Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Política lingüística de Touriño: cuspidiña a de Fraga
07/10/2006


Arroutadasnoticias
03/10/06

A Mesa advirte de que a Política Lingüística que presentou e defendeu hoxe Touriño é “a mesma de Fraga” e “leva o galego a ser unha lingua residual"

A Mesa pídelle ao Presidente da Xunta que “reflexione sobre o valor de termos unha lingua propia” e “traballe de verdade por defendela, non por usala como recurso propagandístico”.

Reclámanlle ao Presidente da Xunta que haxa “un cambio na política lingüística, que debe comezar por visualizarse no ensino e en facerlle cumprir as leis ao Concello da Coruña”.

A Mesa pola Normalización Lingüística móstrase “decepcionada” polas partes do discurso de hoxe do Presidente da Xunta relativas á política lingüística. Para a organización cidadá, Emilio Pérez Touriño “mantense na propaganda e no engano á cidadanía, pois di unhas cousas e fai outras. Na realidade, mantéñense os mesmos eixos de actuación sobre o galego dos gobernos anteriores.”.

Por iso, para este colectivo cidadán, “é lamentábel que o Presidente do Goberno galego só use a nosa lingua como un recurso propagandístico, mais non impulse a política que se precisa para solucionar os seus problemas máis urxentes, como son a calamitosa situación no ensino e o cumprimento da Lei de Normalización Lingüística, da que se continúa a burlar o goberno municipal da Coruña”. Sobre o ensino, A Mesa lembra que en Galiza se está a aplicar “o modelo lingüístico máis retrógrado de todo o Estado.”

Desde A Mesa observan un “claro continuísmo na política lingüística, por máis que se presente dun xeito triunfalista”. Así, sosteñen que “o galego continúa a ter hoxe os mesmos grandes problemas que tiña nos gobernos de Manuel Fraga Iribarne”.

“O Presidente da Xunta non pode vender a súa grande defensa do Plan de Normalización, cando despois de máis dun ano de goberno case non hai adiantos na súa aplicación. Estase a converter o Plan de Normalización nun fetiche publicitario, sen ningún esforzo por dalo a coñecer e moito menos por aplicalo.”

Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com