Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Os novos conquistadores
07/03/2008


O presidente do Celta, Carlos Mouriño, o seu fillo Juan Camilo, ministro de gobernación de México, Manuel Fraga, Felipe González, Aznar e moitos máis aparecen neste artigo no que tamén se nomea a Galiza, iso si, como unha “provincia”. Polo seu interese decidimos traducilo á nosa lingua.


John Ross
Counterpunch
01/03/08


Cando Cristovo Colón izou velas no porto de Huelva en 1492, dirección ao misterioso Oriente para conquistar novos mercados para o seu rei e a súa raíña, a motivación da súa misión era económica e, após topar accidentalmente na súa rota co Novo Mundo, Colón e os seus xefes fixeron exactamente o que calquera persoa de negocios avariciosa faría: hospedarse nas costas de América, roubar o ouro, matar aos indios e, aos sobreviventes, selarlles a marca do seu deus.

En 1519, na mañá do Venres Santo na que Fernán Cortés ancorou fronte a Veracruz, o negocio florecera nun imperio. Cortés, un empresario privado, lanzouse á conquista de México mediante unha precursora OPA hostil. As súas armas foron a Cruz e o Canón e as Pragas, os seus cabalos, barbas profusas, e pesadas armaduras -e a traizón dos pobos nativos nos que medrara o descontento á dominación azteca- para, finalmente, derrocar á dinastía de Moctezuma, facerse cargo da franquía e renomear o lugar converténdoo en, podía ser doutro xeito?, Nueva España.

Após 500 anos de historia, os Conquistadores volveron ao Novo Mundo. Desde Tixuana até a Terra de Fogo, a Reconquista avanza a lume que biqueira:

- Exemplo: Repsol, o consorcio español de enerxía, asina farturentos contratos con Arxentina, batalla con Evo Morales polo dereito a explotar os inmensos depósitos de gas natural bolivianos e está preparado para facerse cun anaco do xigante mexicano PEMEX.

- Exemplo: "Por que non calas!" O rei do imperio español Juan Carlos de Borbón tenta trabar a Hugo Chávez como se este fose o seu servo zambro na pasada Cimeira Iberoamericana. Cimeira que non é outra cousa que unha ferramenta da estratexia da Coroa española para se manter como o principal poder estranxeiro en América Latina.

- Exemplo: O Presidente español José Luís Rodríguez Zapatero ofrécese para enviar tropas á fronteira colombiana para defender ao Presidente Álvaro Uribe, un importante socio comercial, contra as hordas roxas chavistas. "200 anos despois, os Conquistadores volveron para defender os seus investimentos", clama a escritora colombiana Laura Restrepo. "É ridículo. Colombia depende dos investimentos españois como cando Simón Bolívar se alzou contra a Coroa."

Os gachupines* españois son odiados en América Latina tan só un pouco menos que os gringos de Norteamérica.

Aquí en Cidade de México, o resplandecente novo Centro Cultural de España foi construído, para honrar ao seu deus cristián, entre as ruínas do "Templo Maior" dos aztecas, que xa os Conquistadores demoleron unha vez, e a Catedral Metropolitana. Semella como se a Coroa española nunca abandonara Nueva España.

Os españois desembarcaron netas costas en varias quendas. Despois dos conquistadores viñeron os colonos que se mesturaron cos crioulos -os españois nados en América. Casaron coa nobreza indíxena, simbolizadas estas unións no casamento entre Cortés e Malinche, producindo presuntamente unha "Raza Cósmica", pero medrou a distancia entre a minoría branca e as masas escuras e mestizas.

Durante a Guerra Civil española (1936-1939), o entón "bolxevique" presidente de México Lázaro Cárdenas ofreceu refuxio a 50.000 republicanos. Malia que os seus avós chegaron a estas costas sen un peso, os descendentes deses refuxiados convertéronse en adiñeirados industriais, gabados intelectuais, e en excelentes restauradores -a paella e a fabada están no menú diario dos mellores restaurantes do casco vello desta capital.

A Reconquista de México non chegou desta vez da man da Cruz e as Pragas. Zara, o emporio do téxtil e dos grandes investimentos, resultou unha moito máis eficaz arma de conquista. España é agora o segundo inversor en México, só por detrás dos Estados Unidos, e o comercio entre os dous países pasou dos mil cincocentos millóns de dólares de hai dez anos aos máis de seis mil millón do pasado ano.

O Banco de Santander e o BBVA (propietario de Bancomer, o segundo banco de México) representan agora o 40% do negocio bancario de México con 14 millóns de clientes. As corporacións españolas abalánzanse agora polo control dos aeroportos de México -no momento no que aterras en México, a túa seguridade está proporcionada polo español Grupo Eulen, quen tamén se encarga da seguridade do proximamente privatizado monopolio petrolífero PEMEX.

