Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Entrevista a Iván Márquez (FARC-EP): O xúbilo triunfalista das oligarquías durará un instante
15/04/2008


Entrevista de ANNCOL e ABP a Iván Márquez, integrante do Secretariado das FARC-EP

No territorio ecuatoriano, o primeiro de marzo foi abatido, con varios combatentes da súa garda e algunhas persoas que estaban de visita no seu campamento de paz, o comandante Raúl Reyes, integrante do Secretariado Nacional das FARC-EP. Poucos días despois, o 7 de marzo, a mans dun axente inimigo infiltrado nas filas do Bloque Noroccidental, foi brutalmente asasinado, xunto á súa compañeira, o Comandante Iván Ríos, tamén integrante da máxima instancia executiva do Estado Maior Central insurxente. É indubidábel que estes feitos suscitaron unha nova situación para o desenvolvemento da confrontación política, militar e social colombiana, que por unha banda, provoca desestabilización diplomática na rexión latinoamericana e, por outra, toca sensibelmente estruturas de condución estratéxica no seo da guerrilla máis antiga e experimentada do continente. Sobres estes e outros temas transcendentais como o troco de prisioneiros, a ilexitimidade do goberno e a crise estrutural do Estado, dialogamos co Comandante Iván Márquez, membro do Socretariado Nacional das FARC-EP.

Cal é o balance que fai a Dirección insurxente respecto ás lamentábeis mortes dos comandantes Raúl Reyes e Iván Ríos, tan festexadas pola oligarquía colombiana, nun momento no que as FARC-EP, mediante xestos unilaterais e malia a intransixencia uribista, amosaban a súa maior disposición para acadar un acordo de intercambio humanitario que abrira camiños de paz?

É un golpe moi duro que nos estremeceu a alma. Tratábase de dous comandantes moi valiosos, como o son todos os que combaten pola causa dos pobres da terra. Doe que Raúl caera cando procuraba camiños para o troco humanitario, ao que consideraba un chanzo na dirección da paz con xustiza social. Con perfidia Uribe aproveitou esa circunstancia para planificar, coa participación dos Estados Unidos e de Israel, a celada criminal. A morte de Iván ficará como constancia histórica da degradación da guerra que rexe as accións do Estado. Cortarlles as mans aos adversarios abatidos... É a sevicia do réxime colombiano, non de agora, senón de sempre. Tamén corta cabezas e desmembra ás súas vítimas. O xúbilo triunfalista das oligarquías durará un instante. O malestar social está incrementado o volume do lume da súa cólera. A morte de Raúl, de Iván e de tantos outros, non é unha vitoria do adversario: é un espellismo. As FARC non son un, nin dous, nin tres, nin cinco comandantes, nin varias columnas... son o pobo cunhas arelas imparábeis de vitoria. O día do alzamento xeral poderase apreciar que o pobo está coas FARC e que as FARC son o pobo en armas. Comandantes virtuosos nos campos militar e político como Joaquín Gómez e Mauricio Jaramillo ocuparon o lugar dos caídos, garantindo un Estado Maior Central unido ao redor do Comandante en Xefe, ao Plan Estratéxico das FARC, á Plataforma Bolivariana pola Nova Colombia, a de Bolívar. Venceremos. Haberá Nova Colombia, Patria Grande e Socialismo.

O Presidente de Colombia, Álvaro Uribe Vélez, ofreceu garantías para que unha misión médica organizada polo goberno francés poida asistir a prisioneiros de guerra na profundidade da selva. Foron consultadas as FARC sobre este tema?

Non. É algo que están montando sen contar coas FARC. O éxito dunha misión desa natureza non pode deixarse nas mans dunha excesiva ilusión. Uribe di que garante... garante que? Seica é voceiro insurxente?... Era boa! O designado polo Secretariado das FARC para falar coa delegación do goberno francés era o comandante Raúl Reyes, mais como todos sabe, Raúl foi abatido nun ataque militar dos gobernos de Colombia e dos Estados Unidos en territorio ecuatoriano, violando a soberanía dese país e a lei internacional. Esta é a razón pola que o goberno francés non puido contactar coas FARC. Por esa consecuencia fatal do arteiro ataque, non hai hoxe interlocutor das FARC para tal efecto.

