Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

A FPG perante as Eleccións Xerais 2008
02/03/2008


Perante a convocatoria de eleccións ás Cortes españolas a Frente Popular Galega (FPG) considera imprescindíbel facer público o presente Manifesto.


Nun Estado español no que, cadanseu ao seu xeito, o independentismo vasco e catalán aceleran procesos de autodeterminación nacional, a nación galega recúa e o nacionalismo hexemónico perde folgos e, cos folgos, perde vontades, ilusións e abeiro social.

Unha vez canalizado o PP polas máis fondas corgas do neofranquismo pro-americano, instalouse o PSOE no goberno español sen que se fixesen realidade políticas merecentes de ser apoiadas ou aplaudidas polo republicanismo independentista de esquerda que a FPG representa.

Tras dun xesto que lle valeu a popularidade e o eloxio xeral, cal foi o da retirada das tropas de Iraq (que non de Afghanistán), o PSOE abriuse a un tratamento negociado de paz para Euskal Herria, axiña frustrado e acompañado dunha represión contra os partidos independentistas vascos, dirixida desde o goberno a través do Fiscal Xeral do Estado e dos xuíces instrutores por dereito divino (Marlaska, Garzón). Logo o goberno de Madrid oporíase a que o pobo vasco exercese o dereito a un referendo democrático nas súas Terras sobre aquilo que a eles lles afecta, segundo a liña Ibarretxe. A secuencia culmina cunha Euskal Herria a día de hoxe en situación de auténtico Estado de excepción.

Contra o intento dun estatuto catalán dotado de algunha substancia nacional, o PSOE manobrou coa dereita catalanista e fixo naufragar a reforma.

O goberno do PSOE quixo utilizar o estatuto de Andalucía como un modelo de obrigada imitación (e limitación) o que para a nación galega constitúe toda unha aldraxe. Cun nacionalismo unionista como é o hexemónico hoxe en Galiza, socio, alén diso, do PSOE no goberno autonómico, non hai esperanza de que unha superación do actual marco autonómico galego poida nin sequera aspirar a ser pensado.

O PSOE, por cima do seu tratamento represivo das aspiracións vascas e catalás, defraudou a certos sectores sociais noutros aspectos políticos.

Toda a lexislación vixente en materia electoral permaneceu intocábel e o seu déficit democrático non foi atenuado. O bipartidismo favorecido segue a abafar o pluralismo democrático. O financiamento dos partidos segue a ser mediante a corrupción e as eleccións non se producen en réxime de igualdade. O regulamento parlamentario continúa a acorar a voz dos minoritarios mentres que dos maioritarios só se coñece a voz dun ou dous deputados.

O poder xudicial é un caos esperpéntico: as oposicións deixan paso ao dedo político, os grandes partidos pactan porcentaxes e traballa a pleno rendemento un Tribunal de Excepción, a Audiencia Nacional española, con xuíces instrutores e maxistrados de sala de designación política.

As políticas sociais de carácter estrutural, máis alá da galería, son inexistentes e o goberno do PSOE caracterizouse por non ter dado nin un só paso adiante en materias como a seguridade no emprego e a corrección da precariedade laboral. Que se fixo co pacto de contención salarial que limita o poder adquisitivo da clase obreira? Reforzalo co sindicalismo pactista. Vale o indicador do IPC se este non inclúe o prezo da vivenda? E aínda así, subiu, e moito por mor da recesión mundial mais non serve de escusa porque o Estado ten que atallar eses desamaños, e máis se ten superávit nas contas públicas. Cóbrense os gastos de produción no sector agrícola ou pesqueiro? Que fixo senón a ministra do PSOE, que disque é galega, senón aguilloar no máis fondo ao sector leiteiro galego logo da “rexionalización” das cotas? Que se fixo con Barreras e Navantia senón frear o seu despegue industrial? Fixeron abondo para controlar os casos de “mobbing”, do acaso laboral?...

O laicismo, en realidade, non avanzou e a Igrexa católica segue a ser subvencionada e privilexiada polo goberno do PSOE, de xeito talvez anticonstitucional, aínda que os cregos estean incomodados pola bagatela da materia de educación para a cidadanía. O ensino privado continúa en réxime de subvención por parte do Estado e Autonomías.

En Galiza, o actual goberno bipartito pechou definitivamente un ciclo. Non soubo aproveitar a marxe de manobra que desde a esquerda independentista lle ofrecemos, plasmada na Batería de Urxencias para a Rexeneración de Galiza, feita pública pola FPG en xaneiro de 2006.

Os nosos obxectivos políticos nesta altura histórica non pasan, pois, pola presentación de candidaturas ás actuais Eleccións Xerais. Mais isto non implica nin o abandono da nosa liña política perfilada durante vinte anos nin, tan sequera, un paso atrás. Os nosos obxectivos van máis alá, pasando, como xa afirmamos na nosa V Asemblea Nacional, pola reformulación do nacionalismo de esquerdas e neste sentido hai que interpretar a nosa decisión de non presentarmos candidaturas propias. Así mesmo, a ninguén se lle pode escapar, o próximo ano será o das eleccións autonómicas. Cómpre xa que logo voltar a nosa vista cara esa cita: quen de verdade estea disposto a dar o paso, fóra dos cómodos paraugas do autonomismo, para construír unha auténtica alternativa galega de esquerdas que sexa quen de levar a voz ceibe do Pobo Traballador Galego ao Parlamento de Compostela, saiba que contará co esforzo e a lealdade da FPG na tarefa de construción desa alternativa ampla, nacional e popular. É neste cadro no que a consigna REPÚBLICA GALEGA cobra toda a forza dunha necesidade alternativa á vulgaridade e ao espírito de derrota histórica.

A mobilización nacional do pasado 17 de febreiro convocada pola Rede Galiza Non Se Vende marcou en certa medida o camiño a seguir. Agora é o momento de que o conxunto de axentes políticos da esquerda nacional teñan decisión: ou continuar instalados no parlamentarismo de opereta, afondando na nosa dependencia, ou intentar construír a nova ferramenta política que a Galiza do século XXI precisa para avanzar cara a Independencia Nacional e o Socialismo.

É o momento, pois, de avanzar.

Na Patria, 1 de marzo de 2008.


Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com