Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Lembranzas do derrubo do Gran Teatro de Lugo
04/10/2006


MadialeVa

Hai aproximadamente unha década, o PP de Lugo decidiu derrubar o Gran Teatro, único representante do seu estilo arquitectónico na cidade, e deixar que unha constructora edificara vivendas de luxo no seu privilexiado lugar. Perguntado Cacharro Pardo, un auténtico medievalista seguidor inconsciente de Boecio, a sua resposta foi brutalmente significativa: “Que máis dá, é un edificio moi feo”. Todo borrifador de sabiduria e inquedanzas artístiscas este represor fillo de represaliado e consecuente niilista.

Perdida a batalla institucional habia tempo, a loita continuou só na rua. Era preciso chamar a atención sobre o atentado cultural que ia ter lugar. O dia que as autoridades escolleron para escomezar a desfeita, e grazas a unha persoa encarregada de vixiar o Gran Teatro, xuntamo-nos non máis dun cento de persoas ás portas do edifício. Daquela ainda non nos convenceran da necesidade do móbil para a pervivéncia da espécie humana, e o seu uso estaba limitados a “yupis”, aos que ollabamos con desprezo e sorna, descoñecederes de que aos poucos anos andariamos todos nós co aparello nalgún peto. Mais naquela época, as convocatórias imediatas tiñan que ser por meio do boca a boca, ou polo teléfone fixo aqueles que o tiveran.

A nosa presenza imposibilitou que esa noite comezaran o derrubo e chamou a atención dos meios de información locais. Evidentemente non abondaba.

Coincidia que esa mesma noite se celebraba no Círculo das Artes un desfile de modelos solidário (sic) con Cuba, que ia ser retransmitido en directo pola TVG. Entre os convidados estaba Cacharro..., polo que tiñamos unha boa oportunidade para nos facer ver. Así o decidimos nunha asemblea feita ad hoc na entrada do Gran Teatro.

Ao chegarmos á Praza Maior –por certo, tamén estragada polos intereses imobiliários de Caixa Galiza, que erguera un enorme edifício que rachaba e racha a continuidade Casa do Concello-Praza Maior-Praza Santa Maria-Catedral- soubemos que o Gran Ditador lucense ainda non chegara. Decidimos apostar-nos na porta do Círculo. Minutos despois unha morea de luces avisaban da chegada da comitiva de Cacharro: carros e motos da policia e vários carros de luxo, entre os que se atopaba o Jaguar do presidente da Deputación. Pasaron a toda velocidade dirección á porta traseira, que era un garaxe, do Círculo. Os que nos manifestabamos comezamos a correr para tentar chegar onde Cacharro. Lembro o momento: militantes da U, da F e da A correndo entre policias e señoras e señores burgueses que acudian ao acto cos seus abrigos de pel e os seus traxes tan caros como horteras. Tentativa fallida. Cacharro xa entrara.

O único que nos quedaba era conseguir chegar ao salón onde se gravaba o programa. Amoreados e á carreira atravesamos a porta principal do edifício, sen que conserxes, membros da seguridade privada e militantes disciplinados do PP fosen quen de no-lo impedir. No remuiño do momento, comprobei que era o primeiro subindo as grandes escaleiras e que cara a min baixaba correndo un conserxe especialmente grande e con face de esnaquizar croios a dentadas. Cando xa o meu peculiar sentido do equilíbrio anunciaba unha máis que previsível caída, un rotundo e glorioso tsumani, interpondo-se entre o conserxe e este que escrebe, converteu ao primeiro nunha sorte de carrilana en descenso inharmónico escaleiras abaixo. Era a Helena, da que xa vira o seu accionar na entrada da prisión de Bonxe, cando ingresara o insubmiso galego Xosé Lois Cabanas.

A última barreira que nos separada das cámaras da TVG foi imposível de atravesar. Unha pequena porta daba entrada ao salón no que se desenvolvia a gala e, ademáis de estar pechada, estaba blindada por policias. Perdida a iniciativa pouco faciamos alí así que decidimos volver ao parque e, arrodeados por todos os secretas de Lugo que coñecia, dimos por finado o acto e, tamén, o Gran Teatro.

O derrubo dilatou-se uns dias grazas a que alguen conseguiu burlar a vixiáncia do Gran Teatro e sabotar as máquinas. Mais ao final os cascallos ocuparon o lugar do teatro.

A noite da protesta, xa na madrugada, fomos uns cantos a unha tasca antes de retirar-nos. Todos pedimos o mesmo, un Cacharro Pardo. En todos os bares de Lugo sabian ben os ingredientes desta bebida: Cacique con cola.


Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com