Mais a igrexa católica instou ao Secretariado das FARC a nomear rapidamente o substituto de Raúl Reyes...

Con todo respecto, os insigne purpurados coidan que iso é como soprar e facer botellas. O que aconteceu co asasinato de Raúl Reyes e Iván Ríos é sumamente grave. Unha persoa cun chisco de sentido entende que non se pode, nestas circunstancias, nin actuar nin esixir tan alegremente, como se nada pasara. As FARC non camiñan polo rego das campañas publicitarias nin das mediacións coxas. A diplomacia santanderista do goberno de Bogotá mata mentres sorrí. Asasina aos nosos voceiros e despois di que está disposto a conversar. Sostén que propicia o acordo humanitario e ordena ao mesmo tempo o rescate militar sanguento dos prisioneiros na montaña. Extradita guerrilleiros aos Estados Unidos e despois esixe que os tres gringos prisioneiros polas FARC sexan liberados. Falan de humanidade e o seu goberno están montado sobre miles de fosas comúns e masacres. Oufánase da súa “seguridade democrática”, que é dos gringos, pero máis de 30 millóns de colombianos –de 44- viven na pobreza. Practica todos os días o terrorismo de Estado e ten a desvergoña de endosar esa condición aos seus opositores. É un goberno tan mafioso como Don Vito Corleone e ten o descaro de cualificar aos guerrilleiros de narcotraficantes. Deberían ler con máis atención as follas da historia do Exército do Pobo, que ensina que cando as FARC reciben ataques como os de Casa Verde, o réxime obtén indefectibelmente unha resposta digna, axeitada á gravidade dos feitos.

O ministro de defensa, Juan Manuel Santos, cualificou a agresión ao Ecuador como unha acción lexítima de guerra e o comandante das Forzas Militares, xeneral Fredy Padilla de León, asegura que todo aquel que se reúna coas FARC se converte automaticamente nun obxectivo militar...

Aí están pintados. Eles actúan en consonancia coa oficina que os gringos montaron na antiga zona da Canle de Panamá para controlar, coas oito axencias da intelixencia americana, as fronteiras de Colombia con Venezuela, Ecuador e Panamá, en función de atizar e xustificar un eventual conflito bélico entre nacións, no marco da estratexia xeopolítica de Washington. Co expresado polo xeneral Fredy Padilla de León, un ten que preguntarse se diría o mesmo se no canto dos estudantes mexicanos e do cidadán ecuatoriano, estiveran reunidos con Raúl os delegados do goberno francés. Eles, o goberno e os seus xenerais, coidan que a súa hipócrita loita contra o que malevolamente chaman “terrorismo” xustifica todas as súas inxurias e transgresións. No tocante ao Ministro de defensa, Juan Manuel Sanos, só unha reflexión: dixo con arrogancia infinita, mais coa ollada fixa no 2010 e na Presidencia da República, que se por xustificar o ataque bélico de Colombia contra Ecuador é coñecido como “Falcón da guerra”, que o sigan chamando entón “Falcón da guerra”. O problema é que ese señorito da oligarquía non chega nin a covarde pega detrás do seu escritorio, que nin sequera a que cheira a pólvora. É dos que acirran a guerra pero non expoñen o seu pelexo na liña de fogo, como si teñen que facelo os soldados e algúns oficiais subalternos. Mentres aparece sorrindo ante micrófonos e cámaras co “V” da vitoria que non lles pertence, e que non lograron, van desaparecendo tamén da súa memoria os militares mortos e os mutilados. Máis que falcón, semella un “gavilán pollero”. Que o diga o país.

