Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Cipaios sen fronteiras
05/07/2007

Madialeva

Non vou ser eu quen me escandalice porque governe por maioria absoluta un partido político que obtivo 27 votos. Coido que estas persoas que van governar en Lizartza teñen a mesma lexitimidade democrática que Orozco en Lugo, Esperanza Aguirre na Comunidade de Madrid ou Bush nos Estados Unidos. Nengunha.

Claro que a miña idea de democrácia, e seguramente tamén de lexitimidade, non ten nada a ver coa que a burguesia ten. Non podia ser doutro xeito. Eu son, utilizando a sua linguaxe, parte desa xente que mora neses escuros terrenos da marxinalidade e do extremismo político de esquerdas. Empregando as miñas verbas, son un comunista. Pero comunista coerente e, polo tanto, -que profundas son as feridas do revisionismo que é necesário recalcá-lo-, comunista dos que loitan por unha sociedade socialista, dos que queren destruir o capitalismo e erradicar á burguesia. Segundo eles, un violento. De acordo, señorias, recoñezo a miña culpa. E, mádia leva!, co agravante de pular tamén pola descolonización da miña nación. Vamos, que o meu xa sobarda a ideoloxia para se converter en herexia.

Polo tanto, a miña valoración, con este feixe de totalitarismo e intransixéncia que pesa sobre as miñas maltreitas espáduas, pouco ou nada vale. Mais vostés, ilustrísimas, egréxios representantes da DEMOCRÁCIA (o noso Manuel Maria diria demo-crácia), preclaras autoridades (dades ou levades?, seguindo co bardo chairego) das cousas da moral e, incluso, do bon gosto. Vostés... como son quen de aturaren tal dislate, loucura ou disparate? Son vostés os que, co peito empolado, nos inzan os ouvidos coas repoludas expresións das que tanto gostan: sufráxio universal, valor do voto, vontade popular, etc., etc. E co mesmo fumo, din-nos estes dias que 27 votos representan a lexitimidade da democrácia. Unhas persoas que non ian nas listas, que non viven na vila, son o garante da soberania popular.


E a primeira medida das e dos para-quedistas que governan en Lizartza é luxar a Casa do Concello cunha bandeira que non só non representa a esmagadora maioria das e dos lizartzarras senón que simboliza a represión sobre o povo, as hóstias por falar euskara, ou as longas horas de torturas, iso si, democrática.

Repito, a min non me escandaliza isto de Lizartza. De facé-lo significaria que acredito na democrácia burguesa, na sua farsa eleitoral. Supoño que a estas alturas da história sabemos do que son capaces.

Bastante máis afastada da nosa terra que Euskal Herria está Palestina. Nación ocupada que vive submetida ao apartheid imposto polo imperialismo sionista. Tiveron eleizóns e o povo palestino cometou o enorme erro antidemocrático de outorgar o seu apoio maioritário á organización Hamas. O imperialismo tiña abondosas razóns para se irritar: aprendemos-vos como funciona isto da democrácia e así nos pagades! Seica hai que repasar algúns temas que semella non quedaron o suficientemente claros. Asasinar e secuestrar a líderes de Hamas, bloquear económicamente ao governo eleito, sementar os enfrontamentos entre a povoación palestina. Ao tempo que se lexitimiza o comportamento servil do forza perdedora nas votacións, abrindo a billa dos dólares, un chisco, nas zonas controladas por estes...

As leis da democrácia burguesa son da mesma natureza en Lizartza que en Gaza. Tamén os cipaios.

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com