Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Spielberg e o seu chauvinista humanitarismo
28/02/2008
Stephen Gowans
What's left?
13/02/08


O director de Hollywood Steven Spielberg renunciou ao posto de conselleiro artístico das Olimpíadas de Pequín do verán do 2008 porque China fracasou na presión a Sudán para acabar coa guerra en Darfur.

China produce petróleo na rexión de Sudán onde se desenvolven os combates e Spielberg quere que Pequín empregue o seu poder para acabar coa violencia no oeste do país.

Argumentando que "o goberno de Sudán ten a maior responsabilidade" na catástrofe humanitaria de Darfur, Spielberg culpa a China por non "facer dabondo para rematar co continuo sufrimento humano".(1)

"A economía chinesa, o seu exército e as súas relacións diplomáticas co goberno de Sudán propician a oportunidade e obrigan a facer presión para acadar un cambio", dixo Spielberg.(2)

Pero mentres Spielberg quere que China empregue a súa influencia en Khartún, non fixo ningunha reclamación a Washington para usar a súa influencia e rematar coas catástrofes humanitarias, máis graves, de Somalia e Iraq, as dúas atribuíbeis ás accións do seu propio país e, xa que logo, doadas de resolver para o goberno dos Estados Unidos.

A capacidade de China para terminar co conflito de Darfur, porén, é algo incerta.

Tres dos cinco grupos rebeldes sudaneses que loitan en Darfur non están dispostos a encetar un proceso de paz, como así o recoñece o enviado especial das Nacións Unidas a Darfur, Jan Eliasson.(3) Isto fai difícil, independentemente da postura de China, que o goberno de Khartún logre finar co conflito, a non ser que decida capitular e dar Darfur e o seu activo de petróleo aos rebeldes e aos seus partidarios occidentais. Isto, evidentemente, satisfaría aos estrategos do Ministerio de Asuntos Exteriores norteamericano, por non falar da industria petroleira dos Estados Unidos.

Pola contra, rematar coas moito máis graves catástrofes humanitarias de Somalia (con 850.000 desprazados, e recoñecida como a maior catástrofe de África) e de Iraq (catro millóns de refuxiados e centos de miles de mortos como consecuencia da invasión dos Estados Unidos) entra dentro da capacidade de Washington.(4)

Estados Unidos simplemente ten que ordenar a Etiopía, país que invadiu ilegalmente Somalia en decembro de 2006, que se retire.(5) De se negar Etiopía, tan só ten que cortar o rico fluxo de axuda militar co que Washington recompensa ao réxime de Meles, para ver como este acata ás súas ordes.(6)

No tocante á traxedia de Iraq, non existe mellor forma de paliar a crise humanitaria que a retirada inmediata das tropas estranxeiras. Esta retirada non tería que provocar ningún medo a unha guerra civil a escala nacional. As propias análises do Pentágono mostran que os iraquís atribúen as tensas relacións sectarias á presenza dos militares norteamericanos, e desexan vivamente a marcha destes.(7) Se esta retirada comportase unha guerra civil, dificilmente sería peor que o sufrimento que provoca a presenza dos Estados Unidos en termos de perda de vidas, corpos mutilados, epidemias, fame e falta de vivenda -moi lonxe da traxedia de Darfur.

Se as ligazóns de China co goberno de Sudán ofrecen a oportunidade e a obriga de exixir cambios, a popularidade de Spielberg, e a súa condición de cidadán norteamericano, non lle outorga a oportunidade e a obriga de exixir cambios ao seu propio goberno, culpábel dun sufrimento moito maior?

A finais do 2002, Spielberg afirmou que el "non podía non apoiar" a política da administración de Bush en Iraq. (8) Hoxe, tenta poñer en dificultades a China co tema de Sudán, outro país rico en petróleo no que Washington persigue un cambio de réxime. Lonxe de preocuparse, as catástrofes humanitarias provocados polos Estados Unidos en Somalia e Iraq son ignorados por este. É o comportamento de Spielberg humanitario ou, pola contra, tan só reflicte o dun chauvinista ao que non lle preocupan os sufrimentos causados pola busca de beneficios da clase dirixente dos Estados Unidos?

----------------------------------------------
(1) New York Times, 13 de febreiro de 2008.
(2) Ibid.
(3) New York Times, 8 de febreiro de 2008.
(4) Desprazamentos de somalís. Washington Post, 14 de novembro de 2007; refuxiados iraquianos, The Independent, 30 de xullo de 2007. Existen varias estimacións do número de mortos en Iraq por mor da invasión dos Estados Unidos: The Iraqi Body Count, 47.668; Organización Mundial da Saúde, 151.000; Johns Hopkins, 600.000; a empresa de sondaxe inglesa ORB, 1,2 millóns.
(5) O xeneral estadounidense John Abizaid visitou ao primeiro ministro etíope, Meles Zenawi, en novembro de 2006. Etiopía invadiu Somalia o mes seguinte. "Estados Unidos proporcionou espías satélites... Axentes da CIA viaxaron xunto coas tropas etíopes, axudando directamente nas operacións... Os Estados Unidos realizaron un mínimo de catro ataques dentro do país nos últimos meses". The Independent, 9 de febreiro de 2008.
(6) Stephen Gowans, "Looking for Evil in all the Wrong Places", http://gowans.wordpress.com/2007/11/20/looking-for-evil-in-all-the-wrong-places/, 20 de novembro de 2007.
(7) Washington Post, 19 de decembro de 2007.
(8) En setembro de 2002, Spielberg prometeu o seu apoio á guerra en Iraq. "O director cinematográfico Spielberg súmase á posición belicista de Bush", WSWS, 3 de outubro de 2002. http://www.wsws.org/articles/2002/oct2002/spie-o03.shtml

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com