Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Que non te recruten
26/04/2008


Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)

Que non te recruten


O Estado Imperialista Español segue a se aproveitar da situación de desemprego e exclusión, que el mesmo provoca na mocidade galega, para converter ás camadas máis novas do noso pobo nunha canteira para os corpos militares(exército, garda civil) e represivos (policía, seguridade privada) que defenden con violencia a continuidade do réxime monárquico capitalista e os privilexios da burguesía monopolista (naval, metal, Reganosa…).

Tod@s coñecemos a mozos e mozas do noso barrio, aldea ou parroquia que, desesperad@s pola falla de saída laboral e social, se deixan recrutar nestes corpos represivos. Moi pouc@s son “vocacionais”. Pasan a ser opresoras/es da súa propia xente, cans fieis dos inimigos do pobo.

Aínda así, o exército ten cada vez menos alistamentos, polo que o ministerio español de “Defensa” leva tempo facendo campañas de promoción en escolas, centros de ensino e nas oficinas do desemprego. Por todo isto, dende ADIANTE, como organización de mozas e mozos comunistas e independentistas completamente opost@s ás forzas imperialistas e represivas, estamos a facer campaña contra os recrutamentos e a prol dun traballo digno.

Que son os corpos represivos? A quen serven realmente?
Na súa orixe tratábanse de destacamentos de homes armados que tiñan como misión garantir o mantemento das relacións de dominación nacidas da división social do traballo e do fraccionamento da sociedade en clases sociais (explotadores e explotados). Na actualidade segue a ser basicamente o mesmo.

Coa Evolución que supuxo a capacidade de producir excedentes das riquezas, as sociedades dividíronse entre @s que producían tales excedentes (traballadoras/es) e quen se apropiaban deles (ricos e poderosos); estes últimos, ao ser unha minoría, precisaron de se dotar de corpos policiais, exércitos e forzas de asalto que garantisen os seus privilexios pola forza, e que sufocasen posíbeis revoltas d@s traballadoras/es sometid@s a explotación.

O capitalismo supuxo un desenvolvemento aínda maior coa aparición do estado burgués e do exército permanente. A función que cumpre o exército no capitalismo é dobre, por unha banda serve a) para se enfrontar a outras potencias capitalistas e someter a outros pobos, e doutra b) é utilizado como ameaza permanente para todo quen pretenda subverter a opresión no seo do propio estado.

Lembremos o Artigo 8 da Constitución vixente no Estado Imperialista Español:

“Las fuerzas armadas (…) tienen como misión garantizar la soberanía e independencia de España, defender su integridad territorial y el ordenamiento constitucional”. Isto significa que no caso hipotético de que @s galeg@s decidísemos democrática e maioritariamente a independencia do noso País nun futuro, o EIE podería empregar os corpos militares e represivos para evitalo pola forza.

Non é unha saída laboral digna nin honrada

Todo o que nos quere vender a publicidade dos ministerios españois de “defensa” e do Interior, é unha completa mentira:

● Na vertente “laboral”, as condicións son tremendamente precarias. Os salarios son extremadamente baixos, e tan só unhas poucas elites poden cobrar dignamente. Non existen horarios, tes que estar dispoñíbel a todas horas para obedecer o que che ordenen, incluso estando de “permiso” a miles de quilómetros. Está prohibido organizarse ou sindicarse, polo que non hai xeito de defender os teus dereitos cando sexan vulnerados. Etc, etc,…

● Ningún exército nin policía capitalista traballa pola paz. Cando invaden países e os destrúen, asasinan a milleiros de inocentes. Cando despois nos sacan na tele como “colaboran na reconstrución” (do que destruíron!) e no “abastecemento de víveres”, o que están a facer realmente é montar as infraestruturas para explotar os bens do país ocupado, evitar revoltas populares pola fame e a miseria d@s habitantes dos países invadidos e facer publicidade entre @s habitantes dos países invasores.

● Tanto o exército coma a policía seguen albergando tendencias golpistas contra o, xa de por si, precario sistema democrático, como aconteceu recentemente con militares como Mena, J.M. Villa e compañía. Tamén seguen a practicarse torturas físicas e psíquicas nos cuarteis e comisarías. Poucos casos saen á luz, pero se saen –malia o hermetismo encubridor da prensa- é porque hai moitos máis.

● O exército español ten sido empregado recentemente para reprimir manifestacións populares en Galiza: en 1994 forzas do exército enfrontáronse violentamente con veciñ@s de Figueirido por unha disputa sobre a propiedade dos montes que rodean a base militar, en 1983 a policía militar reprimiu a tiros na Coruña unha manifestación contra a multinacional terrorista OTAN, en 1972, tras asasinar a policía aos obreiros Amador e Daniel nunha folga do naval, as fragatas do exército estaban preparadas para disparar sobre a cidade de Ferrol no caso de que trunfase a mobilización, etc,…

● Nas forzas armadas e policiais, fomentan entre os seus membros valores de auto-odio (odio por ser galeg@, odio por proceder da clase traballadora,…) e de machismo, xenofobia, culto á violencia, desprezo a homosexuais e fudamentalismo católico.

Cada vez hai máis xente moza que se dá conta destas mentiras. É por iso que a maioría abandona nos primeiros meses. É por iso, tamén, que fan tanta publicidade para recrutar xente. É por iso que, mesmo sendo tan racistas, agora están dispostos a recrutar a migrantes doutros países máis pobres. Pero tamén elas/es se están a dar conta do erro de se meter nestes corpos represivos.

Pois iso. Que non sexas parv@, non te deixes enganar, e pasa deles!

ADIANTE (MOCIDADE REVOLUCIONARIA GALEGA)
www.adiantegz.org


Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com