Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

O Estado torpedea o sector leiteiro galego: mércores 20 tractorada na Coruña
20/09/2006

Este mércores 20 manifestación na Coruña



Sindicato Labrego Galego

A finais de xullo, dúas novas descubriron a auténtica faciana do Ministerio de Agricultura cara ao sector leiteiro galego. A primeira, confirmaba un plano de reparto de cota que permitirá que o 80% dos dereitos abandonados fiquen na comunidade autónoma onde estaban, en troques de permitir que vaian para aquelas explotacións que, polo seu tamaño, máis os necesitan para facer viábel a súa actividade. A segunda é que unha nova supertaxa multará a 200 explotacións de Galiza con 1'07 millóns de euros. Menos mal que a Ministra é galega e progresista...

O pasado 28 de xullo, o Sindicato Labrego Galego facía pública a súa firme oposición ao plano leiteiro presentado polo Ministerio de Agricultura. As novas directrices que pretende marcar Elena Espinosa para repartir a cota abandonada deixa á súa sorte ás pequenas e medianas explotacións de tipo familiar de todo o Estado, maioritarias en Galiza, que xa non serán prioritarias.

A Secretaria Xeral do SLG, Lidia Senra, dixo que o plan é "completamente inaceptábel" e cualificouno de "despropósito total". Ademais, Senra lembrou que a Ministra de Agricultura, Elena Espinosa, dixo que ía manter o plan do 2005 durante toda a lexislatura, polo que lle pediu "que cumpra o compromiso que asumiu o ano pasado coas organizacións agrarias".

Senra demandou que "se retomen os criterios do plan do ano pasado para permitir que pequenas e media-nas explotacións con dificultades para acceder a cota poidan acadar dereitos suficientes para manterse en activo e conservar os postos de traballo que xeran".

Na rolda de prensa tamén interveu o responsábel dos sectores gandeiros do SLG, Xabier Gómez Santiso, quen pormenorizou as razóns polas que non vale un plan que permitirá que o 80% dos dereitos de produción abandonados fiquen na comunidade autónoma onde están. É ilóxico e inxusto que os dereitos abandonados polas explotacións que pechan fiquen en comunidades autónomas onde a media produtiva por explotación supera en moito á media estatal.

Reestruturación sen gastar un peso

Santiso explicou que "o plan debería tentar facer viábeis o máximo número de explotacións posíbeis, e para iso só hai que facer algo moi sinxelo: darlle prioridade no reparto ás explotacións que non cheguen á cota media no Estado".

Dende este punto de vista, Xabier Gómez criticou que non se apoie ás persoas titulares maiores de corenta anos. Ademais, dáselle prioridade ás explotacións que fixeron investimentos, ficando fóra todas aquelas que non tiveron a suficiente rendibilidade para acometer esas inversións; e ás que son de tipo asociativo, fronte as de carácter familiar e labrego que son, precisamente, as máis duradeiras e articuladoras do tecido social do campo.

Finalmente, Santiso reclamou que a cota sexa gratuíta para esas explotacións que non superan a media estatal. En caso contrario, o 50% debería repartirse gratis, de tal maneira que a aquelas explotacións prioritarias que tivesen que mercala lles saíse á metade de prezo. O contrario, coma neste plan, "é querer facer un plan de reestruturación sen gastar un peso".

A caída de prezos e o medre dos custes obrigan a producir de máis para gañar algo

A nova supertaxa coa que o Ministerio de Agricultura volve a castigar ao sector leiteiro -1'07 millóns de euros que afectan a 200 gandeiros e gandeiras en Galiza- vén a demostrar que os dereitos de produción son manifestamente insuficientes para centos de explotacións que se vén obrigadas a superar a súa cota asignada para poder chegar a fin de mes.

O peor de todo é que, lonxe de darlle solución a isto, o Ministerio marxinará no reparto de dereitos a miles de pequenas e medianas explotacións que se atopan ao borde da creba económica por non poder producir máis, nun contexto de medre constante dos custes de produción -pensos, gasóleo, abonos, etcétera- e de estancamento ou baixada no valor do leite en orixe.


Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com