Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Adeus, vello!
26/05/2008



Allende La Paz
ANNCOL
25/05/08

O fenómeno da vida de Manuel Marulanda chegou á súa fin. Unha vida debuxada polo mito e a lenda. Mais os revolucionarios tamén somos de carne e óso e como tales a nosa vida é igual ao dialéctico discorrer de todo ser vivinte. Nacer, crecer, reproducirnos, morrer. Mais en todos eses fenómenos, vivir a vida.

Mais hai homes que viven a vida malia a súa morte. Eses homes fixeron a diferenza na humanidade e fixeron que esta dea saltos cara adiante. Eses homes son revolucionarios, dóalle a quen lle doa, árdalle a quen lle arda!

Galileo Galilei é un exemplo. Marx outro xenial revolucionario. Lenin outro máis. Simón Bolívar. José Martí. Ernesto ‘Che’ Guevara, o ideario revolucionario guerrilleiro. E cada home ou muller revolucionarios foron denigrados, atacados, vilipendiados, e algúns asasinados, polos mantedores do statu quo. Todos tiveron que enfrontar as máis viles accións dos ‘poderosos’ do mundo e dos seus propios países. Porque eles pretenden parar o camiñar cara adiante da humanidade.

Manuel Marulanda entra xa nese selecto grupo de homes. Un home que como revolucionario era dunha humildade que aterraba. Nunca se lle viu denigrando a ninguén. Nin sequera dos seus contraditores, os militares e os oligarcas colombianos. Tampouco dos gobernos dos Estados Unidos, que el sabía que, en último instancia, eran quen trazaban os plans de guerra cos que agredían –e agriden-, masacran, ao pobo colombiano.

Contrario á estatura moral de Marulanda, veremos –xa vemos- que os asasinos do pobo enchen follas e medios, e o ciberespacio, coas súas diatribas. Eses ‘terroristas mediáticos’ tentarán negar o innegábel: Manuel Marulanda é o home máis importante da historia colombiana desde a segunda metade do século XX até este século XXI.

Non é pola simple suma matemática. Manuel Marulanda como guerrilleiro sobreviviu a 17 presidentes colombianos e a innumerábeis cúpulas militares cuxo único propósito era destruílo fisicamente, porque eles coidan que as obras dos revolucionarios rematan cando sobrevén a súa morte. Non. Están moi equivocados. Os revolucionarios cos seus quantums, protóns, electróns, e demais partículas, permanecen vivos após a súa morte. É como di o cantautor fariano, Julián Conrado, ‘hoxe estás máis vivo, máis vivo’ en sentida canción a Jacobo Arenas.

E o certo é que Manuel Marulanda triunfou sobre os seus inimigos de clase. Nunca foi tocado polas balas asasinas do imperio e a oligarquía colombiana. E non é por non combater, xa que el participou en innumerábeis combates pola vida. Manuel Marulanda morre de morte natural. O seu corazón –que é o que sabe até onde chega a vida de cada ser-, díxolle: ‘vello, até aquí’.

Mais Marulanda deixa ademais unha inconmensurábel obra. Obra dun revolucionario. O seu máis importante legado é que por longa que sexa a loita, hai que encarala con dignidade e con humildade. E do seu pensamento, do seu ideario, que nin tivo ínfulas pequeno burguesas de ‘escribilas’, impregnou todo o accionar revolucionario das FARC, o seu Exército do Pobo. Os seus ‘mozos’, desde Cano até o máis humilde dos guerrilleiros e milicianos, son herdeiros da Dirección Colectiva que sempre utilizaba Manuel Marulanda.

Nas FARC-EP non verá o inimigo de clase do pobo colombiano fisuras de ningunha especie. Non verán ‘loita polo poder’ –como si a vemos hoxe nas ‘hostes’ uribistas-, nin loita por ser primeiro, segundo, terceiro, ou décimo, ou último. Todos están imbuídos do pensamento de Manuel Marulanda e a todos lles aprendeu ‘como era que a cousa era’ na práctica, a nai da sabedoría revolucionaria.

Sen saber a nova da súa morte escribíamos por estes días sobre ‘os imprescindíbeis’. E aí sinalábamos a Manuel Marulanda e ao Secretariado Nacional das FARC. E esa é a máis incontrastábel verdade. Nese artigo diciamos: “E eses imprescindíbeis están día a día, de toda a vida, loitando contra un réxime corrupto e mafioso e paramilitar como o colombiano. Eses imprescindíbeis están encabezados por Manuel Marulanda e polos membros do Secretariado das FARC. Eles gañáronse ese título de ‘imprescindíbeis’ por entregar as súas vidas, 24 horas ao día, minuto a minuto, segundo a segundo, á causa do pobo, a súa razón de ser”.

Parece mentira que se poida querer a unha persoa sen coñecela fisicamente. Para min Manuel Marulanda era como o meu segundo pai. Admiración total. E aínda que o meu discorrer como revolucionario tomou rumbos diferentes aos seus e aos da súa organización, é imposíbel dobregar o nó que se me forma na gorxa. Por iso lle digo ante a súa morte: ‘Adeus, vello’. Quizais así lle diga ao meu pai biolóxico cando el morra.

Paz na túa tumba! Ese é o noso máis sentido desexo. Que as aguias comedoras de prea non alcancen os teus restos mortais –xa andan na túa procura para amosarte como trofeo e para secuestrarte xa morto como secuestraron a Camilo Torres, Raúl Reyes, Iván Ríos, e a milleiros de combatentes máis-, para que xunto a Bolívar enceten xuntos o tránsito da construción da Patria Grande.

Ler máis

Etiquetas:

0 Comments:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com