20 millóns de chilangos (residentes de México D.F.) van e volven do traballo todos os días en vagóns de metro de construción española. Os mexicanos non poden cociñar sen Gas Natural, facilitado ás súas cociñas pola empresa enerxética española do mesmo nome. Do mesmo xeito, tampouco moitos residentes poderían acender as luces das súas casas sen mercar a enerxía a un dos tres grandes provedores españois de electricidade -Iberdrola, Unión Fenosa e Gas Natural- que controlan o 70% da enerxía privada en México.

A editorial española Prisa domina a industria mexicana dos libros de texto e está construíndo un conglomerado de comunicacións que inclúe diarios e un conglomerado de estacións de radio. Hoteis españois como Sol Melia son o motor da industria turística, dominando toda a Ribeira Maia ao longo da costa caribeña desde Quintana Roo até Cancún. Os empresario españois controlan 127 hoteis cunha capacidade de 50.000 habitacións. A publicidade de SpainBusiness.com ocupa todas as contraportadas das máis importantes revistas do mercado. E, por suposto, Repsol, que está a espera de que PEMEX sexa privatizado para levarse un bo anaco de pastel.

(...)

A reconquista de México foi estimulada polo ex presidente José María Aznar, do dereitista Partido Popular, que substituíu ao goberno posfranquista (sic) de Felipe González en 1996. No comezo do seu reinado, Aznar buscou sagazmente unha alianza co sector dereitista encadrado no PAN, coa intención de reactivar o movemento democristián en América Latina con figuras poderosas. O ex presidente español atopou un perfecto aliado no ex presidente Vicente Fox, que até agora encabeza a dirección democristiá en América Latina - o actual presidente do PAN é Manuel Espino, secretario xeral da ODCA (Organización Demócrata Cristiá das Américas).

Durante o axitado período previo ás eleccións presidenciais de 2006, Aznar voou a México para apoiar persoalmente ao sucesor de Fox, Felipe Calderón, e condenar ao esquerdista Andrés Manuel López Obrador (AMLO), violando o artigo 33 que prohibe a intervención de estranxeiros na política mexicana.

Desde que o goberno de Aznar foi desprazado do poder a raíz dos atentados de Madrid de 2004 polo chamado Partido Socialista Obreiro -PSOE-, o dereitista PP virou aínda máis á dereita, botándose ás mans dunha troglodita xerarquía católica, abandeirando a defensa das "vítimas" dos separatismo vasco, atacando o uso do velo nas escolas públicas, e permitindo a legalidade dun movemento como Democracia Nacional, un grupo fascista de neonazis que levou ao líder do Ku Klux Klan, David Duke, a Barcelona o pasado ano. Agora, o substituto de Aznar, Mariano Rajoy, está disposto a regresar ao poder nas eleccións do 8 (sic) de marzo.

A dereita española, descendente directa de Francisco Franco, está consolidándose nas súas ex colonias do outro lado do Atlántico. En xaneiro, o dubidosamente electo presidente Felipe Calderón nomeou ao seu xefe de persoal, Juan Camilo Mouriño, como Secretario de Interior ("Gobernación"), "o segundo posto en importancia en México", afirmou Mouriño no xornal da súa cidade natal (sic), o Faro de Vigo. O Secretario de Interior é o responsábel da conduta dos políticos en México, ademais de supervisar a xustiza e a seguridade.

Juan Camilo, de 35 anos, un home novo chamado polos amigos "Iván o Fino", naceu en Madrid en 1971. O pai é un grande magnate con enormes negocios en Galiza, unha provincia (sic) rica (sic) ao norte do Atlántico, e a nai que afirma que naceu na Cidade de México, malia que a familia aínda non aportou un certificado de nacemento - o Faro de Vigo insiste en que a nai de Mouriño é natural de Avión, unha vila agraria de Galiza.

A distinción é importante, cando menos para o futuro político de Mouriño. A Constitución de México prohibe ocupar calquera alto cargo á persoa que non poda demostrar que, polo menos, un dos seus país naceu no país.

Malia tomar xuramento como cidadán mexicano en 1989, cando Juan Camilo cumpriu 18 anos, aínda hai cuestións pendentes. En agosto de 1996, "O Fino" utilizou un pasaporte español para entrar en México, segundo informou a prensa -o cal o descualifica automaticamente como cidadán mexicano, na opinión do Dr. Elisur Arteaga, un sobranceiro avogado constitucionalista. Para converterse en cidadán mexicano en virtude do artigo 32 da Constitución, unha persoa debe renunciar á súa previa nacionalidade, ou nacionalidades, como indica o profesor de dereito da Universidade Nacional, John Ackerman. Se, de feito, Mouriño non é cidadán mexicano debe renunciar ao seu cargo de Ministro de Interior e non podería loitar pola sucesión de Calderón no 2012, o que moitos coidan que é o seu destino final -o cargo de Ministro de Interior é historicamente un trampolín á presidencia.

