Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

12 lóstregos político-deportivos
16/09/2006


México 68. Tommie Smith e John Carlos. Luva negra, pes descalzos, puño pechado, ollada baixa. Contra a discriminazón racial. O australiano Norman luce tamén un colante antirrascista. Os corredores fican sen medallas e son expulsados da Vila Olímpica.


________________________


A equipa da capital bonaerense Argentinos Juniors foi fundada a en 1904 co nome de Mártires de Chicago, en lembranza dos obreiros asasinados o 11 de novembro de 1887, no marco da loita pola xornada laboral de 8 horas. Ese dia a forca acabou coas vidas de Parsons, Spies, Fischer e Engel. Louise Lingg suicidou-se na cela.


________________________


Berlin, 1936. Jesse Owens gaña catro ouros diante dos fuciños de Hitler. De volta aos EEUU, ao ir a unha receizón na sua honra no Waldorf Astoria ten que utilizar o ascensor de servizo, xa que o principal estaba reservado aos brancos. “Hitler negou-se a dar-me a man, mais tampouco me convidaron nunca á Casa Branca para dar a man ao meu presidente”.


________________________


Kiev, verán de 1942. Os nazis organizan un partido entre a Lufftwafe e o Start de Kiev, formado por xogadores do Dínamo e do Lokomotiv. Mália a amenaza de morte se gañan aos alemáns, os ucranianos, esfameados, vencen por 5 a 1. Catro deles son fusilados e vários morren nos campos de concentrazón. Este monumento lembra aos heroes do povo.


________________________


No beisbol ianqui existian várias ligas divididas pola cor da pel. As grandes ligas estaban limitadas aos brancos. Jackie Robinson foi o primeiro negro en xogar nunha grande liga (1945). Tivo que aturar os insultos e agresións dos racistas. Tres anos antes, mentres facia o servizo militar, fora levado a un consello de guerra por se negar a sentar na parte traseira dun autocarro.


________________________


No bairro de Chacarita, na capital arxentina, un grupo de estudantes fundan o 1º de Maio de 1906, no local do Centro Socialista da Sección 17, a equipa Chacaritas Junior. A data e o local elexidos non son en absoluto casualidade.


________________________


En xullo do 36 celebran-se as Olimpiada Popular en Barcelona, que constituirian a antítese das Olimpiadas capitalistas que se celebraban no Berlín nazi. Co golpe fascista, os deportistas trocan o estádio polas barricadas e a liña da frente. Moitos galegos, que participan nestas Olimpiadas Vermellas, como os que forman a seleczón galega de fútbol, pasan a formaren parte do 5º Reximento do compatriota Líster.


________________________


Mathias Sindelar, o máis grande xogador austriaco, desafiou a Hitler. Primeiro xogando contra Alemaña e marcondo dous goles (que celebrou cunha danza guerreira diante do palco dos dirixentes nazis), cando a consigna para os austriacos era perder. Meses despois, e con Aústria xa invadida, o xogador nega-se a participar na nova seleczón que engloba a Alemaña e Aústria. En xaneiro do 39, perseguido polos nazis, aparece o cadáver de Sindelar na sua casa.


________________________


O 8 de xaneiro de 1978 a Miguel Sánchez, corredor arxentino, matou-no un grupo de tarefas durante a última ditadura militar naquel país. Militante das Juventudes Peronistas, foi un dos 30.000 asasinados no periodo da ditadura videlista. Ese mesmo ano a seleczón arxentina gañaba o mundial de fútebol...


________________________


Os atlétas negros dos EEUU crian no 68 o Proxecto Olímpico dos Direitos Humanos, inspirado polo Partido dos Panteiras Negras. Na sua presentazón podemos ler: “Non podemos permitir durante máis tempo que este país utilice a uns cantos dos denominados negros para amosar ao mundo cantro progreso fixo na resoluzóns dos seus problemas raciais, cando resulta que a opresión dos afroamericanos é maior ca nunca”.


________________________


Mohammed Ali foi despoxado do título de campión dos pesados pesados por se negar a participar na invasión de Vietnam. Ali foi, e continua a ser, un referente dos negros norteamericanos na sua loita contra dos racistas brancos.


________________________


Nacho, patriota galego

Etiquetas:

1 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com