainda máis, RSF admite proporcionar axuda económica en Cuba ás “famílias dos 30 xornalistas encarcelados para que poidan facer frente ás perdas económicas derivadas do arresto dos seus familiares”. Se suprimimos a retórica ideolóxica desta frase, podemos ler que RSF remunera ás famílias das persoas presas por receber un salário do governo de Bush e ameazar gravementa a integridade da nazón cubana, ao colaborar coa elaborazón das sanzóns económicas. Dado que o señor Ménard recebe retribuzóns económicas do governo dos EEUU, isto equivale a dicer que Washington, ademáis da financiazón directa, fináncia tamén, meiante RSF, a persoas que están ao seu servizo en Cuba, o que constitue de por sí unha séria violazón da lexislazón cubana .

Segundo o balanzo 2004 de RSF, “cando menos 53 profisionais da informazón perderon a vida no exercício das suas funzóns ou por expresar as suas opinións”. Iraq é, segundo este informe, o país máis perigoso para os xornalistas con 19 reporteiros asasinados. O exército estadounidense que ocupa Iraq desde 2003 é o principal responsável destes asasinatos, xa que controla o páis. Agora ben, RSF, lonxe de acusar ás autoridades norteamericanas, limita-se a retomar as declarazóns oficiais de Washington e cualifica os disparos, que causaron a morte de vários xornalistas, de “accidentais”. Iraq non é unha prioridade para o señor Ménard.

No continente americano, segundo RSF, “doce xornalistas perderon a vida” en México, no Brasil e no Perú. Porén, a diana da organizazón parisina é, de novo, Cuba, onde ningún xornalistas foi asasinado desde 1959. Venezuela tamén se atopa na liña de mira mentres que tampouco nengún periodista perdeu a vida. Algúns estabeleceran unha relazón entre os inimigos de RSF e os de Washington e sinalarán a rara coincidéncia.

As increpazóns da secretária de Estado, Sra. Condoleeza Rice, destinan-se específicamente ao señor Castro e ao señor Chávez, cuxo achegamento preocupa muitao a Estados Unidos. Evidentemente, alén das persoas, son os proxectos de sociedade cubano e venezolano a prol dos desamparados os que se ven atacados. Igualmente, é coñecido que o señor Ménard visite con asiduidade a extrema direita cubana de Miami coa que asinou acordos verbo a guerra mediática levaba contra a Revoluzón Cubana.

A financiazón de RSF abre tamén importantes interrogantes. Como unha organizazón que depende economicamente da FNAC, do CFAO, de Hewlett Packard, da Fundazón de Franza, da Fundazón Hachette, da Fundazón EDF, da Caixa de Depósitos e Consignazóns, do Open Society Institue, da Fundazón Real Network, de Sanofi-Synthelabo (agora Sanofi-Aventis), de Ediciones Atlas, do Color Club, de Globenet e da Cadena Ser pode pretender actuar de xeito independente? Como unha organizazón financiada polo Estado francés pode actuar con toda imparcialidade? É imposível, e as posizóns de RSF a favor do golpe de Estado contra o presidente Aristide de Haití evidéncia isto con claridade . Como unha organizazón asociativa que pretende defender aos xornalistas pode aledar-se do derrocamento dun presidente democraticamente elexido?

O orzamento de 2003 de RSF acadaba os 3.472.122 euros. Segundo as contas anuais, os ingresos proveñen nun 11% do Estado, nun 12% do mecenato, nun 4% das cotizazóns e donazóns, no 15% da Comisión Europea, nun 10% de operazóns pontoais e nun 48% das publicazóns da organizazón. Esta última cifra surprende pola sua importáncia. A soma de 1.984.853 euros supostamente provén só da venda de calendários . O calendário custa 8 euros, o que equivale a dicer que RSF vende máis de 248.106 calendários ao ano, é dicer, perto de 680 calendários ao dia! Cifra demasiado desmesurada para ser crível.

No que a gastos para o 2003 se refire, as contas amosan que só o 7% do orzamento vai á axuda directa aos xornalistas con dificuldades . Que acontece co 93% do orzamente restante? Adica-se ao traballo de propaganda e de desinformazón ao servizo dos intereses que financian a RSF, a saber; o Estado francés, os grandes grupos económicos e financeiros, a extrema direita cubana de Florida e o Departamento de Estado Norteamericano.

“A defensa la liberdade de imprensa” tan só é unha fachada. RSF está ao servizo dos governos e dos poderosos intereses económicos e financeiros. É a razón pola que a principal ameaza para a liberdade de imprensa que constitue a concentrazón dos meios de comunicazón nunca foi denunciada pola organizazón do señor Ménard. É a razón pola que RSF, nunca se interesou pola sorte do señor Mumia Abu-Jamal, xornalista norteamericano encarcelado desde hai máis de 20 anos polos seus escritos e as suas posizóns políticas. Desafortunadamente, a fusión entre o señor Ménard, a grande imprensa e o capital financeiro impede que os cidadáns coñezan os verdadeiros obxectivos que se agochan tras unha cortina de néboa asociativa e humanitária.


Ler máis

Etiquetas:

Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com