Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Arxentina; unidade, loita e autodefensa contra o fascismo
03/10/2006
>


A angustiosa desaparición de Jorge Júlio López ten que servir para que o movimento democrático popular tire rápidas conclusións. O fascismo ergueu a cabeza e non hai un minuto que perder porque estamos diante do caso do desaparecido número 30.001. Como sempre, a política ten que estar ao mando. Ista é unha cuestión política e hai que respostar cunha xusta política.

Fai falla en primeiro lugar a UNIDADE ANTIFASCISTA. Non podemos subestimar o acontecido porque ese secuestro reflicte unha decisión do fascismo de asumir formas violentas contra o povo e os direitos humanos. Procederon con semellanza ao actuado durantes os anos de "Noite e Névoa" da ditadura.
Devemos ubicar ben o branco a atacar. É o fascismo, ou sexa os sectores máis reaccionários do bloco imperialista-oligárquico implicados na defensa do terrorismo de Estado. Alí están os policias amigos do comisário Etchecolatz, os mariños que visitan a Donda Tigel que ameaza desde o seu lugar de detención, os oficiais da Compañia de Comandos de Campo de Maio e outros no retiro que foron ao acto do 24 de maio na Praza San Martín, Cecília Pando e o tenente coronel Schawb que reclaman pola liberdade do xenocida Jorge R. Videla, o xeneral retirado Heriberto Auel que teoriza sobra as novas "ameazas terroristas", o tenente coronel retirado Emílio Nanni, os irmáns Cristelli da "Agrupación Custódia" que atentaron contra a mostra de León Ferrari, o nazi António Caponetto da revista Cabildo, os amigos do xeneral Menéndez que agreden ás Avoas da Praza de Maio en Córdoba, os oficiais e os seus aliados que promoven o acto do 5 de outubro como "dia polos caidos pola subversión", o bispo castrense Baseotto que ofícia misa para os neonazis, etc.



Acto dos militares na Praza San Martín o 24 de maio


Os grupos de choque do fascismo contan coa asesoria política e a xustificación mediática de Blumberg, Macri, Patti, Menem e a direita peronista expresada no governador Romero e Aldo Rico; o bispo Héctor Aguer, Mariano Grondona e outros.
É o arco político-social inimigo, autor dos actos de reivindicación da represión ilegal. O voceiro da oligarquia "La Nación" quer ubicar alí a Néstor Kirchner (algo no que coinciden grupos trotskistas), tentando levar-nos a unha via morta. Ou máis precisamente, a unha derrota que se saldaria con máis desaparecidos en democrácia.
Algúns amigos do governo din que os fascistas non teñen no ponto de mira aos organismo de direitos humanos senón a Kirchner pola sua política na matéria. Os fachas teñen no ponto de mira ao povo, ao que desta vez queren derrotar militar e políticamente segundo o seu balanzo do acontecido. Por iso atacan aos militantes humanitários, ás testemuñas e xuices dignos. Tamén contra o xefe de Estado porque hai cousas que non lles gostan, como o seu aval á anulación das leis da impunidade, os cámbios na Corte Suprema, a consagración do 24 de marzo como Dia da Memória, etc.
Que procuremos unha ampla unidade contra os novos grupos de tarefas e busquemos a converxéncia con todas as correntes democráticas, incluindo o kirchnerismo, non significa acordar coas políticas do governo. O presidente non anulou os indultos como era o seu dever e ainda permite que os militares arxentinos fagan exercícios co Comando Sul, a Forza Aérea e a Mariña ianqui, ademáis de facer votar ao Congreso duas leis antiterroristas baixo a presión da Casa Branca. O coronel Videla, fillo do xenocida maior, ainda continua en servizo ativo no Exército. O xefe da Policia Federal, Néstor Vallecas, foi responsável da da represión ao povo cando este denunciaba políticamente a Etchecolatz. Facia-se intelixéncia na Base Almirante Zar de Chubur até marzo deste ano. Esta politica deu asas ao fascismo, fecundou o ovo da serpe fascista de Blumberg, cuxas leis de "man dura" policial foron feitas suas polo governo K.
Fronte ao risco de que o fascismo colle máis forza e converxa cos monopólios, hai que mobilizar-se activamente. A LOITA POPULAR é o segundo elemento da política do PL. É o que a pequena burguesia direitizada como Elisa Carrió denúncia como o "modelo venezolano" de confrontación. É o que hai que facer: derrotar á direita nas ruas. Os fascistas organizan os seus actos o 5 de outono e hai que facer un contraacto a prol dos direitos humanos. Non hai que regalar-lles á Praza San Martín e ainda menos a Praza de Maio. Hai que loitar con eles e se é posível esmagá-los.
Esa política de confrontación require a AUTODEFENSA DE MASAS. Agora si que hai que ir ás marchas con panos, paos e seguridade própria. Os militantes teñen que mercar armas de fogo de calibre legar e te-las nas suas casas para impedir secuestros. Hai que coidar-se entre todos, especialmente ás testemuñas e advogados das causas contra os xenocidas. A Policia Federal de Vallecas non nos vai proporcionar seguridade. A autodefensa está lexitimada desque secuestraron a López e o fixeron desaparecer.
O PL está certo de que esta desaparición non é sinal de derrota popular. A loita democrática acadou a condena do xenocida Etchecolatz, polo que os neonazis queren salvar-se de maiores derrotas. Mais non o conseguiron e podemos esmagá-los se actuamos cunha política correcta. O acontecido é parte dura da loita de clases. Carlos Marx avisou que un avanzo da revolución provoca unha reacción contrária da contrarrevolución e que "a revolución as veces ten necesidade do látego da contrarrevolución para continuar adiante". Que a corporización do espanto do fascismo faga que deamos dous pasos adiante para combatí-lo e avanzar cara a perspectiva de liberación que encetou o Arxentinazo en 2001.


Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com