Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Colómbia: o troco de prisioneiros de guerra
06/10/2006


Partido Comunista de Colómbia (Marxista-Leninista)
Comité Executivo Central
03/10/06


A poucos dias da reeleizón de Uribe evidenciou-se, máis ainda, a fraxilidade dun governo ilexítimo e ilegal (rexeitado polo 73% dos colombianos), montado sobre a represión, mentiras, auto atentados, paramilitarismo, asasinatos, extradicións, violacións dos direitos fundamentais económicos, sociais e políticos, privatizacións, desemprego, erráticas reestruturacións, fame e miséria. Ademáis, axitado pola agudización das contradiccións de toda índole entre a mesma burguesia, entre sectores deta e o imperialismo e de todos estes co proletariado e o povo, xerando unha situación que o obriga a executar manobras para superar as suas dificuldades.

Pola sua banda, os diferentes sectores populares, as forzas e organizacións políticas democráticas, progresistas e revolucionárias non arriaron a bandeira de oposición ao rexime, como o demostrou a exitosa xornada de loita o pasado 26 de setembro, que mobilizou a máis de 350.000 persoas a nível nacional e as novas xornadas que se preparan para outubro e novembro.

Neste marco increbe-se a loita para lograr o troco de prisioneiros de guerra proposta polos compañeiros das FARC-EP e respaldada por amplos sectores da povoación e movimentos defensores dos direitos humanos a nível nacional e internacional; ainda que cada sector cos seus particulares intereses, o certo é que á firmeza na táctica desenvolvida polos compañeiros das FARC-EP soman-se-lle as debilidades do governo, que fai que, unha vez coñecidos os pronunciamentos das partes, nos acheguemos a unha posibilidade de ver concretado este obxectivo, para ben de todos os prisioneiros, das suas famílias e da loita popular contra o guerreirismo, o militarismo e o terrorismo de Estado da "seguridade democrática" que suporta o proxecto de Estado comunitário.

Mais non hai que confundir o posível co real, a posibilidade só se convertirá en realidade através da acción prática do povo, por iso chamamos a todos os demócratas, progresistas, patriotas, aos revolucionários, a forzar o troco meiante a mobilización, a loita e a denúncia, e impedir que o fascista de Uribe e outras forzas reaccionárias continuen a burlar-se da arela popular de paz con xustiza social.

Viva o movimento de oposición ao rexime!
Arriba a unidade popular en América Latina e o Caribe!
Abaixo o imperialismo!


Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com