Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Represalias político-xudicais contra a veciñanza canguesa
17/09/2006



Comunicado de Adiante

Ante o provábel agravamento da represión político-xudicial na comarca do Morrazo durante as últimas xornadas de loita, de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) amosamos a nosa completa solidariedade e o noso apoio incondicional às/aos compañeiros e veciñ@s acosad@s, inxuriad@s e represaliad@s pola cipaiada capitalista.


Dende hai mais dun ano, vari@s veciñ@s da vila morracense de Cangas, organizad@s ao redor do Foro Social pola Defensa do Pobo (FSDP), están a protagonizar unha intensa loita contra o proceso de marbellización urbanística e medioambiental apadriñada pola política especulativa do goberno municipal de Sotelo (PP) e dos seus aliados da entidade Caixanova e de Construcciones Dios, Lda.

Ante a declaración de ilegalidade dun plano urbanístico que pretende realizar, entre outras cafradas, un porto deportivo agresivo nos antigos peiraos da factoría de Massó por meio do aterramento do litoral no Salgueirón, os actores promotores das obras especulativas comezaron as mesmas agardando que a política “de feitos consumados” fixera o resto.

A veciñanza organizada no Foro decidíu organizarse, coa afouteza e decisión característica do movemento popular morracense, en quendas de vixilancia permanentes para evitar que as obras proseguiran e que os inimigos da nosa costa se saíran coa súa.

Durante os últimos doce meses a actitude heroica e sacrificada destas/es veciñ@s foi silenciada, tanto polos meios de comunicación do sistema, presionados polas chantaxes de Caixanova, coma polos que se dín “libres”, “alternativos” e (incluso!) “revolucionarios”. Tan só honrosas excepcións, coma a publicación xuvenil EMBATE ou a estudantil A GADOUPA, adicaron algunhas páxinas a informar desta loita obreira e popular.

En varias ocasións estas persoas foron acosadas e identificadas por membros da Garda Civil e da Policía durante as vixilancias. Ademais, e como consecuencia disto, moit@s delas/es teñen sido requerid@s para declarar ante os xulgados baixo a acusación de “faltas”.

Mais agora pódese agravar a presión represiva, posto que vari@s activistas do FSDP, entre @s que se atopan destacados cadros do partido comunista e independentista Frente Popular Galega (FPG) e do sindicato de clase Central Unitaria de Traballadores/as (CUT), van deixar de estar acusad@s por faltas e van pasar a selo por “delictos” de coaccións, polo que poderían ser condead@s a seis meses de prisión. Todo iso por levar a cabo a tarefa que supostamente terían que facer @s que cinicamente se fan chamar “A Xustixa”.

Ante estes novos atropelos, o pobo traballador de Cangas non se rende e, no mesmo día en que se pretendía xulgar a 15 compañeir@s, concentráronse primeiro nos xulgados e despois ante a sé de Caixanova para protestar e solidarizarse co/as represaliad@s. Detrás desta política represiva volve a estar de novo o tristemente coñecido Subdelegado do Goberno Delfín Fernández (PSOE). Con individuos da súa catadura, as feridas das recentes loitas obreiras seguirán abertas na Ría de Vigo.

Varios colectivos, alén do Grupo Municipal da FPG, amosaron xa a súa solidariedade con estas persoas e coa súa loita sen tregua por defender á vila de Cangas e a todo o Morrazo dos ataques d@s especuladoras/es. A loita continuará en Cangas, Nigrán, Bouzas, Redondela,… e en todos os lugares de Galiza dispostos a se defender. A loita contará tamén, de seguro, coa solidariedade e as mans dispostas da xuventude organizada en ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega).

Loitamos unid@s, venceremos loitando.
Adiante na defensa da terra!
Boicot a Caixanova!


Vigo, Galiza 15 de Setembro de 2006
Agrupación Comarcal de Vigo de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)



Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com