Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Comunicado do Partido Comunista de México (marxista-leninista) ante os acontecimentos de Oaxaca
01/11/2006
O proceso democrático e revolucionário avanza empurrando ás forzas da reacción, ás forzas do fascismo, ao rexime capitalista a tomar medidas contra o povo, medidas que non debilitaron os nosos ánimos; ao contrário, aumentaron o repúdio de millóns de oprimidos de México contra as suas accións.

A oligarquia financeira, incapaz de solucionar os grandes problemas de México, xa que é a sua causante, tenta parar e suprimir este proceso democrático e revolucionário coas suas forzas de ocupación, para beneplácito dos monopólios e os imperialistas, para aumentar ainda máis o degrau de explotación e opresión.

As lizóns do heroico povo de Oaxaca na sua longa marcha e na sua firme resisténcia á ofensiva fascistas marcan unha nova interpretación da realidade nacional, máis ampla, clarificadora do que significa o sistema capitalista, do que representa o submetimento de México ao neocolonialismo, do que significa o Plan Puebla Panamá, o Tratado de Livre Comércio, de toda a porcaria dos negócios burgueses do turismo internacional, da salvagarda dos caciques e terratenentes e do resgardo das fábricas-prisión de millóns de proletários.

Oaxaca é agora inspiración para a clase obreira e todo o povo mexicano, este está submetido á ruina e á opresión da burguesia e os seus partidos, padecendo hoxe a represión do rexime polos simples feito de esixir liberade, por esixir democrácia, por esixir mellores condicións de vida; como resposta, a oligarquia financeira non fixo outra cousas que manobrar para manter as cousas como están, demostrando o papel do seu Estado, das suas institucións, partidos políticos e meios de información, demostrando-nos, asemade, a necesidade da revolución proletária.

As accións da oligarquia financeira e o seu Estado diante do problema social en Oaxaca son parte da politica coa que tentan atar a todo o povo mexicano, os Ulises Ruiz están en todos os estados da república, mais en Oaxaca atoparon a resisténcia organizada, con conciéncia de clase, e por iso buscan afogar en sangue a este povo.

A ditadura do capital é o que defende a Policia Federal Preventiva en Oaxaca e non outra cousa, os grandes negócios son os que sustenta Fox coa sua presión aos povos, a entrega do país ao imperialismo é o programa de Calderón, a disposición dos recursos do povo para a burguesia é o obxectivo de Ulises Ruiz e a clase á que representa. Estas son as cuestión en xogo en Oaxaca e no conxunto do país, polo que a loita deve activar-se extensa e profundamente nestes momentos na serra, na costa, no campo e nas cidades, en todos os recunchos do país.

A investida das forzas públicas contra os povos de Oaxaca significa ademáis a derrota da democrácia burguesa, o seu desmascaramento e da chegada aberta do fascismo ante a imposibilidade de que a burguesia poida continuar governando como até agora; por iso a sua aposta militar para que o povo humilde, os explotados e oprimidos, non ousen cuestionar o estado actual das cousas.

Mais as cousas non están a sair como a oligarquia financeira agardaba, arriscando máis a sua credibilidade, o seu próprio rexime frente ao repúdio xeral, botando-se nos brazos dos imperialistas total e definitivamente; paso a paso nas ruas de Oaxaca o foxismo, os imperialistas, a oligarquia financeira e os seus partidos, receben no rosto o repúdio ao seu sistema e a declaración de guerra deste povo farto da miséria e da explotación.

En particular, a represión do rexime e o xeito de se consolidar esta tendéncia através da Cámara de Senadores e das estruturas dirixentes do PRI, o PAN e o PRD demostra que todas as forzas do capitalismo están unidas para manter o sistema de predomínio da propriedade privada.
Asemade, as distintas tendéncias do suposto rosto humano do capitalismo quedan en evidéncia. Todas elas demostran a sua incapacidade para remediar os problemas económicos, políticos e sociais. Delatan que nengunha das vellas políticas socialdemócratas, proclamen-se de esquerdas, nacional-burguesas ou patrióticas, son suficiente para adormecer o insitinto de clase das masas traballadoras.

O noso Partido e o Frente Popular Revolucionário chamamos á resisténcia popular e á ofensiva contra o rexime burgués, pola defensa dos nosos intereses sociais, por un governo obreiro, de campesiños pobres e popular.

Alto á represión!
Fora a PFP de Oaxaca!
Proletários de todos os países unide-vos!
Só a Revolución Socialista é cámbio!

Suscrebe: Frente Popular Revolucionário, Unión da Xuventude Revolucionária de México, Corriete de Traballadores Revolucionários, Unión de Campesiños Pobres, Partido Comunista de Colómbia (marxista-leninista), Partido Comunista Marxista Leninista do Ecuador, Movimento Popular Democrático (Ecuador), Partido Comunista dos Obreiros de Franza.


Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com