Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Cumpren-se 63 anos do asasinato de Juliu Fucik
09/09/2006


O 8 de setembro de 1943 os nazis asasinaron ao escritor comunista checo Julius Fucik. Resgatamos tres textos que axudan a coñecer a este antifascistas. No primeiro, publicado na revista En Marcha, do Partido Comunista Marxista-Leninista de Ecuador, dá-se-nos unha idea xeral e curta do que foi a vida de Fucik. De seguido, colgamos un o texto escrito pola sua esposa Gusta e que se utilizou como introducción á sua principal obra, Reportaxe ao pé da forca. Por último, un artigo do cubano Ernesto Vera, publicado no Granma hai agora cinco anos, demostra o valor deste comunista nunha brillante resposta unha carta-ameaza do ministro nazi Goebbels aos intelectuais checos.





Julius Fucik, exemplo de xornalista
Publicado na revista En Marcha, órgao central do Partido Comunista Marxista-Leninsta do Ecuador (23/12/2005)

"Vostedes lerán agora a sua senténcia. Coñezo-a. A morte ao home. Mais a miña senténcia para vostedes foi ditada hai xa moito tempo: a morte do fascismo e a esclavitude capitalista. A vida ao home, ao futuro, ao comunismo".

Deste xeito expresou-se Julius Fucik, Heroe Nacional checoslovaco na sua obra póstuma Reportaxe ao pé do patíbulo, escrito clandestinamente no cárcere de Pankrác, despois de ser condenado a morte o 25 de agosto de 1943 por un tribunal nazi en Berlín.

Fucik, exemplo imperecedoiro de comunista e intelectual, foi un destacado dirixente antifascista membro do Partido Comunista Checo, que por mor do seu extraordinário talento e sensibilidade executou importantes misións a prol da liberación da sua pátria. Os seus diversos escritos son un claro exemplo de como cada comunista deve realizar a propaganda en palavras sinxelas, ligadas á vida das masas, baseando-se nos princípios do marxismo-leninismo e nas liñas tácticas do Partido.

Submetido despois do seu encarceramento a crueis e inhumanas torturas, soubo cumprir cabalmente coa sua palavra ao denunciar ao fascismo através dun testemuño que pasaria a ser unha contundente mensaxe de acusación, no que cada verba é un canto á vida.

Caira en poder da Xestapo en 1943, mais o seu espírito de combate e fortaleza moral nunca decreceu, feito que plasma na sua Reportaxe ao pé da forca, obra que reflicte, ao mesmo tempo, a sua fe na causa e a sua convicción no triunfo do Socialismo. Foi o seu garda, Kolinsky, quen lle facilitou os meios para escreber a Reportaxe, levando-lle á cela o papel e lapis necesários. Foi el tamén quen sacou ás agachadas as follas do manuscrito escrito en prisión, escondendo-as en casas distintas e, unha vez rematada a guerra, entregando-as á esposa de Fucik, Gusta Fuciková, unha das liberadas dos campos de concentración nazi.

Celébrase cada 8 de setembro, data da sua execución, o "Dia Internacional do Xornalista", xornada importante para render homenaxe a quen desde esa trincheira fai cada dia desta profisión un bastión de combate contra a barbárie.


Tumba de Fucik en Dresde




Gusta Fuciková
Introducción a Reportaxe ao pé da forca


No campo de concentración de Ravensbruk, os meus compañeiros de prisión comunicaron-me que o meu marido, Julius Fucik, fora condenada a morte o 25 de agosto de 1943 polo tribunal nazi de Berlín.

As perguntas referentes á sua sorte posterior resoaron como un eco ao longo dos altos muros do campo.

Após a derrota da Alemaña hitleriana, en maio de 1945, foron liberados das prisións e dos campos de concentración os prisioneiros que os fascistas non tiveron tempo de matar ou de torturar até a morte. Eu tiven a sorte de contar-me entre os liberados. Volvín á miña pátria livre. Fixen como outros miles e miles que buscaban e buscan ainda ao seu marido, á sua muller, aos seus fillos, aos seus pais e mais deportados polos ocupantes alemáns, nalgún dos seus inumeráveis lugares de tortura.

Souben que Julius Fucik fora executado en Berlín o 8 de setembro de 1943, quince dias despois de ser condenado.

Souben tamén que Julius Fucik escrebera na prisión de Pankrác. Foi o seu gara, A. Kolinsky quen lle facilitou os meios (...) Tiven unha entrevista con ese garda. Pouco a pouco conseguín todo o que Julius Fucik escrebera na sua cela de Pankrác. As follas, numeradas, estaban agachadas en casas de distintas persoas e en diferentes lugares; reunin-nas e hoxe podo presentá-las ao leitor. É a derradeira obra de Julius Fucik.



