Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Ron Bacardí: a guerra oculta
30/08/2006
Publicado en La Jiribilla (23/10/05)

Hilário Rosete Silva



Esta é unha entrevista de outubro do pasado ano que o xornalista cubano Hilário Rosete lle fai ao colombiano Hernando Calvo. Nesta entrevista trata-se por riba o tema da multinacional Bacardí, tocando-se outros temas parellos como son as actividades contrarrevolucionárias dos mercenários cubano-americanos. Unha maís completa información desta multinacional e as suas relacións cos imperialistas ianquis e coa gusaneira armada pode-se atopar nas seguintes ligazóns:

Caso Hava Club
Motivos para non beber Bacardí
Bacardí: un mal grolo


Hernando Calvo Ospina (Cali, 1961), xornalista autodidacta e autor de vários livros -Salsa, Don Pablo Escobar, Perú: os senderos posíveis, Disidentes ou mercenários?, Ron Barcardí: a guerra oculta-, hai 18 anos que vive en Europa. Non gosta da palavra experto: "A meirande parte dos europeus, após estar unha ou duas semanas en calquer país do mundo, regresan a casa considerando-se expertos en matéria do país visitado".

Colombiano de nacimento, mais con máis cercania profisional, política e sentimental coa nosa Illa que con Colómbia, pensa que coidar-es perito en temas cubanos seria faltar-lle o respeito a Cuba e á sua história. Así afirma que el só se achegou a unha zona da realidade cubana, como tentou coñecer, no seu momento, o fenómeno da "contra" en Nicarágua ou do narcotráfico no seu país natal, e como tamén trata, diáriamente, de comprender a xeopolítica, a xeoestratéxia dos Estados Unidos.

Tampouco escrebe para os expertos, interesa-lle o lado común das persoas, o público non especializado, e acostuma poñer-se no seu lugar, conta só o que o público quer saber e evita as redaccións longas e complicadas. Pode que aos cubanos nos pareza que en certos textos fai afirmacións moi elementais, mais cúmpre non esquecer que estas poderian ser novas para os leitores doutras latitudes.

Bromista, falador, amante de contar histórias, no sabemos con exactitude se foi o único que estudou o lado escuro da sociedade Bacardí: digamos que foi o encetador desta rota e que, con independéncia da sua natureza irreverente, sinte a responsabilidade de ter sido o pioneiro.
(...)


Portado do traballo de Hernando Calvo


Como se atreveu a escreber Ron Bacardí: a guerra oculta?

Fago-me a mesma pergunta, máis dunha vez despertei a miña esposa pola madrugada para perguntar-lle se via ben o que facia... meter-se coa primeira produtora de ron do mundo. Alguen duvidaria da reputación dunha empresa que vende, en máis de 170 países, 20 millóns de caixas anuais de bebida?

Pensou que ninguén lle faria caso?

Mais non foi así. É o meu livro máis traducido, fixeron-se documentais sobre el, e un deles, "O secrego do morcego: Bacardí entre ron e revolución", realizado polos alemáns Sieker e Kolvenbach, e transmitido en outubro de 2003 pola cadea ARTE, gañou en xaneiro de 2005 a medalla de bronce do New York Festivals.

Cal é o segredo do morcego?

O segredo reside nos lazos dos seus directivos e accionistas coa Fundación Nacional Cubano-Americana (FNCA) e a CIA; o mistério agacha-se no xeito no que a empresa fai de conduto para que os fondos da CIA pasen a apátridas cubanos e mercenários paramilitares en Angola e Nicarágua: a clave está no enorme poder desta multinacional sobre a política ianqui sobre Cuba.



Ise é o papel dunha multinaconal?

As multinacionais de hoxe, asociadas cos reximes imperiais, axudan a instrumentar o terrorismo de Estado, deixan de ser entidades económicas que buscan un florecimento comercial para se converter en organismo políticos, en cabalos de batalla destes impérios para a realización de actividades ilegais.

Pouco sabiamos de Bacardí, non é certo?

Hai un documento, coñecido por investigadores do Congreso estadounidense en 1976, mais desclasificado en 1998, que prova que Pepín Bosh, presidente da compañia, complotó coa máfia norteamericana para asasinar a Fidel... O próprio Pepín financiou a campaña para mellorar a imaxe do criminal Jonas Savimbi nos Estados Unidos... Existen cópias dos aportes realizados por Bacardí e os seus accionistas ás eleizóns deste páis e aos Republicanos, e das cartas enviadas a produtores e distribuidores de bebidas advertindo que non investisen en Cuba... A lista de episódios escuros é interminável.