A familiar de Mouriño emigrou de Galiza en 1978, non moito despois do enterro de Franco. O pai de Juan Camilo -Carlos Mouriño Andantes- está realizando enormes investimentos na costa galega e mantén vínculos desde hai moito tempo co ultra dereitista Manuel Fraga, ministro de turismo con Franco, e posterior xefe da política provincial. (sic)

Nunha recente entrevista no Faro de Vigo, Mouriño fillo compárase a si mesmo cos miles de "fillos de Galiza" que se viron forzados a procurar fortuna alén mar. Defendendo a súa elección da cidadanía mexicana, afirmou que o documento "non se trata só de que a miña nacionalidade é a mexicana, senón que tamén me sinto mexicano até na medula dos meus osos."

A fortuna de Mouriño acadou o seu apoxeo en ambas as dúas beiras do Atlántico. En Campeche, no península do Iucatán, onde se estabeleceu a súa familia, o Grupo GES (Grupo Enerxético do Sueste), da súa propiedade, dirixe unha cadea de 38 estacións de servizo e asinou lucrativos contratos de transporte coa PEMEX. GES asociouse agora cun grupo español encabezado por Mouriño pai para abrir o mercado mexicano á enerxía eólica (Iberdrola, o motor eléctrico español, prepara un grande parque eólico no istmo de Oaxacan).

De volta no vello país, a familia Mouriño ten intereses nas principais industria do aceiro de Galiza e fixo unha fortuna no negocio inmobiliario, mais os investimentos de Carlos Mouriño na franquía local de fútbol, o Celta de Vigo, foron un desastre.

O equipo directivo está acusado de contratar ilegalmente xogadores. Tamén se destapou un escándalo relacionado cos terreos adquiridos para a construción dun novo estadio. A finais de xaneiro, Juan Camilo voou a Vigo para ver ao seu querido Celta, pero o equipo perdeu e descendeu a segunda división.

Para consolidar o seu poder político, os Novos Conquistadores necesitar do poder da prensa. Prisa, o imperio construído polo defunto Jesús de Polanco, editor de El País, xornal de información xeral máis lido en España, a través do seu brazo editorial Santillana, asumiu a tarefa. Santillana publica aproximadamente o 40% de todos os libros de texto de México e 11 dos 40 textos básicos da escola primaria da Secretaría de Educación Pública, amén de outros traballos non académicos.

Algúns comentaristas como Julio Hernández, decano dos columnistas políticos do diario de esquerdas La Jornada, especulan que a velenosa liña editorial de El País contra López Obrador nas eleccións de 2006 estivo inspirada polas expectativas de Santillana de estender os seus contratos se Calderón conquistaba á presidencia.

A defensa de Calderón por parte de Prisa é emblemática do xeito no que os españois fan negocios nos mercados da nova América Latina”, aventúrase a afirmar o escritor Jenaro Villamil na revista Proceso. Negocios son negocios.

No mundo dos xornais, Prisa publica unha edición mexicana de El País que non vende tantos exemplares como a outra empresa editorial, La Prensa, un difamatorio e escandaloso periódico controlado nun 49% polos gachupines, sendo o xornal máis vendido do país. El País tamén publica xornais máis ao sur e ten o control do boliviano La Razón, ao que acusa Jorge Mansilla, embaixador de Bolivia en México, de apoiar aos estados secesionistas no país andino.

Prisa tamén está asociada coa corporación de comunicacións Televisa, un conglomerado internacional de cadeas de radio que inclúe a Radio Caracol en Colombia, con emisoras en Venezuela, Panamá, Arxentina e Miami. En México, a cadea de Prisa-Televisa é W-Radio, buque insignia de Televisa Radio. Hai seis anos, cando Carmen Aristegui, unha nova e valente reporteira, presentaba o programa radiofónico matinal máis escoitado en México, os resultados de W-Radio experimentaron un grande ascenso.

Pero Arístegui desobedeceu á cadea durante a campaña electoral de 2006, cando denunciou unha fraude cibernética deseñada polo cuñado de Calderón. Arístegui foi a única voz dos grandes medios que cuestionou a legalidade das eleccións e ofrecía frecuentemente o seu micrófono a López Obrador. Mais o seu grande pecado foi disentir sobre a chamada Lei Televisa que consagrou o control do espectro dixital en favor do monopolio Televisa.

Este mes de xaneiro, despois de meses de discusións internas, Carmen Aristegui foi finalmente silenciada. Malia que Prisa, que edificou a súa credibilidade en base á súa oposición ao autoritarismo de Franco, pulou por manter á reporteira na cadea, Televisa prevaleceu. Negocios son negocios.

Isto era o que máis ou menos pensaban Colón e Cortés cando encetaron a primeira conquista do Novo Mundo.
________________________________________________________

*NdT. Gachupín é nome dado polos indíxenas mexicanos aos colonizadores, facendo referencia aos esporas que empregaban.

Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com