Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Ecuador: as arelas de cámbio impoñen-se á direita
29/11/2006
Partido Comunista Marxista-Leninista de Ecuador
En Marcha, 1343



Con Correa trunfou un proxecto democrático, mais non a esquerda. Aquel representa unha posición reformista democrática burguesa, interesada en realizar cámbios no marco da institucionalidade que, en todo caso, mentres estexan orientados a defender a soberania nacional, a golpear os intereses da grande burguesia, en frear a política do imperialismo na rexión, en favorecer e atender as necesidades dos traballadores e dos povos, en devolver-lles os seus direitos democráticos e políticos terán o noso apoio, porque entendemos que así se golpea á gran burguesia e ao imperialismo, inimigos princiapais do noso povo. Todo o que non estexa nesta liña contará coa nosa oposición.


Máis unha vez, as arelas de cámbio dos povos do Ecuador impuxeron-se e venceron á direita, triunfou o candidato Rafael Correa cunha ampla marxe de 14 pontos -que representar uns 900.000 votos-; Álvaro Novoa, interesado en manter unha política ao servizo dos intereses do imperialismo norteamericano e a grande burguesia creoula foi derrotada, fracasou na sua terceira tentativa de chegar á presidécia da república, mercando coa sua fortuna a conciéncia do povo.

A candidatura de Correa reuniu ao seu carón a sectores democráticos, progresistas e de esquerda que queren cábmios substanciais, que buscan que se aplique unha política soberana, contraposta ao servilismo que caracterizou a xestión dos governos precedentes; desexosos de reformas políticas -que deberán sair dunha Asemblea Constituinte con participación popular- para democratizar a vida do país; que están cansos da corrupción e o engano; interesados en que as suas necesidades materiais sexan atendidas e que o Estado destine os suficientes recursos para a educación, saúde e criazón de fontes de traballo.

Non só ese continxente apoiou a Correa, votaron tamén ao seu favor -e con moitas reservas- sectores que non atoparon outra via para impedir o triundo da direita, que que na segunda volta alimentaron a sua desconfianza no candidato de Alianza País, cando este moderou o seu discurso, seguramente para non asustar moito á banca, aos grandes empresários e á própria embaixada ianqui, onde se reuniu coa representante do governo de George Bush.

Este é un triunfo para os traballadores e o povo, e é unha dura derrota para o imperialismo e a burguesia, para o PRIAN, o PSC, PSP, PRE e outros partidos de direita que aberta ou solapadamente apoiaron a Álvaro Novoa. O discurso anticomunista, neoliberal, empresarial foi rexeitado e o diñeiro non foi quen de dobregar a quen queren cambiar o Ecuador.

Neste momento, detrás de Correa existe un povo esperanzado, arelante de que as ofertas políticas e materiais realizadas en campaña se cumpran. As suas primeiras declaracións após os resultados do domingo son alentadoras, increben-se na liña política proposta na primeira volta: ratificou a sua decisión de convocar unha consulta popular a prol da Asemble a Constituinte; condenou as políticas neoliberais aplicadas nestes últimos anos; falou dunha renegociación digna e soberana da déveda externa, sen excluir a posibilidade de declarar a sua moratória, e apostou pola formación dun bloco de paises devedores para unha negociación conxunta; deixou aberta a posibilidade de reintegrar-se na Organización de Países Exportadores de Petróleo OPEP, negou que asinaria o Tratado de Livre Comércio cos Estados Unidos, etc. Non falou da Base de Manta nen da negativa a ser parte do Plano Colómbia, como defendeu insistentemente na campaña, principalmente na primeira volta.

Declaracións positivas, sen dúvida, mais a experiéncia política ensina que a sua exucución demanda a mobilización popular. Non só para vencer as manobras e tentativas diverfsas do imperialismo e da burguesia para impedir a sua aplicación, senón tamén para empurar ao governo para que cumpra a sua palavra e vaia máis alá. Os berros que na celebración do triunfo se escoitaron en Quito, no sentido de que agora lles toca pagar os impostos aos ricos, expresan que o povo quer que se atendan as suas necesidades afectando os intereses dos explotadores.

A direita está asustada, a diferenza de votació é maior do que se podia agardar, dificultando a posibilidade de xogar-se algunhas manobras como o descoñecimento dos resultados, tal como o fixo imediatamente Noboa, sen lograr eco en nengures. As suas accións apontan a impedir a convocatória da Asemblea Constituinte, falan da lexitimidade das eleizóns de deputados polo que deberian culminar os catro anos; invocan á rachar o "cadeado constitucional" que abra as portas á aprobación de reformas constitucionais; o PRE di que o actual Congreso debe ser Constituinte e, Lucio Gutiérrez, cínicamente expresa que non torpedeará a Constituinte. Trata-se, por suposto, dunha declaración demagóxica.

Con Correa trunfou un proxecto democrático, mais non a esquerda. Aquel representa unha posición reformista democrática burguesa, interesada en realizar cámbios no marco da institucionalidade que, en todo caso, mentres estexan orientados a defender a soberania nacional, a golpear os intereses da grande burguesia, en frear a política do imperialismo na rexión, en favorecer e atender as necesidades dos traballadores e dos povos, en devolver-lles os seus direitos democráticos e políticos terán o noso apoio, porque entendemos que así se golpea á gran burguesia e ao imperialismo, inimigos princiapais do noso povo. Todo o que non estexa nesta liña contará coa nosa oposición.


Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com