Se o livro o escrevera após o derrubo do Worl Trade Center de New York, e o ataque ao Pentágono en Washington, teria cambiado algo no mesmo?

Compararia aos personaxes cos protagonistas de aquel ataque, e teria posto o acento nas palavras sicário e terrorista. Despois de escoitar as razóns do Encontro Internacional contra o Terrorismo, pola Verdade e a Xustiza, cheguei a conclusión de que o grupo cubano-americano formado por Félix Rodríguez, Dionísio Suárez, Posada Carriles, Orlando Bosch, Virgílio Paz e outros, auspiciado por Bacardí, oficializado co estabelecimento da FNCA, e acadado a madurez co mecenato da CIA, foi o grupo de asasinos asalariados mellor organizado do mundo, un grupo estrela!

Non está sendo moi absoluto?

De nengún xeito. Ese "grupiño" ven sementando violéncia desde os anos 60. Quen sente diante dunha computadora, soliciete a páxina de Google, e poña no buscardor calquer destes nomes, verá como a máquina se dispara e aparecen centos de artigos, de todas partes, con todos os detalles sobre os crimes que cometeron en Europa, en América do Sul, en Centroamérica, nos Estados Unidos...

Se a tivese que reescreber, que título lle daria á sua intervención no Encontro Internacional contra o Terrorismo?

Responsabilidade da máfia cubano-americana na guerra contra-insurxente e anti-sandinista en Centroamérica.

Que relación ten esa responsabilidade co terrorismo?

Esa guerra foi, per se, unha guerra terrorista. Foi esa natureza do conflito a que obrigou a Nicarágua a apresentar o caso contra Estados Unidos ante a Corte Internacional de Xustiza de La Haya. O tribunal deu-lle a razón a Nicarágua en xuño de 1986, culpou aos Estados Unidos dos ataques, dos actos de intervención e do uso da forza, entre setembro de 1983 e abril de 1984, contra barcos patrulleiros, bases navais e portos en Nicarágua, como polo minado, nos primeiros meses de 1984, das suas augas interiores e territoriais.

Os cubano-americanos, que pintaron niso?

Axudaron a vendera a droga e a lavar o diñeiro, contribuiron coa sua xente, coa mesma xente que foi alí de xestora. A mesma equipa cubana-americana que colaborou con Pinochet, foi a que contactou coa máfia colombiana de Barranquilla para axudar a financiar aos arxentinos que, antes da Guerra das Malvinas, foran asesoara a guerra. Aí estiveron os cubano-americanos, como estiveron cos terroristas e coa extrema-direita en Franza e en Itália.

Asegura que a guerra en Centroamérica foi financiada con diñeiro do narcotráfico?

E iso sucedia mentres Ronald Reagan e George H. W. Bush, primeiro como xefe da CIA e despois como vicepresidente, libraban unha batalla contra o narcotráfico e a máfia colombiana semellante a que di hoxe George W. Bush que libra contra o terrorismo. Quen desexe máis detalles pode consultar Cocaine Politics: Drugs, Armies, and the CIA in Central America, dos profesores Dale Scott e Jonathan Marshall.

Cal é a tese do livro?

Expón, entroutros temas, que a base de Ilopango, no oriente de San Salvador, foi un dos principais centros de tráfico de droas para sufragar a guerra, feito confirmado pola Comisión Especial da Asemblea Lexislativa de Costa Rica; e mostra, con minuciosidade, como os cubano-americanos usaron o diñeiro da droga non só en Centroamérica, senón tamén no Plano Cóndor.

Que nomes revelou no estudo?

Nomes xa familiares. Documentos da CIA e do Buró Federal de Investigacións (FBI) evidéncian os lazos existentes entre narcotraficantes de Bolívia e Colómbia coas organizacións Alpha 66, Omega 7, o Comando de Organizacións Revolucionárias Unidas (CORU) e a Frente Nacional de Liberación de Cuba, antecesores da FNCA, e con indivíduos como Francisco Chanes, Frank Capto, Gustavo Castillo, Gustavo Villoldo, os irmáns Novo, Luis Crespo, Manuel ARtimes, Ramón Milián, Ramón Sánchez e, de novo, José Dionísio Suárez, Orlando Bosch e Virgílio Paz.

Tamén mencionou vosté, no encontro habaneiro, ao italiano Stefano delle Chiaie?

