Destacados
Principais cambios nas prestacións por desemprego (xullo 2012)
Actualizado o 28 de xullo coas modificacions a respecto dos contratos a tempo parcial e a súa compatibilidade coas prestacións

A insurrección siria no seu contexto
Stephen Gowans

Libia e os medios de comunicación "alternativos"

Libia: o Imperialismo e a Esquerda
Stephen Gowans

Khrushchev Mentiu, o libro de Grover Furr agora en inglés

Georgian Times entrevista a Grover Furr

As Tres Bagoas do Mundial

Como en Grecia: érguete e anda

Sete toneladas de Lenin en Seattle

Liberdade Arenas!

Novo couce á Historia: a OSCE aproba declarar o 23 de agosto Día das Vítimas do Estalinismo e o Nazismo

Holodomor:
Falsificando a Historia
Biblioteca
Marxista-Leninista

Textos

Articulista do ABC reclama unha estatua para Andreu Nin en Alcalá de Henares
25/05/2008
O contador de historias Hugh Tomas, un señor ben cebado polos capitalistas, sabe que sempre terá espazo nas páxinas do fascista ABC para soltar a súa publicidade anticomunista. Este individuo, que entre outros moitos servizos ao capital, cualificou a Fidel Castro como “fascista de esquerda”, demostrando un total descoñecemento das categorías políticas, ven de propoñer que en Alcalá de Henares se erixa unha estatua de Andreu Nin, algo co que “quizais o cardeal Cisneros estaría de acordo”.

O artigo de Hugh Tomas non é máis que a mil veces publicitada versión que os intelectuais pagados pola CIA fan da Guerra Civil, e por extensión, da historia do século XX, nomeadamente do papel do movemento comunista. Unha volta aos lugares comúns do anticomunismo que se viste de esquerda, loas a Víctor Alba, Gorkin, e demais estrelas mediáticas dunha historia, mellor historieta, feita ao servizo dos capitalistas. Polo tanto, nada novo. Miles de libros e ducias de películas xa se encargaron de propagar esta visión da historia. Publicidade ben pagada polos poderosos.

Que desde as páxina do ABC se pida unha estatua para Nin non sorprenderá aos que coñezan algo da Historia, e sorprenderá, pode, a algún que outro despistado ben intencionado. Para estes últimos recomendamos os artigos “Como lograr que os escravos pensemos igual que os nosos amos” e “Quen ten medo á historia?” , que poden atopar no portal Antorcha.

Xa ven: Hollywood Vs. Antorcha; El País, ABC, Público, etc. Vs. Estoutras. Dá que pensar.

Etiquetas:

2 Comments:
  • At 5/27/2008 08:40:00 da tarde, Anonymous Anónimo said…

    tamén os infames libros de alonso montero, ou os celebrados poemarios dos comunistas académicos galegos actuais, son editados por xerais, pagada pola burguesía alemana.

    nos textos da esquerda comunista ben podedes encontrar exemplos do que significaba para eles independencia de clase, e non a nacional, a burguesa.

    por certo, o poum e os anarquistas, culpábeis desa historieta, creaban xornais e organizaban a traballadores en sindicatos, non abrian blogues subvencionados polo poder.

    tratase de tomar o poder, non de parasitar nel. por certo, a URSS xa non existe. e tantos anos de silencio sobre nin e tantos outros son o único homenaxe que necesitan.

    os incontrolados (que pese á nosa tuzudez temos historia, e total, non o vades a publicar, non sexa que por un momento deixedes de viver na ideoloxía)

     
  • At 5/27/2008 09:35:00 da tarde, Blogger estoutras@yahoo.com said…

    As vosas historietas xa están publicadas por miles. Os medios burgueses xa se encargan diso desde hai anos, os mesmos anos que levan atacando ao marxismo-leninismo.

    Non abrían blogues subvencionados polo poder? Alédome, nós tampouco.
    O que si facían os burgueses era publicar a moreas os libros antisoviéticos de elementos como Orwell, xusto cando os comenenos soviéticos esmagaban aos nazis.

    Que a URSS xa non existe? Grazas polo aviso. Avísovos eu, non vos esquezades de recoller a vosa parte da recompensa.

    E remato volvendo a Orwell. Outro 'incontrolado' que tiña ben 'controlados' aos sospeitosos de amizade coa URSS. Que fale Chaplin, por exemplo.

    Pd. E o tema da estatua? Súmaste a Cisneros?

     

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.

<< Início
 
Contacto
Música ESONS
Última actualización (13/09/12):
Il Nostro Rancore, Trade Unions
Poesia VERSOS DE COMBATE
Última actualización (24/8/12):
Amencer, Florencio Delgado Gurriarán
Tradutor-Translator-Переводчик-Übersetzer
Arquivo
Pesquisas

ENP Estoutras Notas Políticas. Resolución 1024x768
ecoestadistica.com