As computadoras incautadas segundo o goberno de Colombia, a Raúl Reyes e rescatadas dun demoledor bombardeo semellan un expediente de Bogotá e Washington para chantaxear aos gobernos de Venezuela e Ecuador e para atenuar a resistencia dos pobos da Nosa América ás políticas imperiais... Pódeselle dar algún chisco de credibilidade ao que están difundindo como o seu contido?

A un goberno mentirán como o de Uribe Vélez non se lle pode dar ningún creto nin aquí nin en Cafarnaum. A mentira é a punta de lanza da súa noxenta diplomacia. Por iso o seu total illamento no concerto das nacións latinoamericanas. Como moito terá un par de cómplices, que non amigos. Mentiu cando falou de persecución en quente. Mentiu e sigue a facelo cando di que a guerrilla dispara desde Ecuador. Minte cando di que as FARC reciben armas e dólares de Venezuela. De ser así –non teñan a máis mínima dúbida- teriamos acabado mil veces con ese goberno podre de Bogotá que se asaña co pobo a través da “seguridade democrática”, que co tempo é “seguridade investidora” como o confesou o propio Uribe na Guaxira. Minte cando di que a sinatura do TLC será a redención social de Colombia, cando é a cadea de escravitude moderna. Non se pode crer a un goberno mentirán e terrorista cando cualifica de terrorista a loita dos febles. O propio Goebbels está dentro do Palacio de Nariño. O que realmente debe xerar alarma é na conciencia ética da Nosa América é que ninguén diga nada diante da criminal axuda de Washington en millóns e millóns de dólares e armas ao goberno fascista e narco paramilitar de Colombia para incendiar o país cunha guerra inxusta, como son todas aquelas que se buscan a opresión e o espolio. Correspóndelle ao tribunal dos pobos xulgar esa criminal política. Ao pobo de Colombia asístelle o sagrado dereito universal a alzarse contra a opresión e sacudirse o xugo que mantén preso o seu pescozo. O goberno de Bogotá odia a Chávez pola súa ousadía de despregar, no medio da tempestade da guerra dos poderosos, a bandeira da paz porque ela arruína os seus negocios. Chávez é a Nosa América ás porta do novo Ayacucho. É a Bolívar, ao seu proxecto político e social a quen temen as oligarquías e o imperio. E de Correa asústalles a súa imaxe de dignidade que se axiganta xunto aos heroes Alfaro e o Mariscal de Ayacucho iluminando o camiño dos pobos do continente. Pola paz con xustiza social, polo decoro e pola unidade nunha Grande Nación de repúblicas, estamos dispostos a dar até a vida. E estas non son verbas ao vento.

Coida necesaria a revogatoria do Congreso polo seu alto grao de contaminación coa para política e o fraude electoral?

A dignidade non pode convivir coa ilexitimidade. Os colombianos non poden ser prisioneiros nin secuestrados da obediencia a este goberno. Un poderoso berro social inzado de indignación está voando no ceo da ilexitimidade das institución. Por algo Uribe expresa o seu tallante desacordo coa revogatoria do Congreso e chama desesperado a fortalecer as institucións, porque sabe que se cae o Congreso, vai caer tamén o Executivo infecto que preside. Esta verdade non se pode tapar coas mans nin coas mentiras. Uribe resultou elixido Presidente de Colombia cos mesmos votos que levaron ao Congreso aos Senadores e representantes da narco-para-política. Uribe están aí grazas ao fraude electoral que armaron os paramilitares e o DAS (seguridade do Estado) que obrigou a votar por el a punta de fusil e motoserra, e que puxo a votar até os mortos. As institucións colombianas feden. Uribe e o Congreso deben renunciar porque o seu mandato usurpado é ilexítimo e ilegal. Colombia precisa dun grande acordo nacional pola paz, pola democracia verdadeira e a dignidade. O chamamento do noso manifesto a reunir nun só feixe as forzas do cambio, como nova alternativa de poder, debe abrirse espazo. Que cese a horríbel noite. Colombia merece un goberno que consiga a maior suma de felicidade posíbel.

Nas montañas de Colombia, 5 de abril de 2008.

Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com