Fucik ante o terror

Publicado no Granma (11/09/02)
Ernesto Vera


A lexendaria figura de Julius Fucik, aquel xornalista checo autor do livro Reportaxe ao pé da forca, asasinado polo fascismo alemán o 8 de setembro de 1943, xurde con forza nos nosos dias. Da sua permanente mensaxe exemplar e alentadora sobre os valores e princípios do humanismo, da sua clara posición como intelectual ao servizo do povo, hai un documento menos coñecido que expresa a sua atitude valente diante do terror: Carta aberta ao ministro doutor Goebbels. Nela resposta ao alto funcionário alemán no nome dos intelectuais checos. O motivo da contestación obedeceu ao convite forzoso a integrá-los na nova orde nazi.

Goebbels convidara en 1940 a un grupo de intelectuais checos, aos que falou en termos tan prepotentes e groseiros como "ainda hai tempo para que a nación checa dea mostras de si... se vai incorporar polas boas e con boa disposición ao proceso da orde alemana ou se o fará con resisténcia interna". Para o ministro, segundo Fucik, "da intelectualidade depende o camiño que queira tomar a nación checa, porque a nación sempre sostén as ideas da sua capa intelectual dirixente... Alemaña oferece a sua honesta amizade ou a contenda".

Integras as miñas filas polas boas ou obrigado..., frase semellante á do presidente Bush... ou comigo ou es o meu inimigo..., unha clonación do pensamento animal imperialista. Nos dous casos é o verdadeiro e máis auténtico dos terrorismo: o do poderoso contra o feble.

A contundéncia da resposta está explícita en cada liña das sete páxinas da carta-manifesto. Fucik, no nome de todos os verdadeiros intelectuais checos, di: "Que quer vosté de nós? Que colaboremos co voso sanguento terror, que nos poñamos do lado da vosa Xestapo e ao seu nível para que, do mesmo xeito que a Xestapo extermina o seu corpo, nós aniquilemos o espírito dos checos, que axudemos a destrozar a orgullosa e espléndida resisténcia do povo checo, ao que infructuosamente tentades subxugar. Non, iso non o faremos!".

No tocanto a outro conceito, o papel do intelectual na sociedade, Fucik precisa a Goebbels: "Nós, a capa intelectual dirixente da nación, como vosté di, estamos unidos por lazos profundos e inquebrantáveis co povo do noso país. Mais non porque lle impoñamos as nosas ideas, senón porque expresamos a suas próprias". Esta afirmación cualifica o erro do pensamento máis reaccionário, de identificar ao povo coa dependéncia e non coa razón fundamental do mandato que caracteriza a alguén do digno título de intelectual.

Na proposta nazi de traizón, a cenoura consistia en abrir o mercado ao cinema, ao livro e a outras obras e produccións culturais realizadas polos intelectuais checos. Sempre a idea do mercado e o lucro correspondente, do diñeiro, acompaña aos que non teñen máis elementais valores e moito menos ética na que basear-se. Fucik, ademáis, está moi ben informado da atitude bandidesca dos nazis no seu país e por iso resposta: "Con ese reclamo quer vosté coller-nos? Coa exportación de películas checas, e son vostedes precisamente quen o din, vostedes que roubaron aos cineastas checos os talleres cinematográficos máis completos, que xa no xerme fan imposível que a arte cinematográfica se desenvolva con toda a sua forza? Con esa trampa da "exportación" da nosa literatura vostedes, precisamente vostedes, quen asolan bárbaramente toda a nosa producción literária confiscando e reducindo a cinsa as mellores obras dos escritores checos, liquidando a literatura checa das bibliotecas checas..." Máis adiante Fucik di coincidir nunha soa cousa, na aceitación por parte de Goebbels da resisténcia checa durante ano e meio de ocupación alemana. "Esa afirmación si que a aceitamos. Con orgullo. Mais se vosté, infame difamador, coida que os intelectuais checos temos menos orgullo e honra que o resto do povo checo, se pensa que nos deixaremos seducir ou acovardar por vosté para apartar-nos do povo e ir coa Xestapo en contra dese povo, entón escoite de novo a nosa reposta: Non, nunca!".

O exemplo de Julius Fucik, recoñecido universalmente, comprende-se mellor ao coñecer a sua atitude, tres anos antes de escreber no cárcer a sua grande obra Reportaxe ao pé da forca. Na clandestinidade, co sue país ocupado, combateu ao inimigo fascista coa mesma decisión que tivo ante a morte.

Aos 59 anos da sua morte, para o noso povo revolucionário e para os seus xornalistas continua a ser unha inspiración, como o cualificaria o noso Comandante en Xefe Fidel Castro.

Cinco dos nosos mellores compatriotas escreben hoxe as máis fermosas e valentes reportaxes contra o terror que combatian e que os ten presos. Multiplicaron a inspiración, esta vez sen que o poidan agachar ao mundo, até facé-la medrar e vencer.

Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com