Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Intelectuais estadounidenses esixen a Bush repecto para Cuba
04/11/2007



Agencia Cubana de Noticias
Alina Martínez
03/11/07


Outra nova mostra de indignación na comunidade intelectual estadounidense levantou a escalada de ameazas do presidente George W. Bush contra Cuba, e que se expresa no chamamento A soberanía de Cuba debe ser respectada, rubricado xa por 145 personalidades.

Debemos previr unha nova agresión contra Cuba, reclama a carta que circula en Internet desde esta fin de semana, e que xa foi asinada por Ramsey Clark, exfiscal de Estados Unidos, e os destacados escritores, profesores e analistas, Noam Chomsky, Howard Zinn e James Early.

Demanda o documento ao goberno dos EEUU respecto á soberanía de Cuba, por mor desa crecente ameaza en contra da integridade dunha nación, e en nome da paz e a seguridade de América Latina e o mundo.

Subscriben o documento académicos, artistas, pensadores e xornalistas, e séguense sumando intelectuais de Estados Unidos.

Sinala a misiva que esa escalada contra Cuba anunciouse só días antes da votación en Nacións Unidas en contra do inxustificábel bloqueo que resultou cun rotundo rexeitamento do mundo, e no contexto mundial de recentes ameazas dunha III Guerra mundial nuclear por parte de Bush.

Nós facemos este chamado polo diálogo permanente e intercambio cultural entre os pobos de Estados Unidos e Cuba, destaca a misiva a só unha semana da mensaxe dirixida á intelectualidade norteamericana pola figura esencial da danza no mundo, Alicia Alonso.

Revela o chamamento de personalidades en EEUU, que tamén queren facer público o anexo secreto da última declaración da "Comisión para a asistencia dunha Cuba libre", presidida pola secretaria de Estado Condolezza Rice.

Apunta que, sinistramente, o Departamento de Estado enfatizou que o plan inclúe medidas que permanecerán en segredo "por razóns de seguridade nacional" e para garantir de que sexan "levadas a cabo con efectividade".

Non é difícil imaxinar o carácter de tales medidas de considerar a militarización da política exterior da administración de Bush que está representando en Iraq, explica o documento que tamén circula na Rede de redes Na defensa da Humanidade.

A destacada bailarina cubana, directora do Ballet Nacional de Cuba, transmitiu o pasado 26 de outubro unha misiva aos artistas e intelectuais estadounidenses para que levanten as súas voces en contra do bloqueo económico, financeiro e comercial dos Estados Unidos contra Cuba, que excede as catro décadas.

Na súa condición de embaixadora de Boa Vontade da UNESCO, Alonso expresou nesa ocasión que se sentía no deber de defender a dignidade dos seres humanos, a diversidade cultural, a identidade e o entendemento entre os pobos do mundo, con independencia da súa forma de pensar e organizar a súa vida.

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com