Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Continua a farsa xudicial contra o revolucionário Ricardo Palmera (Simón Trinidad)
17/06/2007


Ricardo Palmera (Simón Trinidad): Un revolucionário colombiano que irá a xuízo por segunda vez pola mesma acusación.

Ricardo Palmera foi o negociador das Forzas Armadas Revolucionárias de Colómbia (FARC) nas conversas pola paz co governo colombiano (1999-2002). Palmera foi práticamente secuestrado en Ecuador e levado a Colómbia. Posteriormente, foi extraditado desde Colómbia aos Estados Unidos, onde foi detido, permanecendo incomunicado desde hai 3 anos e 4 meses.

No primeiro xuízo en contra de Ricardo Palmera, que rematou sendo declarado nulo, o xuiz Hogan viu-se na obriga de renunciar, ao descobrir-se que preparaba, xunto co fiscal Ken Koh, trampas para condenar a Palmera. Agora, é o xuiz Poyce Lambert, nomeado durante a administración de Ronald Reagan, quen leva o caso de Palmera.

Os Estados Unidos non teñen nengún direito a enxuizar a Ricardo Palmera e moito menos a facé-lo pola mesma acusación, mais semella que continuarán con esta falácia até declará-lo culpábel. Tom Burke, do Comité Nacional pola Liberdade de Ricardo Palmera, declarou: "Palmera é un bon home que non fixo nada. Palmera utilizou todas as suas enerxias loitando pola xustiza social e a liberación do povo colombiano, que vive baixo a bota dun governo paramilitar de escuadróns da morte apoiado polos EEUU. Os presidentes Bush e Uribe están desesperados por mor da crecente preocupación da opinión pública nos dous países pola corrupción, as mentiras, os enganos e os crimes cometidos polos paramilitares e os escuadróns da morte."

Tamén Ángela Dénio, do mesmo Comité, animou a todas as persoas progresistas que vivan en norteamérica a participaren este 18 de xuño nas protestas en Washington, e declarou que, "a administración Bush e o cada vez máis illado presidente Uribe, están criminalizando a loita pola liberdade e a xustiza social. A nível mundial, a xente observa a caricatura do xuízo ao revolucionário colombiano Profesor Palmera. Este non ten permiso para receber visitas e tampouco pode ser entrevistado. No xuízo non se lle permitiu apresentar testemuñas, e até o mesmo xuíz, coa axuda da fiscalia, está tentando limitar o que poda dicer Palmera na sua defensa. O único xuízo xusto é que non haxa xuízo. Demandamos a imediata liberación de Ricardo Palmera".

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com