Foi un dos involucrados no Plano Cóndor e, específicamente, no caso de Bernardo Leighton, ex vicepresidente de Chile e opositor a Pinochet. Leighton, do Partido Demócrata Cristiá estaba en Roma cando se lle proibiu regresar ao seu páis por promover o achegamento da Democrácia Cristiá chilena con grupos políticos de esquerda na península itálica. En 1975, dous neofascistas italianos, aliados de Stefano delle Chiaie, que naquelas datas estaba ao servizo da DINA, a policia secreta chilena, atentaron contra Leighton e a sua esposa. As vítimas sobreviveron após várias intervencións cirúrxicas.

Quen coordenaron en Europa os detalles do atentado?

Michael Townley, o norteamericano integrado na DINA, e a sua esposa chilena Mariana Inés, acompañados por vários cubanos de Miami, entre eles Virgílio Paz, que despois seria procesado nos Estados Unidos polo asasinato de Orlando Letelier. Eles encarregaron o crime aos grupos Avanguardia Nazionale e Ordine Nuovo, de Stefano delle Chiaie. Di-se que Chiaie viveu un tempo en Santiago tentando estabelecer as liñas directrices dun rexime fascista con "características próprias", e que hoxe, haberia que corroborar este dado, é dono dunha axéncia de imprensa chamada Cóndor!

Con "Disidentes ou mercenários?", outro dos seus livros, non lle brindou un servizo á divulgación da autobiografia de Luis Posada Carriles?

En todo caso reforcei a validez das provas aportadas polo próprio Posada en "Os camiños do guerreiro" (Miami, 1994) sobre a axuda que sempre tivo de Miami. Ao remate do capítulo 16, Posada rememora os primeiros minutos da sua chegada a El Salvador após a sua fuga, en agosto de 1985, dun cárcere de máxima seguridade venezolano: Félix Rodríguez, alias Max Gómez, compañeiro seu da brigada mercenária 2506, a que en abril de 1961 tentou invadir Cuba por Baia Chochinos, estaba-o agardando, sen que Posada o soubese, nunha pista militar ubicada en território salvadoreño.

Nunha pista militar?

Si, Félix Rodríguez voaba helicópteros de combate para a Forza Aérea de El Salvador e foi contactado pola máfia de Miami para que organizara a chegada de Posada. Dous dias despois, así o contou "o guerreiro", Posada recebeu a visita de Alberto Hernández, segundo el, un próspero médico e patriota cubano con residéncia en Miami, que fora alí para apoiá-lo. Un grupo de Miami, entre eles Jorge Mas, Feliciano Foyo, Pepe Hernéndez e outros, fixeon un bote para soventar as suas urxéncias económicas.

Non teria maiores tropezos?

Alugou unha casa e mercou utensílios de cociña, sabas, toallas e comida. Asignaron-lle unha cantidade de diñeiro que lle chegaba todos os meses. Unha criada chamada Angélica e un carro alugado completaron as suas necesidades. Dias despois atopou-se coa surpresa de que Luis Orlando Rodríguez estaba en El Salvador como segundo ao mando dos asesores militares do exército americano. Coñeceran-se en Fort Benning, Georgia, cando ambos eran tenentes; agora Luis Orlando era tenente coronel e desde ese momento foi o anxo da garda de Posada.

Permaneceu indocumentado?

Non: através da Forza Aérea, conseguiron-lle documentos de identidade, pasaporte e un permiso de armas. Pasaba os dias na base con Félix e, en ocasións, voaba con el: un capitán permitiu que fose a misións de combate nun vello avión DC3 que, artillad cunha calibre 50, ametrallaba as zonas guerrilleiras.

Unha última pergunta: Das persoas mencionadas nesta convers, cal é para vosté a máis "inquietante" e onde leva esa inquedanza?

Félix Rodríguez, amigo íntimo da família Bush, é o que máis poder tocou nos Estados Unidos, o máis intelixente do grupo. Axente da CIA e experto en estrataxemas militares, pavonea-se de ter capturado ao Che Guevara e, consecuentemente, de ser o último cubano-americano que o viu vivo. Outra inquedanza: a perícia acumulada na guerra contra-insurxente e anti-sandinista en Centroamérica por todos estes "asesores" e corpos represivos, revolucionou os métodos de loita contra os procesos populares e sociais latinoamericanos: vexa-se onde levou a política de cocaína!

Ler entrevista

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com