Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Ecuador: 40 anos En Marcha, 40 anos na loita da clase obreira
06/11/2006
En Marcha, Nº 1339, 30/10/06
Órgao do Comité Central do Partido Comunista Marxista Leninista do Ecuador





O periódico En Marcha é un dos máis importantes elementos dentro da propaganda do Partido. Durante estes 40 anos, a imprensa sempre estivo nos acontecimentos políticos, sociais e económicos, levando as orientacións da organización.

O 25 de outubro de 1966 nace o Semanário En Marcha, primeiro como "Pueblo Revolucionario" e despois como "Espartaco". A primeira edición aparece carregada no seu interior dunha arma letal en contra do inimigo de clase e do imperialismo; é o instrumento vital que ven contribuindo ao desenvolvimento do proceso de cámbio e transformación da sociedade ecuatoriana que o PCMLE propuxo e polo que continua traballando.

O periódico En Marcha constitue-se na voz própria do PCMLE, o voceiro público da difusión das ideas revolucionárias, reflicte a política do Partido, da loita constante dos nosos povos no combate contra a corrupción, a entrega dos nosos recursos naturais, a aplicación das políticas neoliberais polo imperialismo norteamericano e executadas polos diferentes governos representantes das clases dominantes. Nas suas páxinas reflicten-se os triunfos e as loitas dos traballadores e povos para conseguir mellores dias. En Marcha é o rexistro histórico no que se documenta e sistematiza o avance e crecimento constante do noso partido e a sua loita, en cada edición expresa-se con forza o internacionalismo proletário, nos seus artigos pon-se de manifesto a solidariedade cos povos que loitan pola sua liberación.



A célula, as organizacións de masas, o sindicato, todo aquel que organiza accións para conquistar a Pátria Nova e o Socialismo, atopan no periódico a un propagandista da causa revolucionária que os axuda a reforzar os conceitos e as razóns para a loita polas transformacións sociais.

Os esforzos para levar as orientacións e análises do xeito máis áxil, didáctico e sintetizado nas páxinas de En Marcha, contribuen a dar saídas á militáncia na difícil tarefa de enfrontar a investida do imperialismo e da oligarquia.

As orientacións da dirección, as análises da política actual, expresadas nas páxinas do periódico dos comunistas, a loita contra as teses revisionistas que ao longo da vida do Partido se desenvolveron, contribuen para que a loita desenvolvida polos povos e organizacións sociais, progresistas e de esquerdas, adquire un papel preponderante na vida política do noso país.



O papel mobilizador da imprensa

A imprensa revolucionária constitue-se nun instrumento fundamental para os comunistas, permite-nos educar, organizar e mobilizar ás nosas organizacións como parte dun todo. Para isto, temos que expor nun primeiro plano que o periódico En Marcha é, en primeira instáncia, un difusor da política e da ideoloxia do Partido. O periódico En Marcha é un elemento dinamizador da estrutura partidária. Con el, os organismos de base poden realizar accións que permiten elevar o nível ideolóxico e político dos militantes e das masas (...).

Os 40 anos de vida de En Marcha é a expresión do traballo consecuente do Partido por manter a sua voz orientadora nos sectores populares, mais é tamén a demostración de que somos unha organización forte con influéncia nacional, presente na loita reivindicativa e política que emprenden os sectores populares. É a expresión da loita permanente por trocar a actual situación e transformá-la en benefício das grandes maiorias.


Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com