MadialeVa
As decisións tomadas pola militáncia do Partido Comunista de Venezuela no seu recente XIIIº Congreso Extraordinário provocaron unha maré de ataques contra os comunistas venezolanos e, por extensión, ao ideário marxista-leninista. A natureza destes ataques non sempre é a mesa. Algunhas críticas son ben-intencionadas, de sectores que realmente queren que a revolución progrese, mais que nacen de conceitos errados. Pola contra, a maioria dos ataques arrécian desde sectores que xa non poden agachar por máis tempo o seu anticomunismo. Dentro destes últimos ataques destacan os dos representantes desta nova burguesia subida ao carro do proceso bolivariano. Nova burguesia ou non tan nova, xa que non foron poucos os representantes do vello estado das cousas que, tan só poñer unha boina vermella, continuan a mandar, medrar, caciquear..., a facer o que sempre fixeron. É paradóxico que estes camaleóns acusen ao PCV de boicotar o proceso bolivariano, cando eles o que temen é que un rumo correcto do proceso, un rumo socialista, remate con seus seculares priviléxios. Non é negativo este crecente debate sobre o carácter que debe adquirir o proceso bolivariano. Xa quixera eu que no meu país existira na rua un debate sobre socialismo, marxismo e o papel dos comunistas. En Venezuela, no século XXI, a discusión sobre o socialismo é un tema crucial no devir do país. U-los propagandistas dos noventa da fin da história? Que din a isto?
Neste debate, aos inimigos do socialismo o que menos lles interesa é a discusión de ideas, a confrontación dialéctica cos comunistas. Cando do que se fala é de realidade e análises científicas. os burgueses e os seus megáfonos teñen todas as cartas para perder a partida. Eis a razón pola que poñan en práctica as mesmas tácticas que empregaron os imperialistas mesmo antes de rematada a Segunda Guerra Mundial para atacar ao movimento comunista, representado indiscutíbelmente nese momento pola Unión Soviética. Tácticas copiadas polo amplo e diversificado espectro do anticomunismo: liberais, socialdemócratas, fascistas, revisionistas, ultraesquerdistas... É cando menos chamativo que todos estes coincidan en moitos argumentos das suas críticas e ataques.
A táctica consiste en impedir o debate racional, erguendo un muro acientífico construído por falsificacións que forman o paradigma totalitário. Lugares comúns no discurso anticomunista que están presentes tamén, non podia ser doutro xeito, neste proceso histórica que está a viver Venezuela.
Todo este debate, estes ataques aos comunistas, non son máis que a plasmación da agudización da loita de clases. Eis a chave para comprender o que está a pasar en Venezuela. Pero que está pasando? Estamos nunha revolución? De que tipo? É un proceso reformista? Concordamos totalmente coa caracterización que sobre o proceso bolivariano aprobou o PCV no seu XIIº Congreso:
"Revolución de liberación nacional, de claro carácter anti-imperialista, antimonopólico, democrático e popular, que abre perspectivas cara ao socialismo, NA MEDIDA NA QUE A LOITA DE CLASES SE RESOLVA A FAVOR DAS FORZAS IDEOLÓXICAS E POLÍTICAMENTE MÁIS CONSECUENTES DA REVOLUCIÓN".
Será unha Revolución Socialista sempre que a clase obreira e o campesiñado venza sobre os intereses dos seus inimigos de clase. Será socialista sempre que estexa guiada polas ensinanzas do marxismo-leninismo, única ideoloxia que foi capaz de derrotar ao capitalismo e erguer unha sociedade socialista duradeira. E será socialista se a sua ponta de lanza está conformada polos sectores máis consecuentemente anticapitalistas.
Acusan ao PCV de non estaren á altura do momento histórico que está a viver Venezuela. Moitos dos acusadores formaban parte da estrutura bipartidista ao servizo do imperialismo e da oligarquia local. O PCV leva 76 anos de história loitando polo socialismo, dando centos de mártires á loita revolucionária. Non, non van ser os oportunistas de boina vermella recén mercada, e que ainda gardan a gravata de seda por se volven os vellos tempos, quen lles dean lizóns de compromiso revolucionário aos comunistas. As decisións tomadas polo PCV, fruto de horas de debate de TODA a militáncia, teñen que ser respeitadas e, tamén, coñecidas. Que deixen de manipular ás masas con mentiras. Que se abran as portas do debate sincero e tamén científico.
Que decicións tomou o PCV?
- Apostou por non disolver-se como partido, xa que entende que, nestas alturas do proceso, non está claro o rumo final que tomará este. Como dixemos, na dirección da revolución de liberación nacional hai moitos elementos burgueses cuxos intereses non harmonizan precisamente coa loita polo socialismo. A dia de hoxe, grupos reaccionários controlan determinados aspectos do proceso bolivariano. Burócratas e corruptos manteñen o controlo de importantes sectores económicos. En definitiva, moitos aspectos escuros que convertirian nun suicidio para os intereses revolucionarios a disolución do Partido que máis anos leva na loita polo socialismo.
- O PCV recoñece, máis unha vez, o indiscutíbel liderazgo de Hugo Chávez. Figura coa fortaleza necesária para abrir camiños, para contaxiar ilusión. Chávez conta coa confianza do povo, por iso é fundamental que sexa el mesmo quen encete o camiño cara a unha necesária dirección colectiva da revolución.
- O PCV, lonxe de dar-lle as costas ao proceso revolucionário, como afirman os inimigos do PCV, continuará fortalecendo-o. O PCV apóia o nacimento do Partido Socialista Unido de Venezuela, incluso oferecendo cadros do Partido para traballar na sua construcción.
- O PCV entende que en Venezuela se dan dous planos de loita; unha, ampla, contra o inimigo principal a dia de hoxe, o imperialismo, especialmente o ianqui. Neste plano da loita é necesário erguer unha estrutura organizativa que recolla a todas as forza anti-imperialistas. É dicer, unha Frente Anti-imperialista. O outro plano da loita quen a ver coa transición ao socialismo. Esta batalla require dunha avangarda revolucionária, un Partido da Revolución que represente os intereses da clase traballadora, un instrumento necesário para esmagar o Estado capitalista.
En definitiva, e rematando coas próprias verbas do PCV: "Os comunistas non dixemos NON a nada, dixemos SI, con argumentos e contidos, a todo o que significa avanzo, consecuéncia, ética e compromiso. Aprobamos un conxunto importante de elementos e propostas para o gran debate sobre a frente ampla nacional anti-imperialista e o Partido da Revolución."
"O PCV e a JCV expresan a sua máis firme decisión e vontade de abonar o camiño da articulación e unidade orgánica dos revolucionários e revolucionárias, como instrumento de dirección política colectiva na construcción do socialismo".
Abonda de mentiras dos oportunistas, o PCV nunca será oposición ao proceso bolivariano. Mais, nengunha campaña mccarthysta impedirá que reneguen dos seus princípios comunistas, do seu ideário marxista-leninista. Longa vida aos comunistas de Venezuela!
Etiquetas: Venezuela |
A dirección do PCV permite a cadros do partido participar no PSUV. Como di o artigo, o PCV NUNCA SERÁ OPOSICIÓN.