Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

U-la deontoloxia xornalística española?
10/10/2006



A campaña depredadora posta en marcha pola España cavernícola por mor do partido de fútebol entre Euskadi e Catalunya chegou ao seu cume no xornal La Tribuna de Ciudad Real. Aforre o tempo de procurar a nova na sección de deportes. Nada aparece. A única referéncia ao partido é unha fotografia na sección "España", a que encabeza esta nota, que ilustra unha información sobre o ataque aos xulgados de Tudela! Nen a máis mínima referéncia ao partido.

O pé de foto non ten desperdício: "O rebrote da violéncia manifesta-se cada dia con máis intensidade en todos os ámbitos da sociedade basca". A fotografia, evidentemente, corresponde ao ambiente das bancadas do Nou Camp o dia do partido. Bengalas, bandeiras solidárias, e xente animada. Sera isto unha mostra de violéncia para este xornal? Eles prefiren os berros fascistas e racistas dos seus cachorros, que todos os domingos enchen os fondos do Bernabeu ou do Calderón. Unha pergunta: se vosté fose negro ou homosexual e fose ao fútebol co seu compañeir@, onde pensa que estaria seguro, no fondo, por exemplo, de San Mamés ou no do Bernabeu?

No mellor dos casos procuran enganar coa falaz mensaxe de que son os mesmo violentos mais con cores distintas, ou que os "extremos" acaban tocando-se... Seguro? Que ten a ver o antirracismo co racismo? A defensa da cultura obreira frente ao elitismo burgués? A liberdade de opción sexual frente á imposición uniformadora dos Rouco Varelas do mundo? A liberade dos povos de elexiren o seu destino ou a defensa do asoballamento das culturas "revoltosas"?

Tamén ten o seu aquel o subtítulo: "As consecuéncias da declaración da trégua"... Cais? O empate a dous?

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com